Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Certificados de Catalán do Instituto Ramon Llull

O Institut Ramon Llull acredita, mediante os Certificats de Català, os coñecementos de lingua catalá fóra do seu dominio lingüístico coa mesma validez e eficacia que as que expide a Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya e o Govern de les Illes Balears.

A Área de Filoloxía Catalá en colaboración co Centro de Linguas Modernas organizan anualmente desde 2003 para toda Galicia as probas oficiais para a obtención dos Certificados de Catalán do Instituto Ramon Llull, nos niveis (A2, B1, B2, C1, C2)

Na web do Instituto Ramón Llull pódense consultar as datas concretas das convocatorias, a descrición dos contidos de cadanseu nivel e a descrición das probas. Tamén se poden descargar os modelos de exame e a bibliografía correspondente para preparalos.

Os certificados adáptanse aos niveis do MECRL.

The contents of this page were updated on 02.14.2025.