Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Atención optométrica
Asistencia primaria visual de alta eficiencia e calidade.

O Servizo de Optometría creouse en marzo de 2001 no marco dun programa integral de calidade e mellora das prácticas docentes. Sendo directora da Escola Universitaria de Óptica e Optometría, a profesora M.ª Victoria Pérez Martín e reitor da USC, o profesor Darío Villanueva Prieto. Posteriormente, no mandato do reitor Senén Barro Ameneiro, con Eva Yebra-Pimentel Vilar como directora da Escola Universitaria de Óptica e Optometría, aprobouse o regulamento do Servizo de Optometría en abril de 2002. Finalmente, ocupando a reitoría Juan J. Casares Long, o Servizo de Optometría foi autorizado como centro de saúde e inscrito no rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

  • Misión

    • Formar profesionais en atención primaria visual nos niveis de promoción, prevención, diagnóstico, tratamento, rehabilitación e investigación científica e tecnolóxica.  
    • Proporcionar á Facultade de Óptica e Optometría soporte clínico e investigador para alcanzar un alto nivel competitivo no campo da optometría, contribuíndo ao desenvolvemento sanitario, económico e social do país.
    • Brindar asistencia optométrica de alta eficiencia e calidade á poboación, contando con recursos humanos cualificado e comprometido coa institución.

    Visión

    • Prestación de servizos asistenciais en atención primaria visual, orientados á formación de profesionais de excelencia, comprometidos coa consecución de obxectivos dunha óptima calidade visual da poboación.
    • Ser unha clínica educativa, innovadora e eficiente enfocada á xeración e difusión do coñecemento na área de optometría, que cumpra coas normas de calidade definidas por instancias nacionais e internacionais.
  • Obxectivos docentes e asistenciais

    • Desenvolvemento do labor asistencial co fin de mellorar as funcións docentes e investigadoras propias do exercicio profesional en atención primaria visual.

    Obxectivos na investigación

    • Executar de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.
    • Fomentar a fertilización cruzada de ideas con impacto interprofesional e empresarial.
  • Servizo de Optometría

    Servizo de Optometría.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.11.2023.