Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos desta materia son que o alumnado coñeza os tipos de modelos de crecemento e produción máis axeitados para a xestión forestal polo sistema de quenda, que sexa capaz de aplicar as principais técnicas para desenvolvelos e que adquira unha visión crítica sobre as súas posibilidades e limitacións.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos: Construción de modelos de rodal estáticos. Construción de modelos de rodal dinámicos. Modelización de tratamentos silvícolas. Desagregación de modelos de rodal. Ecuacións estáticas de árbore.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte programa, que inclúe tanto exposicións teóricas como prácticas relacionadas (especifícanse entre parénteses as horas presenciais e estímase que por cada unha delas serán necesarias dúas horas de traballo persoal do alumnado):
Teoría (9 h):
1. Modelización forestal: clasificación dos modelos de crecemento; inventario para a elaboración de modelos de crecemento (1 h).
2. Calidade de estación: curva guía, ecuacións en diferencias alxebraicas e a súa xeneralización; predición de parámetros (2 h).
3. Modelos estáticos de rodal: táboas de produción; diagramas de manexo da densidade (1 h).
4. Modelos dinámicos de rodal (2 h).
5. Desagregación de modelos de rodal: distribución diamétrica; enlace de modelos de diferente resolución (1 h).
6. Ecuacións estáticas: tarifas de cubicación e ferramentas para a cubicación con clasificación de produtos; tarifas de biomasa e contido en carbono (1 h).
7. Modelización de tratamentos silvícolas (1 h).
Prácticas (12 h):
1. Curvas de calidade de estación (3 h).
2. Táboas de produción (2 h).
3. Diagramas de manexo da densidade (1 h).
4. Modelos dinámicos de crecemento (2 h).
5. Desagregación de modelos de rodal por clases diamétricas (1 h).
6. Ecuacións de cubicación con clasificación de produtos (3 h).
Básica:
- Burkhart, H.E.; Tomé, M. 2012. Modeling forest trees and stands. Springer, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 880).
- Clutter, J.L.; Fortson, J.C.; Pienaar, L.V.; Brister, G.H.; Bailey, R.L. 1983. Timber management: a quantitative approach. Krieger Publishing Company, Malabar (Florida) (reprint ed. 1992) (ref. BUSC Intercentros: CASI 596).
- Davis, L.S.; Johnson, K.N.; Bettinger, P.S.; Howard, T.E. 2001. Forest management: to sustain ecological, economic, and social values. McGraw-Hill, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 339).
- Diéguez-Aranda, U.; Arias-Rodil, M.; Álvarez González, J.G. 2012. Prácticas de Ampliación de Dasometría con R (dispoñible no Campus Virtual de la USC).
- Diéguez-Aranda, U.; Rojo Alboreca, A.; Castedo-Dorado, F.; Álvarez González, J.G.; Barrio-Anta, M.; Crecente-Campo, F.; González González, J.M.; Pérez-Cruzado, C.; Rodríguez Soalleiro, R.; López-Sánchez, C.A.; Balboa-Murias, M.A.; Gorgoso Varela, J.J.; Sánchez Rodríguez, F. 2009. Herramientas selvícolas para la gestión forestal sostenible en Galicia. Xunta de Galicia. http://www.qforestry.com
- Weiskittel, A.R.; Hann, D.W.; Kershaw, J.A. Jr.; Vanclay, J.K. 2011. Forest growth and yield modelling. Willey-Blackwell, Oxford.
Complementaria:
- Assmann, E. 1970. The principles of forest yield study. Pergamon Press Ltd., Oxford.
- Avery, T.E.; Burkhart, H.E. 2002. Forest measurements. 5th ed. McGraw-Hill, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 703).
- Diéguez-Aranda, U.; Barrio Anta, M.; Castedo Dorado, F.; Ruiz González, A.D.; Álvarez Taboada, M.F.; Álvarez González, J.G.; Rojo Alboreca, A. 2003. Dendrometría. Fundación Conde del Valle de Salazar, Mundi-Prensa, Madrid. (ref. BUSC Intercentros: CASI 692, CASI 825, CASI 826).
- Diéguez-Aranda, U.; Castedo Dorado, F.; Barrio Anta, M.; Álvarez González, J.G.; Rojo Alboreca, A.; Ruiz González, A.D. 2005. Prácticas de Dasometría. UNICOPIA, Lugo.
- Gadow, K.v.; Real, P.; Álvarez González, J.G. 2001. Modelización del crecimiento y la evolución de los bosques. IUFRO World Series vol. 12, Vienna. (ref. BUSC Intercentros: CASI 196).
- García, O. 1995. Apuntes de mensura forestal I. Estática. Universidad Austral de Chile, Facultad de Ciencias Forestales, Valdivia. https://web.unbc.ca/~garcia/unpub/mensura.pdf
- Husch, B.; Miller, C.I.; Beers, T.W. 2003. Forest mensuration. Krieger, Malabar, Florida (ref. BUSC Intercentros: CASI 650).
- Kiviste, A.; Álvarez González, J.G.; Rojo Alboreca, A.; Ruiz González, A.D. 2002. Funciones de crecimiento de aplicación en el ámbito forestal. Instituto Nacional de Investigacion y Tecnología Agraria y Alimentaria, Ministerio de Ciencia y Tecnología, Madrid (ref. BUSC Intercentros: CASI 637, CASI 641).
- Laar, A.v.; Akça, A. 1997. Forest mensuration. Cuvillier, Göttingen (ref. BUSC Intercentros: CASI 483).
- Philip, M.S. 1994. Measuring trees and forests. 2nd ed. CAB International, Wallingford (ref. BUSC Intercentros: CASI 297).
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias transversais, desexables en calquera titulación universitaria, así como outras específicas da temática propia da materia. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias transversais:
- CT1. Capacidade de análise e síntese.
- CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
- CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
- CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
- CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
Competencias específicas:
- CE42. Capacidade para seleccionar as metodoloxías e utilizar as ferramentas adecuadas para o desenvolvemento de modelos que simulen o crecemento e a evolución de ecosistemas forestais.
- CE44. Capacidade para desenvolver modelos de crecemento e produción de plantacións forestais.
- CE45. Capacidade para incorporar nos modelos de produción os efectos das perturbacións naturais e antrópicas.
A docencia desta materia será presencial. Tras unha explicación teórica dos distintos temas, a aprendizaxe continuará coa lectura da bibliografía recomendada (que incluirá, ademais da bibliografía básica e complementaria, varios artigos escritos en inglés) e a resolución de casos prácticos. As clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral participativo, desenvolveranse nunha aula convencional coa axuda dun encerado e medios audiovisuais. As clases de prácticas, de carácter interactivo, realizaranse en grupos reducidos coa axuda dunha computadora. Tanto nunhas como noutras se traballarán as competencias específicas CE42, CE44 e CE45. As actividades de ensinanza/aprendizaxe apoiaranse no Campus Virtual da USC, que ofrece recursos docentes en Internet (repositorio de documentación, plataforma para o desenvolvemento de actividades en liña e medio de comunicación profesor/alumnado). O profesor proporá exercicios semellantes ós explicados na clase que o alumnado deberá resolver fora da aula para fortalecer o seu coñecemento e descubrir as súas dificultades coa materia. Tamén subministrará datos reais ou simulados para que o alumnado os analice de forma autónoma empregando as técnicas aprendidas na materia, e redacte informes nos que explique o traballo feito, expoña e discuta os resultados obtidos e resalte as principais conclusións. Coa realización destes traballos o alumnado traballará, ademais das competencias específicas CE42, CE44 e CE45, as competencias transversais CT1, CT2, CT3, CT6, CT10 e CT11. Os informes destes traballos de curso servirán para a avaliación continua da materia. Nas titorías atenderase ó alumnado para comentar e aclarar cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, análise de datos, preparación de traballos...).
Realizarase unha avaliación continua baseada no informe e o código de programación de varios traballos de diferente temática e complexidade que se irán propoñendo a medida que se avance no desenvolvemento da materia e deberán realizarse individualmente ou en grupo (indicarase en cada caso). Ditos informes terán que entregarse e/ou exporse na data que se especifique e só serán válidos durante o curso académico, polo que se aplicará o mesmo sistema de avaliación a todo o alumnado (aínda que sexa repetidor). Nesta materia non se concederá a dispensa de asistencia a clase.
A avaliación prevista centrarase nas competencias específicas da materia (CE42, CE44 e CE45), que son fundamentalmente instrumentais. Ó adquirilas, o alumnado mellorará de xeito implícito nas competencias transversais mencionadas anteriormente (CT1, CT2, CT3, CT6, CT10 e CT11).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións» (artigo 16 da Resolución de 15/06/2011 da USC, DOG de 21/07/2011).
Esta materia ten una carga de 3 ECTS, divididos en docencia expositiva (9 h), interactiva (12 h) e titorías (3 h). Cada hora de traballo presencial co profesor deberá ser correspondida con aproximadamente dúas horas de traballo persoal do alumnado. Isto permitirá afianzar os conceptos explicados na aula mediante o estudo dos aspectos teóricos expostos, a resolución dos exercicios propostos e a elaboración dos traballos de curso que se empregarán para a avaliación da materia.
Para un correcto seguimento da materia é preciso ter coñecementos básicos de matemáticas (cálculo diferencial e integral) e estatística (regresión lineal e non lineal). Tamén é preciso coñecer os fundamentos da linguaxe e entorno de programación para análise estatística e gráfica R, que será a utilizada na resolución dos casos prácticos, polo que se recomenda ter cursado previamente a materia «Desenvolvemento de modelos e validación» da mesma Especialidade en Modelos para a Xestión Forestal deste Máster en Enxeñaría de Montes pola USC. Por outra banda, a materia require que o alumnado traballe de forma constante, xa que o avance no desenvolvemento dos contidos irase fundamentando nos temas xa explicados. Por último, a asistencia a titorías pode resultar moi interesante. para resolver as dúbidas que xurdan no estudo da materia.
Existe unha materia no campus virtual da USC co mesmo nome.
Ulises Dieguez Aranda
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ulises.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
16.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
01.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |