Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Alemán

O Centro de Linguas Modernas ofrece desde 1976 cursos de lingua alemá.

Así mesmo organiza as probas para a acreditación das competencias lingüísticas.

Velaquí a equivalencia dos niveis dos cursos do CLM cos do MECRL

  • O Centro de Linguas Modernas da USC ofrécelles á comunidade universitaria e ás persoas interesadas maiores de 18 anos os Cursos de alemán, adaptados a diversos niveis  do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL).

    Abarcan 50 horas, combinando presencialidade (40 h) e o traballo autónomo tutelado (10 h), e teñen carácter semestral.

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Para acreditar os teus coñecementos de alemán na USC, a universidade ofréceche varias vías:

    • Aprobar un curso de alemán no CLM da USC que complete un nivel do MECRL.
    • Presentarte ás probas de competencia lingüística de alemán do CLM.
    • Achegar un título ou diploma que estea recoñecido pola institución diante da que te debas acreditar.
  • Nos estudos de grao da USC poden recoñecerse créditos por competencias transversais, por exemplo, por actividades de formación en linguas.

    A realización dos cursos de alemán no CLM dá dereito ao recoñecemento de créditos ECTS nos estudos de grao, desde os 3 ECTS do B1 ata os 6 ECTS do C2.

  • Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2025.