Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Programa de actividades.
Mulleres laboratorio

Para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, promóvese un programa de actividades de sensibilización con charlas, coloquios e debates; exposicións, obras teatrais etc.

  • A Asemblea Xeral de Nacións Unidas decidiu proclamar, en 2016, o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e para lograr ademais a igualdade de xénero e o seu empoderamento.

  • Unha enxeñeira ou científica en cada cole

    • Obxectivo: visibilizar referentes femininos nas disciplinas coñecidas como CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) mediante a realización de obradoiros.  
    • Dirixido a: alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria 
    • Modalidade: virtual 
    • Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero, coa colaboración do concello de Santiago 
    • Máis información e inscrición: Unha enxeñeira ou científica en cada cole.

    Mulleres STEM do século XXI

    • Obxectivo: dar a coñecer o relevante papel das mulleres no mundo profesional, empresarial e académico vinculado coas disciplinas STEM; e outorgar visibilidade ao talento das mulleres nas disciplinas e contextos profesionais STEM en Galicia. 
    • Dirixido a: alumnado da USC e público en xeral.
    • Data e lugar: 11 de febreiro ás 9:30 h, Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)  
    • Inscrición previa: formulario.
    • Promove: Proxecto de investigación "Aprendizaxe ao longo da vida nunha sociedade dixital: formación e recualificación para as novas profesións do mercado de traballo global". 
    • Recoñecemento: Entregarase diploma acreditativo de asistencia.
    • Máis información: Mulleres STEM do século XXI.

    Masterclass de Física de Partículas

    • Obxectivo: Promover o acceso e participación plena e equitativa das rapazas no ámbito científico. 
    • Dirixido a: alumnas de 1.º de Bacharelato.
    • Data e lugar: 11 de febreiro na Facultade de Matemáticas e na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
    • Inscrición previa: Formulario de inscrición.
    • Organiza: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).
    • Máis información: Masterclass de Física de Partículas 

    Teatro: Christiane. Un bio-musical científico

    • Obxectivo: visibilizar referentes femininos que, co exemplo da investigadora Christiane Dosne Pasqualini, poidan servir de inspiración para a rapazada e contribuír a promover a ciencia como carreira profesional.  
    • Dirixido a: alumnado de 3.º e 4.º da ESO e 1.º e 2.º de Bacharelato
    • Data e lugar: 11 Febreiro 2022, ás 10:00 horas e ás 12:00 horas, Biblioteca e Arquivo de Galicia, Auditorio Xosé Neira Vilas 
    • Organiza: IGFAE, CiMUS, CiQUS -
    • Máis información: Christiane. Un bio-musical científico 

    Proxecto "Ciencia-me un cuento"

    • Obxectivo: crear referentes positivos que reforcen as vocacións femininas no eido da ciencia desde idades temperás.
    • Dirixido a: alumnado de primaria.
    • Data e lugar: 11 de febreiro no CEIP Paradai de Lugo.
    • Organiza: Xuvenciencia e Agromar.
    • Máis información: Proxecto Ciencia-me un cuento.

    Coloquío. Como cambiamos cara a un planeta mellor?

    Xornada: Ultra-Violetas. Os retos da muller na ciencia

    Exposición: "#SomosQuen: Científicas preto de ti"

    Exposición: Presenza das mulleres na ciencia. Enxeñeiras en Galicia

    • Data e lugar: do 11 de febreiro ao 8 de marzo na entrada do Pavillón III da EPSE
    • Organiza: EPSE-Lugo

    Igualdade-ETSE

    • Data e lugar: do 7 ao 11 de febreiro nas pantallas informativas da ETSE
    • Organiza: Comisión de Igualdade da ETSE.
    • Máis información: Igualdade-ETSE

    Exposición: Educación en feminino: un paseo pola historia

    Obradoiro infantil: Investigadoras contra os virus

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.12.2022.