Créditos ECTS Créditos ECTS: 24
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 20.5 Clase Interactiva: 7.5 Total: 28
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Química Inorgánica, Química Física, Química Orgánica, Enxeñaría Química, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Economía Aplicada
Áreas: Organización de Empresas, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Química Inorgánica, Química Física, Química Orgánica, Enxeñaría Química, Química Analítica, Economía Aplicada
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O Traballo de Fin de Máster supón a realización por parte do estudante dun proxecto desenvolvido nunha empresa ou e nun grupo de investigación no que aplique e desenvolva os coñecementos adquiridos no seo do máster. O traballo deberá estar orientado á aplicación das competencias xerais asociadas á titulación. Esta materia, que é útil para todos os módulos, desenvolverá un gran número de competencias transversais:
-Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico.
-Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinarios.
-Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
-Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
-Demostrar unha actitude de respecto cara ás opinións, os valores, os comportamentos, as prácticas doutros.
O Traballo de Fin de Máster terá un carácter profesional ou investigador segundo o itinerario elixido:
1.- Itinerario profesionalizante: suporá a realización dun proxecto profesional nunha empresa coa que se ten asinado un convenio.
2.- Itinerario académico-investigador: suporá a realización dun traballo de investigación dentro dun grupo de investigación.
O Traballo de fin de Máster implicará a realización dun proxecto asociado a un plan de traballo asinado pola persoa/s que vaia/n a tutorizar ao alumno, de tal forma que o alumno terá que levar a cabo: Documentación bibliográfica sobre antecedentes e estado actual do tema proposto como proxecto. Elaboración dunha proposta de obxectivos, realización dos experimentos, tratamento de datos, elaboración e defensa dunha memoria de resultados e conclusións.
Básicas e xerais
CG1 - Innovar en espazos e ámbitos do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito emprendedor
CG2 - Identificar información da literatura científica utilizando as canles apropiadas e integrar dita información para expor
e contextualizar un tema de investigación
CG3 - Valorar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no ámbito da Química Industrial e a
Investigación Química
CG4 - Demostrar habilidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos
CG5 - Utilizar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da
profesión química
CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización de información para solucionar problemas na actividade profesional
CG8 - Valorar a dimensión humana, económica, legal e técnica no exercicio profesional, así como o impacto da química no medio ambiente e no desenvolvemento sustentable da sociedade.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Competencias transversais
CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico.
CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinarios.
CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT4 - Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
CT5 - Demostrar unha actitude de respecto cara ás opinións, os valores, os comportamentos e as prácticas doutros.
Competencias específicas
CE1 - Definir conceptos, principios, teorías e feitos especializados das diferentes áreas da Química
CE2 - Propor alternativas para a resolución de problemas químicos complexos das diferentes especialidades químicas
CE3 - Aplicar os materiais e as biomoléculas en campos innovadores da industria e enxeñaría química
CE4 - Innovar nos métodos de sínteses e análise química relacionadas coas diferentes áreas da Química
CE5 - Avaliar correctamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado ás sustancias químicas especiais
CE6 - Deseñar procesos que impliquen o tratamento ou eliminación de produtos químicos perigosos
CE8 - Analizar e utilizar os datos obtidos de maneira autónoma nos experimentos complexos de laboratorio relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas apropiadas, e incluíndo o uso de fontes bibliográficas primarias
CE9 - Valorar, promover e practicar
Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestiones tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.)
Tutorías individuais ou en grupo reducido.
Exposición oral de traballos, informes, etc., incluíndo debate con profesores e alumnos.
Utilización de programas informáticos especializados e internet. Soporte docente on-line (Campus Virtual).
Estudo persoal baseado nas diferentes fontes de información
Realización das diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñecementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes
Estancia no laboratorio ou nunha empresa para realización de prácticas avanzadas e/ou o traballo fin de máster. Traballo práctico individual baixo a supervisión dun titor persoal, coa adecuada infraestrutura e demais medios necesarios para poder alcanzar os obxectivos propostos.
Exame final, 100%
A avaliación será realizada por un tribunal nomeado ao efecto pola Comisión Académica do Máster. O tribunal avaliará nun acto público a expresión oral, a memoria e a defensa da mesma.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ou recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
A rúbrica desta materia está dispoñible na seguinte ligazón:
https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/quimica/d…
Tutorías programadas: 32 h - presencialidad 100%
Preparación de probas e traballos dirixidos: 80 h - presencialidad 0%
Estudo persoal do alumno: 88 h - presencialidad 0%
Traballo experimental no laboratorio: 400 h - presencialidad 100%