Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Programa de voluntariado en Enxeñaría Sen Fronteiras.

ESF é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado transformador, que busca contribuír á construción colectiva dunha sociedade mundial xusta, crítica e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e o uso da tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano e o ben común.

  • Rede de bancos de reciclaxe electrónica con software libre

    Trátase de participar na recollida e reacondicionamento de material informático xerado por distintas escolas, facultades e outros organismos da USC. Compróbanse, instálaselles un sistema operativo baseado en software libre, e canalízanse a través de entidades de acción social a familias que o precisen para pechar a fenda dixital.

    Tamén particípase en faladoiros ou eventos de promoción da rede de bancos de reciclaxe, do software libre e a electrónica ética en centros de ensino secundario, feiras etc

    • Horario: de 15 h a 18 h pero pode variar segundo a axenda das actividades.
    • Prazas: 3 persoas en cada banco.

    Mulleres tecnólogas polo ben común

    Impartir faladoiros en IES de Secundaria por parte de mulleres estudantes de carreiras tecnolóxicas que poidan servir de referente a rapazas que estean pensando en seguir a rama tecnolóxica. As persoas voluntarias integraríanse en ESF e recibirían unha formación sobre tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos antes de comezar a facer os faladoiros. Cando menos organizarían un faladoiro ao ano.

    • Horario: datas decididas en coordinación coa persoa voluntaria e o centro de secundaria.
    • Prazas: 4.

     Voluntariado en cooperación internacional e coñecemento doutras realidades

    Voluntariado para facer seguimento dos programas internacionais de Enxeñería Sen Fronteiras en Honduras (con dous programas, un de dereito á auga e outro de soberanía alimentaria, ambos con compoñente de xénero) e Mozambique (programa de loita contra a seca). Realizaranse en coordinación co persoal contratado que xestiona os proxectos, e coas organizacións de cada país que realizan in situ os proxectos. Pode haber opción de realizar o TFM/TFG sobre as temáticas dos proxectos. Tamén pode haber opción a unha das prazas do Programa de Coñecemento da Realidade para realizar unha estancia de, polo menos, dous meses no terreo.

    • Horario: Unha reunión de grupo cada dous meses, aproximadamente, e comunicación vía lista de correo-e/canle de telegram. Flexibilidade para acordar co resto do grupo.
    • Prazas: 3 (grupo Mozambique) e 3 (grupo Honduras).

    Voluntariado en acceso a servizos básicos e tecnoloxía para o ben común

    Trátase de participar nos grupos de acceso a servizos básicos con base de tecnoloxía para o ben común que están a realizar distintas actividades (investigación cidadá, faladoiros en centros de secundaria e tamén contornas non formais, campañas en redes sociais...). Os grupos a elixir (un ou varios) son:

    • Dereito á auga e saneamento.
    • Dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria.
    • Enerxía e cambio climático.
    • Tecnoloxía de baixo custo para a inclusión (de persoas con problemas de mobilidade, de percepción...).
       
    • Horario: Unha reunión de grupo cada dous meses, aproximadamente, e comunicación vía lista de correo-e/canle de telegram. Flexibilidade para acordar co resto do grupo.
    • Prazas: 3 persoas por grupo.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2023.