Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 185 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Ofrecer aos estudantes o coñecemento adecuado dos problemas básicos que afectan ao deseño das medidas de política forestal a escala autonómica, estatal e internacional.
Posibilitar a adquisición de coñecementos básicos sobre a historia da política forestal no Estado Español e en Galicia.
Posibilitar a adquisición de coñecementos de socioloxía forestal e do medio natural.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Problemas socio-ambientais. Capital social. Métodos de participación. Resolución de conflitos. Política forestal en perspectiva histórica. Directrices e instrumentos das políticas forestais estatal e autonómica. As organizacións no sector forestal.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
Parte I. Políticas Forestais (2,5 ECTS)
Tema 1. A política forestal en perspectiva histórica (4 horas presenciais)
Tema 2. Principios, obxectivos e Instrumentos de política forestal (6,5 horas presenciais)
Tema 3. Políticas públicas aplicadas ao sector forestal: As políticas forestais no contexto Europeo, España e Galicia. As políticas forestais noutros contextos. (7 horas presenciais)
Parte II. Socioloxía Forestal (2,5 ECTS)
Tema 4 Socioloxía Ambiental. Problemas socioambientais (7 horas presenciais)
Tema 5 O Capital Social. Os procesos de participación (5 horas presenciais)
Tema 6 A conflitividade a redor do monte. Resolución de conflitos (5,5 horas presenciais)
Programa Práctico*:
P1:Política forestal en perspectiva histórica. Traballo a entregar.
P2: Análise da Lei de Montes de Galicia
P3: Análise da Política Forestal Española
P4: Deseño dunha proposta de Estratexia Forestal
P5: Mundo Rural a Debate. Participación nas sesións de debate/visitas
*horas docentes contabilizadas no tema correspondente
Parte I. Básica
Balboa, X., 1990, O monte en Galicia, Vigo, Xerais
García Dory, M. A. et al, 1985, “Política forestal en España, 1940-1985”, Quercus (monográfico)
COMISIÓN DE LAS COMUNIDADES EUROPEAS (2006). Plan de acción de la UE para los bosques. Bruselas
EUROPEAN COMMISION (2009). Report on Implementation of Forestry measures under the Rural development Regulation 1698/2005 for the period 2007-2013. Dir. Agriculture and Rural Development, Bruselas
FAO (2010): Elaboración de una política forestal eficaz : una guía. Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación, Roma. ix, 81 p.: il.; 25 cm
Groome, H. (1989). La evolución de la política forestal en el estado español desde el siglo XIX hasta la actualidad. Universidad Autónoma de Madrid.
MINISTERIO DE MEDIOAMBIENTE.(1998). Estrategia forestal española. Segunda parte: propuestas de política forestal. Madrid.
MINISTERIO DE MEDIOAMBIENTE (2002). Plan Forestal español. Madrid
Parte I. Complementaria
COMISIÓN DE LAS COMUNIDADES EUROPEAS (2010). LIBRO VERDE sobre protección de los bosques e información forestal en la UE: Preparación de los bosques al cambio climático. Bruselas.
Parte II. Básica
Aledo Tur, A. e Domínguez Gómez, J.(2001): Sociología ambiental. Grupo Editorial Universitario, Granada.
Bell, M. M., & Ashwood, L. L. (2015). An invitation to environmental sociology. Sage Publications.
Hannigan, J. (2014). Environmental sociology. Routledge.
Lemkow, L, (2002): Sociología ambiental: pensamiento socioambiental y ecología social del riesgo. Icaria, Barcelona.
Lorenzo Cadarso, P. (2001): Fundamentos teóricos del conflicto social. Siglo XXI Editores, Madrid
Martínez Alier, J. (2011): El Ecologismo de los pobres: conflictos ambientales y lenguajes de valoración. Ed Icaria, Barcelona
Toledo, V. e Barrera-Bassols, N. (2008): La memoria biocultural. La importancia ecológica de las sabidurías tradicionales. Perspectivas agroecológicas. Ed. Icaria. Barcelona.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría de montes en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación
CB8 - Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG7: Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestais.
Tamén se contribúe á adquisición das competencias específicas relativas a :
CE17 Adquirir o coñecemento adecuado dos problemas básicos que afectan ao deseño das
medidas de política forestal a escala autonómica, estatal e internacional.
CE19 Adquisición de coñecementos de socioloxía forestal e do medio natural.
Por último as competencias transversais traballadas son:
CT1 - CT2 - CT3 - CT4 - CT5 - CT6 - CT7 - CT8 - CT10 CT11.
Docencia presencial (compentencias traballadas: CB6, CB8, CB9, CG7, CE17, CE19, CT7, CT4, CT3, CT2, CT1):
A docencia organízase en clases maxistrais, seminarios e conferencias. Usarase material gráfico de apoio que estará dispoñible na Aula Virtual da materia. Este material ten como obxectivo facilitar ao alumnado a comprensión do exposto, EN NINGÚN CASO DEBE DE SER CONSIDERADO COMO O MATERIAL A PARTIR DO CAL SE PREPARARÁ A MATERIA PARA O EXAME FINAL.
A área de Economía Política e Socioloxía Agraria xunto co departamento de Historia Contemporánea organizará diversas xornadas de debate/visitas, nas que se reflexionará sobre os problemas e a situación actual do medio rural galego no que se enmarca o sector forestal. Estas xornadas constitúen unha práctica obrigatoria, polo que os contidos nelas tratados serán avaliados mediante o exame. Agárdase do alumnado que participe activamente nestas sesións de discusión activa.
Todas as actividades propostas son obrigatorias polo que a non entrega dalgún traballo, nas condicións especificadas (presentación oral de ser o caso) suporá un suspenso na materia.
Titorías individuais e colectivas:
Prográmanse sesións de titoría colectiva para a resolución de dúbidas dos traballos en grupo. As titorías individualizadas serán a demanda do alumnado.
Proba ou probas parciais ou finais, orais e/ou escritas (60%): competencias avaliadas CE17, CE19 e CG7.
Presentación de traballos ou informes relacionados co contido da materia (40%): competencias avaliadas CB6, CB8, CB9, CB10, CE17 e CE19 así como as competencias transversais CT1 - CT2 - CT3 - CT4 - CT5 - CT6 - CT7 - CT8 - CT10 e CT11.
Para superar a materia será obrigatorio entregar a totalidade dos traballos propostos.
O alumnado en segunda oportunidade e repetidor será avaliado cos mesmos criterios.
A realización de prácticas fraudulentas pode conlevar o suspenso na primeira e na segunda oportunidade. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final que suporá o 100% da cualificación
Está previsto que o traballo se desenvolva do seguinte xeito:
40 horas de traballo presencial na aula, incluídas titorías en grupo.
85 horas de traballo autónomo fóra da aula incluíndo actividades de avaliación.
Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia mais com direito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores
Mª Do Mar Pérez Fra
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Correo electrónico
- mariadomar.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Cabana Iglesia
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- ana.cabana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade