Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Programa de voluntariado en APACAF.

A Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar (APACAF) é una entidade sen ánimo de lucro que ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas con autismo cun enfoque centrado no individuo.

Os valores de APACAF son o respecto e a tolerancia,  a transparencia informativa, a igualdade e a democracia interna. 

Os seus centros son vivendas na zona rural con grupos reducidos sen renunciar á atención profesional e á calidade da xestión.

Teñen unha residencia na Braña (A Estrada) e un centro de día en Penagrande (Moraña).

  • Aulas no Centro de A Braña

    Formación continua. Musicoterapia. Teach. Informática.

    • Axudar na adquisición de habilidades comunicativas, manipulativas ou educativas.
    • Reducir a fenda dixital realizando tarefas con programas informáticos (PC/tablets).
    • Utilización e discriminación visual auditiva de instrumentos musicais.
       
    • Horario: de luns a venres, de 10 a 14 h. e 17 a 20 h.
    • Prazas:

    Aulas no Centro de Día en Penagrande

    Ioga. Sendeirismo

    • Paseos pola contorna para evitar o sedentarismo e a hipoactividade.
    • Exercicios de relaxación que favorezan o ton físico e muscular.
       
    • Horario: de luns a venres, de 10 h a 14 h e 17 h a 20 h.
    • Prazas: 1

     Voluntariado Dixital

    • Busca de recursos.
    • Elaboración de cartelaría.
    • Xestión das redes sociais (Facebook, twitter etc.)
    • Traballo en rede con outras entidades.
       
    • Horario: sen especificar
    • Prazas: 2

    Campamentos

    Os campamentos desenvólvense na Semana Santa ou no verán.

    • Actividades lúdicas en períodos de vacacións para axudar ás familias á hora de conciliar a vida familiar, laboral e persoal.
    • Apoio en todas as actividades lúdicas.
    • Apoio nos desprazamentos.
       
    • Horario: de 16 h a 20 h.
    • Prazas: 2

    Piscina

    Acompañamento

    • Horario: martes e xoves, de 12 h a 13 h.
    • Prazas: 1

    Outros proxectos ou tarefas

    • Saídas de integración social (cafetarías, centros comerciais, museos, cines etc.)
    • Crear actividades puntuais de artes plásticas, música, danza, drama etc.
       
    • Horario: sen especificar
    • Prazas: 2
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2023.