Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Administración e Dirección de Empresas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Avda. Alfonso X O Sabio, s/n, 27002
Lugo
982824430 (Conserxaría)
982824403 (Decanato)
ade.decanato@usc.gal
Campus
Lugo
facultade

A formación de profesionais que sexan capaces dedesempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas. Estes labores pódense desenvolver no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade.
O graduado ou graduada debe coñecer a articulación donormal desenvolvemento de todas estas áreas funcionais cos obxectivos xerais da empresa e outras organizacións, no contexto global da economía e estar en condicións de contribuír coa súa actividade ao bo funcionamento e á mellora dos seus resultados. En concreto, debe saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar ás persoas, tomar decisións, alcanzar obxectivos propostos e avaliar resultados.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501106
    Número prazas: 70

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROBERTO BANDE RAMUDO
    roberto.bande@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Diana Fernandez Mendez
    di.fernandez.mendez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    5 de marzo de 2010

    Data da última acreditación:
    30/11/2017

    A titulación de Administración e Dirección de Empresas estuda a maneira en que as empresas obteñen e empregan os recursos que teñen á súa disposición, para o logro de determinados fins e obxectivos. Atende, polo tanto, á maneira en que se xestionan os recursos, procesos e resultados das súas actividades.

    O Grao en Administración e Dirección de Empresas ten por obxectivo a formación de profesionais que sexan capaces de desempeñar labores de xestión e asesoramento en organizacións públicas e privadas. Estes labores pódense desenvolver no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade.

    Tendo en conta a particularidade das distintas áreas funcionais das organizacións, o graduado/a debe adquirir os coñecementos necesarios para xestionar de modo global unha organización. En particular, debe saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións, alcanzar obxectivos propostos e avaliar resultados.

  • Non se contemplan menciones.

  • Non se contemplan mencións.

  • A Facultade de Administración e Dirección de Empresas ten a súa sede nun edificio moderno, funcional e adaptado ás persoas con discapacidade.

    Os espazos dedicados a docencia son 8 aulas de gran capacidade, 4 aulas de informática e 4 seminarios. Todos eles están equipados con ordenador, pizarra dixital e proxector de vídeo, e contan cos medios técnicos necesarios para impartir docencia en streaming.

    Entre os espazos para uso do alumnado destacan a sala de lectura e a sala de traballo en grupo, con capacidade para 40 estudantes cada unha. Sinalar tamén que a Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo está situada a escasos metros da Facultade e conta con máis de 1600 postos de consulta repartidos en 9 salas, incluíndo unha sala de traballo en grupo.

    Para a celebración de xornadas, conferencias, etc., o centro conta cunha aula magna e cun salón de graos con capacidade para 240 e 91 persoas respectivamente. Tamén dispón dunha sala de xuntas preparada para a realización de videoconferencias con capacidade para 30 persoas.

    En todos os espazos do centro está garantido o acceso a internet de calidade, tanto por cable como por wifi.

    Por último, destacar que a Facultade dispón de servizo de cafetería e comedor con prezos regulados.

  • A formación de profesionais que sexan capaces dedesempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas. Estes labores pódense desenvolver no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade.
    O graduado ou graduada debe coñecer a articulación donormal desenvolvemento de todas estas áreas funcionais cos obxectivos xerais da empresa e outras organizacións, no contexto global da economía e estar en condicións de contribuír coa súa actividade ao bo funcionamento e á mellora dos seus resultados. En concreto, debe saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar ás persoas, tomar decisións, alcanzar obxectivos propostos e avaliar resultados.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Recoñecemento de créditos optativos por realización de prácticas externas ata un máximo de 6 créditos

  • O Traballo de Fin de Grao terá 6 créditos e para formalizar a matrícula deste Traballo o alumnado poderá ter pendentes como máximo 75 ECTS para completar os estudos, excluídos os correspondentes ao Traballo.

  • Considérase que as materias troncais, obrigatorias e optativas do título de Diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago son suficientes para acreditar as competencias e coñecementos previstos nas materias dos tres primeiros cursos do Grao en ADE.

    O Curso Ponte ten pois a mesma estrutura que o 4º curso do Grao en ADE: unha carga de 60 créditos ECTS distribuídos en 2 cuadrimestres; no primeiro cursaríanse 18 créditos de contido obrigatorio e 13,5 optativos, e no segundo 22,5 optativos e o Traballo Fin de Grao cunha carga de 6 créditos. A descrición detallada das materias que o integran estableceuse na memoria verificada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.