Para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, promóvese un programa de actividades de sensibilización con charlas, coloquios e debates; exposicións, obras teatrais etc.
A Asemblea Xeral de Nacións Unidas decidiu proclamar, en 2016, o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e para lograr ademais a igualdade de xénero e o seu empoderamento.
Unha enxeñeira ou científica en cada cole
- Obxectivo: visibilizar referentes femininos nas disciplinas coñecidas como CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) mediante a realización de obradoiros.
- Dirixido a: alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria
- Modalidade: virtual
- Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero, coa colaboración do concello de Santiago
- Máis información e inscrición: Unha enxeñeira ou científica en cada cole.
Mulleres STEM do século XXI
- Obxectivo: dar a coñecer o relevante papel das mulleres no mundo profesional, empresarial e académico vinculado coas disciplinas STEM; e outorgar visibilidade ao talento das mulleres nas disciplinas e contextos profesionais STEM en Galicia.
- Dirixido a: alumnado da USC e público en xeral.
- Data e lugar: 11 de febreiro ás 9:30 h, Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)
- Inscrición previa: formulario.
- Promove: Proxecto de investigación "Aprendizaxe ao longo da vida nunha sociedade dixital: formación e recualificación para as novas profesións do mercado de traballo global".
- Recoñecemento: Entregarase diploma acreditativo de asistencia.
- Máis información: Mulleres STEM do século XXI.
Masterclass de Física de Partículas
- Obxectivo: Promover o acceso e participación plena e equitativa das rapazas no ámbito científico.
- Dirixido a: alumnas de 1.º de Bacharelato.
- Data e lugar: 11 de febreiro na Facultade de Matemáticas e na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
- Inscrición previa: Formulario de inscrición.
- Organiza: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).
- Máis información: Masterclass de Física de Partículas
Teatro: Christiane. Un bio-musical científico
- Obxectivo: visibilizar referentes femininos que, co exemplo da investigadora Christiane Dosne Pasqualini, poidan servir de inspiración para a rapazada e contribuír a promover a ciencia como carreira profesional.
- Dirixido a: alumnado de 3.º e 4.º da ESO e 1.º e 2.º de Bacharelato
- Data e lugar: 11 Febreiro 2022, ás 10:00 horas e ás 12:00 horas, Biblioteca e Arquivo de Galicia, Auditorio Xosé Neira Vilas
- Organiza: IGFAE, CiMUS, CiQUS -
- Máis información: Christiane. Un bio-musical científico
Proxecto "Ciencia-me un cuento"
- Obxectivo: crear referentes positivos que reforcen as vocacións femininas no eido da ciencia desde idades temperás.
- Dirixido a: alumnado de primaria.
- Data e lugar: 11 de febreiro no CEIP Paradai de Lugo.
- Organiza: Xuvenciencia e Agromar.
- Máis información: Proxecto Ciencia-me un cuento.
Coloquío. Como cambiamos cara a un planeta mellor?
- Dirixido a: alumnos de secundaria e bacharelato.
- Data e lugar: 11 de febreiro, ás 12:45 h, no IES Antonio Fraguas e a través de Zoom.
- Organiza: EqualSea Lab-CRETUS.
- Máis información: Como cambiamos cara a un planeta mellor?
Xornada: Ultra-Violetas. Os retos da muller na ciencia
- Data e lugar: 11 de febreiro, ás 16 h, Aula Magna da Facultade de Física e retransmitida en directo a través de Twitch.
- Organiza: Grupo de Divulgación Científica USCOPTICA-USCEPS
- Máis información: Ultra-Violetas. Os retos da Muller na Ciencia.
Exposición: "#SomosQuen: Científicas preto de ti"
- Data e lugar: do 11 ao 17 de febreiro no Centro Comercial As Cancelas.
- Organiza: CiTIUS
- Máis información: #SomosQuen: Científicas preto de ti'
Exposición: Presenza das mulleres na ciencia. Enxeñeiras en Galicia
- Data e lugar: do 11 de febreiro ao 8 de marzo na entrada do Pavillón III da EPSE
- Organiza: EPSE-Lugo
Igualdade-ETSE
- Data e lugar: do 7 ao 11 de febreiro nas pantallas informativas da ETSE
- Organiza: Comisión de Igualdade da ETSE.
- Máis información: Igualdade-ETSE
Exposición: Educación en feminino: un paseo pola historia
- Data e lugar: do 9 de febreiro ao 2 de marzo no vestíbulo da Facultade de Formación do Profesorado.
- Organiza: Facultade de Formación do Profesorado.
- Máis información: Educación en feminino: un paseo pola historia.
Obradoiro infantil: Investigadoras contra os virus
- Data e lugar: 12 de febreiro de 11 a 13 h.
- Reserva: Formulario de reserva de praza.
- Organiza: Museo de Historia Natural da USC.
- Máis información: Investigadoras contra os virus.