-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 51
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 9
Clase Interactiva: 12
Total: 75Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Electrónica e ComputaciónÁreas:
Ciencia da Computación e Intelixencia ArtificialCentro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
A presente materia servirá de introdución á ciencia e tecnoloxía da análise visual de grandes conxuntos de datos, e incluirá tanto o seu fundamento teórico como as correspondentes metodoloxías de aplicación. Presentaranse, polo tanto, un conxunto de ferramentas de análise visual que teñen por finalidade a síntese de información e a inspección eficaz de grandes conxuntos de datos dinámicos, ambiguos e a miúdo conflitivos. En último termo, esta análise ha de conducir a unha comunicación de información útil na toma de decisións. Os obxectivos específicos desta materia son: (1) desenvolver unha comprensión deste ámbito emerxente e multidisciplinar, (2) dotar o alumno dun conxunto de ferramentas e metodoloxías para a análise visual de datos; e (3) desenvolver as capacidades e estratexias necesarias para aplicar convenientemente os coñecementos adquiridos na análise de datos procedentes de problemas reais
TEMA 0: Presentación da materia
TEMA 1: Introdución á visualización de datos
TEMA 2: Básicos
TEMA 3: Rigor
TEMA 4: ComunicaciónThe visual display of quantitative information
Edward R. Tufte
Graphics Press
ISBN-10: 0961392142 ISBN-13: 978-0961392147
El arte funcional: infografía y visualización de la información
Alberto Cairó
Alamut
ISBN-13: 978-8498890679
Visual Insights: A Practical Guide to Making Sense of Data
Katy Börner, David E. Polley
The MIT Press
ISBN-13: 978-0262526197 ISBN-10: 0262526190Analizar e avaliar a eficacia de diferentes técnicas de visualización para cada problema
Sintetizar e comunicar con eficacia os resultados da análise visual de grandes conxuntos de datos
Planificar e organizar o seu tempo e os seus recursos
Levar a cabo unha aprendizaxe autónoma
Competencias da titulación que se traballan (ver memoria título):
- Básicas: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10
- Transversais/Xerais: G2, G4, G5, T2, T3, T4, T5
- Específicas: E9, E10Nas clases expositivas se exporá o contido de cada tema. O alumno disporá de copias das presentacións con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, mediante a metodoloxía de aprendizaxe baseada en problemas.
Lectura e estudo de material diverso proporcionado polo profesor en forma de libros da bibliografía, artigos e revistas científicas, e manuais no caso das ferramentas utilizadas para realizar as prácticas.
A realización de prácticas de laboratorio permitirá ao alumno desenvolver de modo supervisado as capacidades de resolución de problemas a partir das técnicas introducidas nas clases de teoría.
Actividades formativas de carácter presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
Clases teóricas: impartidas polo profesor e exposición de seminarios: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, T4, G4, T5, G5, T5, E9, E10
Clases prácticas de laboratorio, resolución de problemas e casos prácticos: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, T3, T4, G2, G4, T5, G5, T2, T5, E9, E10
Titorías programadas: orientación para a realización dos traballos individuais ou en grupo, resolución de dúbidas e actividades de avaliación continua: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, T3, T4, G2, G4, T5, G5, T2, T5, E9, E10
Exame: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, G2, G4, T5, G5, T7, E9, E10
Actividades formativas de carácter non presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
Traballo persoal do alumno: consulta de bibliografía, estudo autónomo, desenvolvemento de actividades programadas, preparación de presentacións e traballos: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, T3, T4, G2, G4, T5, G5, T2, T5, E9, E10Avaliación de prácticas de laboratorio: 50%
Avaliación de probas periódicas: 50%Clases de pizarra: 9 h presenciais +14 h traballo autónomo do alumno
Clases de prácticas: 12 h presenciais +25 h traballo autónomo do alumno
Titorías e Actividades de avaliación: 4 h presenciais +11 h traballo autónomo do alumno
Total: 75 hO idioma de impartición da materia é o castelan. Faise uso do campus virtual
-
Paulo Manuel Felix Lamas
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816422
- Correo electrónico
- paulo.felix@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
-
1º semestre - Do 16 ao 22 de setembro Luns 18:30-19:45 Grupo /CLE_01 Castelán PROXECTOS Venres 17:45-19:30 Grupo /CLIL_01 Castelán PROXECTOS Exames 22.01.2025 16:00-19:45 Grupo /CLIL_01 PROXECTOS 22.01.2025 16:00-19:45 Grupo /CLE_01 PROXECTOS 11.07.2025 16:00-19:45 Grupo /CLE_01 PROXECTOS 11.07.2025 16:00-19:45 Grupo /CLIL_01 PROXECTOS