Entre os devanditos criterios e directrices destaca o referente á Garantía de Calidade do Persoal Docente, que establece que as institucións deben dotarse de medios para garantir que o seu persoal docente está cualificado e é competente para a docencia.
Na valoración da garantía da calidade do profesorado, un elemento que resulta fundamental é o desempeño da súa actividade docente. Así, coñecer o modo en que o profesor planifica, desenvolve, valora e mellora a súa actividade docente resulta clave para emitir un xuízo sobre a súa competencia docente.
A USC desenvolveu unha aplicación experimental do programa entre os anos 2008 e 2012, e está a retomar a súa implantación no curso 2021-2022.