Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster de Formación Permanente internacional en prevención e represión do branqueo de diñeiro, fraude fiscal e compliance

  • Curso 2024-2025
  • Código
    MP0192
    Tipo
    Máster de Formación Permanente
    Modalidade
    Híbrido
    Duración
    2 anos
    Créditos
    60.0
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    2.000,00€
    Centro
    Facultade de Dereito
    Dirección
    Miguel Abel Souto
    Contacto

    miguel.abel@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Departamento de Dereito Público Especial e da Empresa

    Información:

    Miguel Abel Souto

    881814687/649060653

    miguel.abel@usc.es

    Facultade de Dereito

    Procedemento

    Datas
    Duración: 17/02/2025 - 31/10/2025
    Preinscrición: 12/07/2024 - 17/01/2025
    Matrícula: 20/01/2025 - 31/01/2025

    Número alumnos/as mínimo: 30
    Número alumnos/as máximo: 50

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

    Este curso engloba os seguintes cursos de posgrao ou formación continua:

    Código Nome do curso
    MP0192-FD0214 Curso de Formación Específica en prevención e represión do branqueo de diñeiro, responsabilidade criminal das persoas xurídicas e fraude fiscal
  • Requisitos de acceso

    Titulacións universitarias e equivalentes

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    Por orde de preinscrición ata esgotar as prazas

    Calendario de pagamento fraccionado

    Prazo Importe Data
    1 1.000,00€ 20/01/2025 - 31/01/2025
    2 1.000,00€ 27/05/2025 - 06/06/2025
  • O obxectivo principal deste máster (7ª edición) é atender á manifesta demanda social, científica e económica sobre a prevención e represión do branqueo de diñeiro, a fraude fiscal e a prevención da responsabilidade criminal das persoas xurídicas mediante os programas de "compliance".
    Sobre todo o máster pretende, neste eido sometido a constantes modificacións nas normativas nacionais e internacionais, actualizar e perfeccionar a formación, ante as reformas dos últimos meses, penais, tributarias, administrativas e comunitarias.
    O máster responde tamén ás esixencias legais de formación segundo a normativa de prevención do branqueo de diñeiro e vai destinado a todo tipo de profesionais do dereito, economistas, asesores fiscais, directivos de empresas e a todos os interesados nesta importantísima materia, sen distincións, pero de xeito moi especial aos avogados, porque, lamentablemente, existe un evidente perigo de que se instrumentalice aos letrados para o branqueo de diñeiro, como poñen de manifesto tanto o Grupo de Acción Financeira Internacional, nun informe sobre a vulnerabilidade das profesións xurídicas para ser utilizadas polos branqueadores, como a Asociación Internacional de Avogados, a Asociación de Avogados de Estados Unidos e o Consello de Colexios de Avogados de Europa na súa guía de prevención do branqueo, e as posibilidades de comisión imprudente polos avogados do delito de branqueo de diñeiro son ilimitadas.
    Así as cousas, convén que os avogados, individualmente ou asociados como persoas xurídicas, xestionen o risco, evalúen e
    monitoricen o perigo de branqueo respecto aos seus clientes, mediante programas de cumprimento ou "compliance programs", que desempeñan un importante papel na determinación da responsabilidade criminal das persoas xurídicas, malia que non bastará a mera existencia dun protocolo de boas prácticas para atenuar ou excluir a responsabilidade dunha persoa xurídica ou evitar a de certos obrigados individuais.

    A metodoloxía para conseguir estes obxectivos consistirá na exposición presencial dun temario completo, que aborda todolos aspectos relevantes da prevención e represión do branqueo, a fraude fiscal e o "compliance", por monografistas, catedráticos, profesores titulares de universidade e especialistas así como na posta a disposición de materiais on line no Campus virtual da USC, a proposta de actividades e a titorización de traballos de fin de máster, de xeito que o máster, de carácter internacional, favoreza o acceso e sexa compatible co traballo ou a residencia no estranxeiro do alumnado grazas ao Campus virtual, ainda que sen prescindir da docencia presencial concentrada nun breve, pero intenso, período de tempo. Todolos docentes tamén facilitarán tanto materiais como recomendacións bibliográficas e poranse a disposición do alumnado para resolver as súas dúbidas.

  • Avaliación

    Tarefas no Campus virtual, control de asistencia e traballo de fin de máster avaliado polo titor sen defensa oral en acto público

    Titorías

    Acordaranse durante as clases presenciais co alumnado e na parte non presencial do curso faranse por correo electrónico, teléfono, Teams ou Skype

  • Do 17 de febreiro ao 31 de outubro de 2025 tarefas no Campus virtual e traballo de fin de máster. Do 7 ao 18 de xullo de 2025 clases presenciais de luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 16.00 a 22.00

  • Código Materia Créditos
    1 A Protección da Sociedade Dixital. 1.5
    2 Responsabilidade Criminal das Persoas Xurídicas. 1.5
    3 Responsabilidade Penal da Empresa e Programas de Prevención. 1.5
    4 Persoas Xurídicas na Loita Contra o Branqueo e o Delito Fiscal. 3.0
    5 Secreto Profesional e Obrigación de Comunicar. 1.5
    6 Dilixencia Debida e Obrigacións de Información no Regulamento de 2014 e a súa Adaptación ás Directivas de 2015 e 2018. 1.5
    7 Comisión Imprudente do Branqueo. 1.5
    8 O Autobranqueo. 1.5
    9 Drogas, Branqueo de Diñeiro e Estatísticas. 1.5
    10 Corrupción e Branqueo de Diñeiro. 1.5
    11 Urbanismo e Branqueo. 1.5
    12 Traballo de Fin de Máster. 12.0
    13 Criminalidade Organizada e Branqueo de Diñeiro. 1.5
    14 Decomiso e Branqueo de Diñeiro. 1.5
    15 Utilización das Novas Tecnoloxías no Branqueo. 1.5
    16 Financiamento do Terrorismo e o Branqueo de Diñeiro. lo 2/2015. 1.5
    17 As Directivas 2015/849, 2018/843 e 2018/1673 sobre o Branqueo. 1.5
    18 Normativa Europea e Responsabilidade Criminal das Persoas Xurídicas. 1.5
    19 Compliance e Exención da Responsabilidade Criminal das Persoas Xurídicas. 1.5
    20 Normativa Internacional sobre o Branqueo e a súa Recepción Penal. Expansión das Condutas Típicas. 4.5
    21 Delito Fiscal e Branqueo de Diñeiro. 3.0
    22 Compliance e Exención da Responsabilidade Criminal das Persoas Xurídicas. 0.5
    23 Normativa Internacional sobre o Branqueo e a súa Recepción Penal. Expansión das Condutas Típicas. 1.5
    24 Delito Fiscal e Branqueo de Diñeiro. 1.0
    25 A Protección da Sociedade Dixital. 0.5
    26 Responsabilidade Criminal das Persoas Xurídicas. 0.5
    27 Responsabilidade Penal da Empresa e Programas de Prevención. 0.5
    28 Persoas Xurídicas na Loita Contra o Branqueo e o Delito Fiscal. 1.0
    29 Secreto Profesional e Obrigación de Comunicar. 0.5
    30 Dilixencia Debida e Obrigacións de Información no Regulamento de 2014 e a súa Adaptación ás Directivas de 2015 e 2018. 0.5
    31 Comisión Imprudente do Branqueo. 0.5
    32 O Autobranqueo. 0.5
    33 Drogas, Branqueo de Diñeiro e Estatísticas. 0.5
    34 Corrupción e Branqueo de Diñeiro. 0.5
    35 Urbanismo e Branqueo. 0.5
    36 Criminalidade Organizada e Branqueo de Diñeiro. 0.5
    37 Decomiso e Branqueo de Diñeiro. 0.5
    38 Utilización das Novas Tecnoloxías no Branqueo. 0.5
    39 As Directivas 2015/849, 2018/843 e 2018/1673 sobre o Branqueo. 0.5
    40 Normativa Europea e Responsabilidade Criminal das Persoas Xurídicas. 0.5
    41 Financiamento do Terrorismo e o Branqueo de Diñeiro. lo 2/2015. 0.5
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2022.