Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Adquirir os coñecementos básicos teóricos e prácticos sobre as principais técnicas analíticas e as técnicas instrumentais básicas útiles nun laboratorio de Biotecnoloxía
2. Saber describir os fundamentos e usos da espectrofotometría, microscopía, espectrometría de masas, cromatografía e electroforesis.
3. Saber identificar e interpretar espectros de diversos tipos para a identificación estrutural de biomoléculas e outras aplicacións
4. Saber elixir a técnica adecuada para resolver cada problema particular sobre a base de criterios analíticos
5. Distinguir entre técnicas de separación cromatográficas e electroforéticas e seleccionalas adecuadamente para as distintas aplicacións en bioseparaciones.
(Cada tema terá unha duración de 2 h estimada, a excepción dos temas 6 e 9 que terán unha duración de 3 h).
Tema 1.- Introdución ás técnicas básicas en Biotecnoloxía
Tema 2.- Introdución aos métodos espectroscópicos e clasificación.
Tema 3.- Espectrofotometría UV-Vis
Tema 4.- Espectrofotometría de fluorescencia e técnicas relacionadas
Temas 5. Nocións básicas de Resonancia Magnética Nuclear (RMN)
Tema 6.- Espectrometría de masas (MS)
Tema 7. Introdución ás técnicas de separación cromatográfica
Tema 8.- Cromatografía de gases
Tema 9.- Cromatografía líquida
Tema 10.- Técnicas de separación electroforéticas
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
Práctica 1: Operacións básicas no laboratorio analítico
Práctica 2. Aplicacións da espectrofotometría UV-Vis á biotecnoloxía
Práctica 3: Aplicacións da cromatografía á biotecnoloxía
Práctica 4: Aplicacións da espectrometría de masas, e outras técnicas (RMN, difracción de raios X) á biotecnoloxía
SEMINARIOS
Realizaránse seis seminarios (11 horas) en pequenos grupos nos que se propoñerán e resolverán exercicios, problemas e/ou simulacións de casos relacionados cos contidos do programa. Requírese unha participación activa dos alumnos.
TITORÍAS
As titorías (individuais ou grupais) servirán para aclarar dúbidas, proporcionar información ou orientar os alumnos, así como coñecer os avances na adquisición de competencias.
BÁSICA
---SUSAN R. MIKKELSEN. QUIMICA BIOANALITICA: METODOS Y TEORIA ANALITICA PARA EL LABORATORIO DE BIOLOGIA MOLECULAR, FARMACIA Y BIOQUIMICA, 2011 Editorial: UNIVERSIDAD DE BUENOS AIRES. ISBN: 9789502317694
---D. C. HARRIS. "Análisis Químico Cuantitativo". Editorial Reverté, 3ª ed. (6ª del inglés), Barcelona (2007), recomendado cap. 26 págs. 654-666.
---D.A. SKOOG; D.M. WEST; F.J. HOLLER; S.R. CROUCH. “Química Analítica”, Thomson .8ª Ed. Madrid. 2005, cap. 33 págs. 1016-1024.
Ademais, ao longo do curso recomendarase a visita a webs específicas con videos e materiais de interés para a mellor comprensión dos temas.
COMPLEMENTARIA
•Colección “Esenciais USC”:
---TÉCNICAS ANALÍTICAS E INSTRUMENTAIS: introdución ás técnicas espectroscópicas: espectro(foto)metría de absorción molecular UV/Vis.
Autoras: Marta Lores Aguín, Carmen García Jares (2019)
---TÉCNICAS ANALÍTICAS E INSTRUMENTAIS: introdución ás técnicas de separación cromatográficas. Autoras: Carmen García Jares, Marta Lores Aguín (2019)
Coñecementos/contidos
Con01: Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
Con04: Coñecer as técnicas que permiten determinar as propiedades das proteínas e ser capaz de analizar e manipular a súa estrutura de acordo coa súa aplicación en Biotecnoloxía.
Habilidades/destrezas
H/D01: Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas con razoamento crítico. H/D02: Buscar, procesar, analizar/interpretar e sintetizar información e resultados relevantes procedente de diversas fontes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
H/D03: Organizar e planificar o seu traballo. H/D04: Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes. H/D05: Traballar en equipo.
H/D06: Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración. H/D07: Iniciativa, espírito emprendedor e adaptación a novas situacións (resiliencia). H/D10: Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos de Biotecnoloxía. H/D12: Saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas con seguridade e hixiene, xestión de residuos e calidade. H/D13: Saber obter e interpretar información das principais bases de datos (biolóxicas, ómicas, bibliográficas) e empregar ferramentas bioinformáticas.
Competencias
Comp01: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. Comp02: Que os estudantes sexan capaces, tanto por escrito como de forma oral, de debater e de transmitir información, ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía a un público tanto especializado como non especializado/xeral. Comp03: Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. Comp04: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos no grao dunha forma profesional e sexan competentes na formulación/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa innovación e a industria biotecnológica. Comp05: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
Expositivas: Clases maxistrais presenciais nas que o profesor explicará os conceptos da materia co apoio de medios audiovisuais e informáticos; poden ter diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, orientacións xerais da materia), promovendo a participación dos alumnos.
Seminarios, presenciais, nos que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, realízanse exercicios, problemas, simulacións de casos, etc. É obrigatoria a participación activa dos alumnos.
Titorías (individuais ou grupais), presenciais, para aclarar dúbidas, proporcionar información ou orientar os alumnos, así como coñecer o progreso na adquisición de habilidades.
Clases prácticas presenciais nas que os alumnos, seguindo os protocolos preparados para este fin, coñecerán os equipos de laboratorio axeitados e resolverán cuestións prácticas.
A asistencia a seminarios, titorías e prácticas de laboratorio é obrigatoria.
A avaliación constará de dúas partes:
Avaliación continua:
A avaliación continua farase mediante probas orais e/ou escritas, traballos entregados e/ou presentados, participación do alumno na aula e no laboratorio. A continuación, indícase a avaliación de cada unha das actividades a realizar polo alumno, para outorgar a cualificación final, así como a tipoloxía, métodos e características do sistema de avaliación da materia:
1. A asistencia ás clases interactivas en grupo reducido (seminarios), as titorías e as prácticas de laboratorio é obrigatoria.
2. A falta de asistencia a un mínimo do 80% das horas comúns de seminarios e titorías implica a renuncia do dereito á avaliación continua.
3. A asistencia a todas as prácticas de laboratorio será obrigatoria, así como superar a súa avaliación. A non asistencia ás mesmas impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria como na oportunidade de recuperación. Para superar a materia, o alumno deberá acadar a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Exame final (EF):
O exame final abrangue todos os contidos da materia.
As diferentes actividades contarán para a nota final do alumno como segue:
Exame final: 60%
Avaliación continúa (40 %): Seminarios 20% e Prácticas 20%
Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os elementos a avaliar serán os seguintes: Actitude e aptitude no laboratorio, execución da práctica (inclúe a presentación de resultados) e informe final.
A avaliación continua é complementaria á realización do exame final. A cualificación do alumno será a obtida ponderando a do exame final coa da avaliación continua, aínda que para ter opción á ponderación é necesario ter unha nota mínima de 4 sobre 10 puntos no exame final.
Tódalas actividades que se cualifican como obrigatorias serán avaliables.
Evaluación de Competencias: Sem (S) Práct (P) Tutorías (T) Ex Final (EF)
Con01: S, P, T, EF
Con04: S, P, T, EF
H/D01: S, P, T, EF
H/D02: S, P, T, EF
H/D03: S, P, T, EF
H/D04: S, P, T, EF
H/D05: S, P, T
H/D06: S, P, T, EF
H/D07: S, P, T
H/D010: S, P, T, EF
H/D012: P
H/D013: S, P
Comp01: S, P
Comp02: S, P, T
Comp03: S, P, T, EF
Comp04: S, P, T, EF
Comp05: S, P, T, EF
Aos alumnos repetidores que teñan aprobadas as prácticas de laboratorio se lles conservará a calificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, no terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán as restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicions que os restantes alumnos.
Aqueles alumnos repetidores que tendo a calificación de apto nas prácticas, desexaran repetilas total ou parcialmente, comunicaranno á profesora coordinadora a principio do curso.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS
Clases expositivas en grupo grande 22
Clases interactivas en grupo pequeno (Seminarios) 11
Clases interactivas con ordenador en grupo pequeno 00
Titoría nun grupo moi reducido 03
Prácticas de laboratorio 15
Total horas de traballo presencial na aula ou no laboratorio 51
TRABALLO PERSOAL DAS HORAS DE ESTUDIANTE
Estudio autónomo individual ou en grupo 44
Resolución de exercicios ou outros traballos 22
Preparación do laboratorio e elaboración da memoria das prácticas 30
Total horas traballo persoal do alumno 96
É aconsellable asistir ás clases maxistrais e o uso da bibliografía recomendada, así como a realización dos exercicios e traballos propostos.
Respecto á parte práctica da materia, recoméndase unha lectura dos guións das prácticas, previa á súa realización no laboratorio.
Os estudiantes deben coñecer e obedecer as "Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela, para participar nas prácticas de laboratorio. Esta normativa está na página web da USC (www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf)
Estará operativa unha aula virtual na plataforma Moodle (Campus Virtual da USC, https://cv.usc.es/ )a disposición do alumnado que servirá de repositorio do material necesario para o correcto desenvolvenmento da materia así como canle de comunicación cos alumnos. Adicionalmente, poderá estar operativo outro canle de comunicación directa a través da aplicación MS-Teams.
Carmen Maria Garcia Jares
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814394
- Correo electrónico
- carmen.garcia.jares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Jose Lopez Mayan
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814271
- Correo electrónico
- juanjoselopez.mayan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Aly Jesús Castillo Zamora
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- alyjesus.castillo.zamora [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral_Doutoramento Industrial
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
27.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |