Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Servizos e tarifas de Optometría
Imaxe representativa

O Servizo de Óptica e Optometría atende clinicamente todo tipo de problemas relacionados coa atención primaria visual.

  • Atención primaria visual

    • Realizar exames visuais con eficacia en cada unha das súas fases: anamnese, elección e realización de probas diagnósticas, establecemento de prognóstico, elección e execución do tratamento e redacción, se procede, de informes de remisión que establezan os niveis de colaboración con outros profesionais, a fin de garantir a mellor atención posible para o paciente.
    • Asesorar e orientar ao paciente e familiares durante todo o tratamento.
    • Comunicar as indicacións terapéuticas de saúde visual e as súas conclusións, ao paciente, familiares, e ao resto de profesionais que interveñen na súa atención, adaptándose ás características socioculturais de cada interlocutor.
    • Deseñar e aplicar programas de prevención e mantemento relacionados coa saúde visual da poboación.
    • Emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.

    Docentes

    • Formar ao alumnado do grao como futuro axente de atención primaria visual. Adquirindo os coñecementos, habilidades e destrezas na realización de exames visuais dentro do campo de actuación da atención primaria.

    Investigación

    • Realizar proxectos de investigación que contribúan á produción de coñecementos no ámbito de Optometría, transmitindo o saber científico polos medios habituais.
    • Participar de forma efectiva en grupos de traballo unidisciplinares e multidisciplinares en proxectos relacionados coa Optometría.

    Formación continúa

    • Ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.11.2023.