Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Imaxe: Andreas Lischka [Pixabay] https://pixabay.com/es/photos/biohazard-covid-19-virus-covid-6178727/
Xestión integral de residuos.

A Unidade de Xestión de Residuos ocúpase do tratamento dos residuos perigosos procedentes das actividades docentes e investigadoras desenvolvidas na USC.

Ademais impulsa actuacións ambientais destinadas a preservar o medio e a aumentar a calidade de vida na USC.

  • Os residuos bioperigosos son residuos contaminados con substancias biolóxicas. Inclúense neste grupo:

    • Cultivos microbiolóxicos e instrumental contaminado (placas de Petri, extractos líquidos...)
    • Residuos de animais infecciosos.
    • Sangue e hemoderivados.
    • Material contaminado con sangue e líquidos corporais (luvas, gasas...).
    • Residuos anatómicos.
    • Agullas, lancetas, follas de bisturí e material punzante e/ou cortante.
    • Pequeno material de vidro contaminado ou rachado (pipetas, portaobxectos, cubreobxectos).
    • Citostáticos e obxectos contaminados con estes produtos

    Estes residuos deben ir en contedores de plástico ríxido e con tapa hermética.

  • Este grupo de residuos esixe, de acordo coas súas características físicas ou químicas, un proceso de tratamento, recuperación ou eliminación específica.

    Residuo LER
    Residuos de laboratorio en pequenos envases 160506
    Disolventes haloxenados 140602
    Disolventes non haloxenados 140603
    Disolucións inorgánicas alcalinas 160507
    Disolucións inorgánicas ácidas 160507
    Disolucións con metais pesados 160507
    Disolucións acuosas de compostos orgánicos 160508
    Agua residual con materia orgánica 160508
    Silicaxel contaminado 150202
    Líquidos de revelado 090102
    Mercurio metálico 060404
    Pilas salinas 200133
    Baterías Ni/Cd 160602
    Baterías Pb 160601
    Placas radiográficas 090107
    Filtros de cabinas 150202
    Halon 160504
    Filtros-resinas de intercambio iónico 190806
    Cerámica con mercurio 160303
    Aceites usados 130208
    Equipos electrónicos 160213
    Residuos de envases metálicos 150110
    Residuos de envases plásticos 150110
    Vidro: residuos de envases e vidro de laboratorio 150110
    Envases baleiros contaminados 150110
    Gasolina con auga 120301
    Material contaminado con fuel óleo 150202
    Filtros de aceite 160107
    Tubos fluorescentes 200121
    Biosanitario especial 180103
    Citotóxico 180108
    Tóner e tintas de impresión 080318
  • Trátase de animais non inoculados nin infectados. De non ser así, deben ser tratados como residuos bioperigosos.

    Estes animais depositaranse nos conxeladores dos centros, onde será recollidos periodicamente pola Unidade de Xestión de Residuos.

  • Os tipos de envase para recollida de residuos que se poden solicitar son:

    • Garrafas plásticas de 30 litros.
    • Contedores para produtos bioperigosos (negro).
    • Tapa móbil de 60 litros (azul).

    Cando se solicita a recollida de residuos débese indicar cantos novos contedores se desexa e de que tipo son.

  • Unidade de Xestión de Residuos

    Almacén de Residuos
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.12.2023.