Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Lingua e Literatura Inglesas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Filología, estudios clásicos, traducción y lingüística.
Centro(s)
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811750 (Conserxaría)
881811762 (Decanato)
filoloxia.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Nun laboratorio de lingua

O Grao en Lingua e Literatura Inglesas responde ás demandas da sociedade actual no contexto do mundo globalizado no que o inglés é empregado como lingua franca. Nun marco caracterizado polo intercambio cultural xeral, a lingua inglesa e a súa cultura son vehículo privilexiado de comunicación e axente xerador fundamental de cultura. Este grao formará profesionais que posúan unha óptima competencia lingüística neste idioma, así como un coñecemento especializado da lingua, historia, cultura e literatura dos países de fala inglesa. Ao mesmo tempo, este grao ofrecerá a oportunidade de adquirir unha sólida formación nunha segunda lingua e a súa cultura, así como coñecementos básicos nunha terceira lingua.