Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.
A súa 38ª edición transcorrerá do 7 ao 24 de novembro e volverá traer á cidade as vangardas e novidades no panorama cinematográfico europeo e internacional.
Cartel festival

Cineuropa es un festival de cine de carácter competitivo organizado por el Auditorio de Galicia-Compostela Cultura, como organismo adscrito al Ayuntamiento de Santiago, que se desarrolla en Compostela desde 1987. 

  • Cineuropa 2024

    Coa súa consolidada traxectoria na oferta cultural de Compostela, o certame preséntase como unha plataforma ideal para enriquecer e complementar a experiencia educativa do alumnado da USC e ofrecerlle a oportunidade de adquirir aprendizaxe práctica nunha contorna real da industria cinematográfica. Dende esta perspectiva, o Auditorio de Galicia traslada á USC esta  proposta de colaboración para a participación do alumnado como persoal voluntario do Festival Cineuropa, que pode ser mutuamente beneficiosa, ampliando a formación das e dos estudantes e contribuíndo á realización exitosa do festival.

    Así, búscanse persoas responsables con interese polo cinema e por afondar nos pormenores da produción dun festival cinematográfico.

    Entre as tarefas a realizar están as seguintes:

    1. Comunicación e atención aos públicos.
    2. Produción e apoio loxístico.
    3. Atención a persoas convidadas do festival.
    4. Procesamento de información sobre as películas e tráfico dos filmes.
    5. Asistencia e participación nas sesións divulgativas que inclúe o certame.

    Datas: do 21 de outubro ao 25 de novembro.

    Horario: de 11 a 15 h ou de 16 a 20 h.

    Prazas: 5 (COMPLETO)