Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Francés

O Centro de Linguas Modernas ofrece cursos de lingua francesa dende 1976.

Así mesmo organiza probas para a acreditación das competencias lingüísticas deste idioma e é centro colaborador da Alliance Française de Santiago de Compostela para a organización dos exames oficiais DELF (Diplôme d'études en langue française) na USC.

Velaquí a equivalencia dos niveis dos cursos do CLM cos do MECRL

  • O Centro de Linguas Modernas da USC ofrécelles á comunidade universitaria e a todas as persoas interesadas maiores de 18 anos Cursos de francés, adaptados aos diferentes niveis do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL).

    Teñen unha duración de 50 horas (40 horas lectivas presenciais e 10 de traballo autónomo tutelado) e son de carácter semestral. Tamén se ofrecen cursos intensivos no verán.

    A realización dos cursos de francés como lingua estranxeira no CLM dá dereito ao recoñecemento de créditos ECTS nos estudos de grao.

    Así mesmo ofrece conversas en liña nos niveis medio e avanzado, para as cales cómpre realizar previamente un test de nivel. Cada inscrición comprende 10 sesións de 60 min de duración cada unha nas que  participa un máximo de 4 alumnos/as. É imprescindible que a imaxe e o son do equipo utilizado sexan de calidade.

  • A1 | Semestral | 1º Semestre | Santiago

    • 15 Prazas
    • Docencia: ALBA SANTOME NANTES
    Grupo A
    Martes e Xoves | 15:30 a 17:00 | Facultade de Química | Aula 2.14
    Horas presenciais
    40
    Horas traballo
    10
    Horas totais
    50
    Preinscrición na actividade
    29/08/2024 - 30/09/2024
    Matrícula na actividade
    29/08/2024 - 30/09/2024
    Desenvolvemento da actividade
    26/09/2024 - 14/01/2025
    Periodo de apertura e peche das actas
    18/12/2024 - 14/02/2025
    Movemento automático de lista
    29/08/2024 - 30/09/2024
    Prezo xeral
    175€
    CLM: PAS da USC (con cargo ao seu Plan de Formación)
    0€
    CLM: Estudantes da USC
    105€
    CLM: Comunidade da USC
    130€
    Acceso á matrícula
    Secretaría Virtual
  • Para acreditar os teus coñecementos lingüísticos tes varias vías na USC:

    • Aprobar un curso de francés do CLM da USC que complete un nivel do MECRL.
    • Presentarte ás probas de competencia lingüística de francés do CLM.
    • Achegar un título ou diploma que estea recoñecido pola institución diante da que te debas acreditar.
    • Presentarte aos exames externos de francés para os que o CLM é centro examinador en Galicia.
  • Nos estudos de grao da USC poden recoñecerse créditos por competencias transversais, por exemplo, por actividades de formación en linguas.

    A realización dos cursos de francés no CLM dá dereito ao recoñecemento de créditos ECTS nos estudos de grao.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2025.