Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Presentar ao alumnado as ferramentas e tecnoloxías necesarias para o aproveitamento das enerxías renovables no ámbito forestal e natural
Radiación solar. Enerxía solar fotovoltaica: células solares, compoñentes dos sistemas fotovoltaicos, dimensionado de instalacións ailladas e conectadas á rede. Enerxía solar fototérmica: paneis solares, compoñentes de instalacións, dimensionado de instalacións. Enerxía eólica: principios de conversión, avaliación de recursos, selección de emprazamentos, tipos de aeroxeradores, sistemas mecánicos e eléctricos. Control de potencia.
Estes contidos se desenvolven segundo o seguinte temario: Programa teórico:
1. Radiación solar. (1 h).
2. Enerxía solar fotovoltaica: Unión p-n. Características da célula solar. Paneis solares: tipos e tecnoloxías de fabricación. Díodos. (2 h)
3. Enerxía solar fotovoltaica: Compoñentes de los sistemas fotovoltaicos. Dimensionado de instalacións ailladas e conectadas á rede. Normativa. (2 h).
4. Enerxía solar térmica: Paneis solares. Compoñentes das instalacións. Tipos de instalacións. (2 h).
5. Enerxía solar térmica: Dimensionado de instalacións. Normativa. (1 h)
6. Enerxía eólica: Principios de conversión, avaliación de recursos, selección de emprazamentos. (2 h).
7. Enerxía eólica: Tipos de aeroxeradores, sistemas mecánicos e eléctricos. Control de potencia. (2 h).
Programa práctico:
1. Estimación da radiación solar. Cálculo de sombras. (1 h)
2. Dimensionado e simulación de instalación solar fotovoltaica aillada. (2 h).
3. Dimensionado e simulación de instalación solar fotovoltaica de bombeo de auga. (1 h).
4. Dimensionado e simulación de diversos tipos de instalacións solares térmicas (3 h).
5. Estimación potencial eólico (2 h).
Básica:
Castañer, L. 1994. Energía solar fotovoltaica. Ediciones UPC. Madrid.
Méndez Muñiz, J. 2006. Energía solar fotovoltaica. Fundación Confemetal
Fernández Salgado, J.M. 2004. Energía solar térmica en la edificación. A. Madrid Vicente.
Clark, R.N. 2014. Small Wind. Academic Press.
Messenger, R. 2010. Photovoltaic systems engineering. CRC Press.
Complementaria:
De Francisco, A. Castillo, M. 1985. Energía solar. Diseño y dimensionamiento de instalaciones.
Fernández Salgado, J.M. 2007. Guía completa de la energía solar fotovoltaica.
Ibañez Plana, J. R. Rosell Polo, J. I. Rosell Urrutia. 2005. Tecnología Solar. AMV.
Makvart, T. 1998. Solar electricity. John Willey & Sons Méndez Muñiz, J. 2006. Energía solar fotovoltaica. Fundación Confemetal.
Básicas:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de un modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Xerais:
CG5 - Capacidade para ol desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovables
Transversais:
CT1 - Capacidade de análise e sínteses.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet. CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12-Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos.
Específicas:
CE1. Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenrolamento, serradoiro e moble e para o aproveitamento de enerxías renovables
CE4. Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en enerxías renovables no medio forestal e natural.
O conxunto de actividades docentes a realizar polos estudantes se clasifican como sigue:
1. Clases expositivas: clases presenciais de teoría nas que o profesor presentará, coa axuda de medios audiovisuais os contidos do programa en líneas xerais. O obxectivo destas clases e proporcionar ao alumnado os coñecementos básicos que lle permitan abordar o estudo da materia de modo autónomo coa axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O estudante disporá do material docente na Aula Virtual da materia. CB7. CB10. CT1. CG5. CE1. CE4.
2. Clases interactivas: clases presenciais nas que o profesor realizará exercicios. O estudiante dispondrá do material depositado na Aula Virtual da materia, con obxecto de que interactúen o profesor e os estudiantes na resolución. CG5. CB7. CB10. CT1. CT2. CT3. CT5. CT6. CT9. CT10. CT11. CT12. CE1. CE4.
3. Este traballo se complementara como traballo persoal con a resolución de exercicios de forma autónoma. CB7. CB10. CG5. CT1. CT2. CT3. CT5. CT6. CT9. CT10. CT11. CT12. CE1. CE4.
4. Titorías: destinadas a discutir, comentar, clarexar ou resolver dúbidas ou cuestións relacionadas co desenvolvemento da materia.
Participación nas actividades na aula: 10 % da nota final Realización de traballos: 30 % da nota final
Realización de exercicios: 30 % da nota final Exame final escrito: 30% na nota final.
Probas escritas: CE1, CE4, CT1, CT2, CT5, CT10, CT11, CT12, CB7. CG5
Traballos e exercicios entregados: CE1, CE4, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11, CT12, CB7, CB10, CG5.
Participación na aula: CT1, CT2
Os traballos e as outras actividades realizadas deberán ser entregadas nos prazos establecidos e só terán validez durante o curso académico.
Para superar a materia é necesario que se cumpran ambos requisitos seguintes:
- obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 no exame.
- a cualificación global obtida como ponderación do exame, traballos e exercicios sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
O caso de que o estudante non superara a materia no primeiro período de avaliación, se deberá presentar ao exame final do segundo período e se conservarán as cualificacións obtidas dos exercicios e traballos. Manténdose a mesma proporción de cada proba.
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independientemente da modalidade de docencia empleada (presencial ou virtual).
No caso de non permitirse os exames presenciais o examen final será telemático.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións”.
Os alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia á clase, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, poderán facer entrega de todalas tarefas e actividades propostas ao longo do curso, xa que estarán a súa disposición nol Campus Virtual.
Traballo presencial na aula:
Clases expositivas: 9,0
Clases interactivas: 12,0
Titorías: 3,0
Actividades de avaliación: 3,0
Traballo persoal do alumno:
Lectura e preparación de temas: 22
Realización de exercicios: 10
Elaboración de traballos de curso: 10
Preparación de probas de avaliación: 6
Total: 75 horas
Asistencia regular ás clases tanto teóricas como prácticas e uso do Campus Virtual.
- Asistencia e participación nas clases.
- Dedicación regular ao estudio teórico e realización dos exercicios e cuestións propostas.
- Emprego do campus virtual tanto para a realización dos test como para a resolución de dúbidas e estudo da materia.
- Emprego das titorías para a consulta de dúbidas que xurdan do estudo da materia a medida que se necesite.
O idioma empregado será o galego.
O alumnado matriculado na materia contará con atención presencial continuada no horario de titorías nos despachos números 12 e 14 do pavillón 2, planta 2ª superior. Ademais prestarase atención a través do Campus Virtual, MSTeams e do correo electrónico dos profesores:
manuelramiro.rodriguez [at] usc.es (manuelramiro[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
mdolores.fernandez [at] usc.es (mdolores[dot]fernandez[at]usc[dot]es)
Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores.
Manuel Ramiro Rodriguez Rodriguez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- manuelramiro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Dolores Fernández Rodríguez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mdolores.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade