Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Recoñecemento de títulos

Se tes ou podes conseguir un documento que acredite o teu nivel lingüístico, comproba se está recoñecido ou homologado pola universidade ou institución destinataria.

Na USC recoñécense para todas as linguas os documentos acreditativos en que consten as destrezas de comprensión e expresión oral e escrita ligadas ao nivel de competencia, referido ao MCERL, que se quere acreditar, sempre que foran expedidos por institucións oficiais como universidades públicas españolas, universidades do Espazo Europeo de Educación Superior, escolas oficiais de idiomas, centros lingüísticos oficiais (Cervantes, Llull, etc.) e organismos recoñecidos polas comisións lingüísticas da CRUE e de ACLES, entre outras.

A certificación dos niveis superados pode ser do mesmo día ou de días diferentes, e pode estar recollida nun mesmo documento ou en varios. A certificación, así mesmo, pode acreditar niveis diferentes segundo as destrezas. Neste caso, recoñecerase o nivel mínimo aprobado nas destrezas, con independencia do nivel global que figure no documento.  

O recoñecemento das linguas do Estado Español (castelán, galego, catalán, euskera) só servirá aos alumnos internacionais, non aos nacionais.

Se non tes un documento acreditativo ou non che ten validez, para os efectos de mobilidade ou acreditación diante da USC podes presentarte ás probas de competencia lingüística (PCL) que organiza o CLM ou aos exames externos en que colabora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.02.2025.