Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Estudantado estranxeiro na USC: aprende ou acredita nivel de español ou galego

A matrícula xa está aberta
A matrícula xa está aberta
Oferta de cursos do Centro de Linguas Modernas da USC

Vés estudar á USC desde o estranxeiro? se non acreditaches o nivel B1 ou superior de español ou galego, tes que acreditalo antes de rematar os teus estudos aquí. Como?

O Centro de Linguas Modernas da USC ofréceche dúas posibilidades, ambas con dereito ao recoñecemento de créditos ECTS:

  • Cursos de Español como Lingua Estranxeira (ELE) ou de Galego para non galegofalantes. Son gratuítos para o estudantado da USC. 
  • Probas de Competencia Lingüística, que realiza o CLM en setembro.

Infórmate e inscríbete no Centro de Linguas Modernas. A matrícula xa está aberta, nalgún caso ata o16 de setembro.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2024.