Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
A súa 38ª edición transcorrerá do 7 ao 24 de novembro e volverá traer á cidade as vangardas e novidades no panorama cinematográfico europeo e internacional.
Cartel festival

Cineuropa é un festival de cinema de carácter competitivo organizado polo Auditorio de Galicia-Compostela Cultura, como organismo adscrito ao Concello de Santiago, que se desenvolve en Compostela dende 1987. 

  • Cineuropa 2024

    Coa súa consolidada traxectoria na oferta cultural de Compostela, o certame preséntase como unha plataforma ideal para enriquecer e complementar a experiencia educativa do alumnado da USC e ofrecerlle a oportunidade de adquirir unha aprendizaxe práctica nunha contorna real da industria cinematográfica. Dende esta perspectiva, o Auditorio de Galicia traslada á USC esta proposta de colaboración para a participación do alumnado como persoal voluntario do Festival Cineuropa, que pode ser mutuamente beneficiosa, ampliando a formación das e dos estudantes e contribuíndo á realización exitosa do festival.

    Así, búscanse persoas responsables con interese polo cinema e por afondar nos pormenores da produción dun festival cinematográfico.

    Entre as tarefas a realizar están as seguintes:

    1. Comunicación e atención aos públicos.
    2. Produción e apoio loxístico.
    3. Atención a persoas convidadas do festival.
    4. Procesamento de información sobre as películas e tráfico dos filmes.
    5. Asistencia e participación nas sesións divulgativas que inclúe o certame.
    • Datas: do 21 de outubro ao 25 de novembro.
    • Horario: de 11 a 15 h ou de 16 a 20 h.
    • Prazas: 8 (COMPLETO)