Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Botánica, Zooloxía
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Capacitar ao estudantado na diagnose e valoración da biodiversidade a escala territorial e no coñecemento e uso das normativas e convenios sobre conservación de especies e hábitats ameazados.
A memoria do título contempla os seguintes contidos:
Avaliación e seguimento da biodiversidade. Indicadores e elementos chave. Categorías e catálogos de especies ameazadas, hábitats e espazos protexidos. Especies invasoras e outros riscos biolóxicos.
Estes contidos serán desenvolvidos da cordo con seguinte temario:
Actividades expositivas (9 h)
Tema 1. Métodos e criterios para a análise da biodiversidade en ecosistemas. Avaliación e seguimento da biodiversidade. (Botánica e Zooloxía)(2 h.)
Tema 2. Indicadores e elementos chave. Distribución rareza e endemicidade na avaliación da biodiversidade. (Botánica e Zooloxía)(1 h.)
Tema 3. Categorías e catálogos de especies ameazadas no ámbito europeo, nacional e autonómico.(Botánica e Zooloxía) (2 h.)
Tema 4. Categorías e catálogos de hábitats e espazos protexidos no ámbito europeo, nacional e autonómico. (Botánica e Zooloxía) (2 h.)
Tema 5. Especies invasoras animais e vexetais. Aspectos normativos. Outros riscos biolóxicos. (Botánica e Zooloxía) (2 h.)
Actividades interactivas (12 h)
Seminario1: Directrices para a elaboración dun traballo sobre a materia que contemple algún dos temas específico dentro da temática xeral ofertada (1h)
Seminario 2: Visita de recoñecemento a dous proxectos de conservación in situ (fauna e flora) que se levan a cabo na estación ictiolóxica do Veral (Lugo) e no ZEC Serra do Careón (Microreserva de Flora de Barazón, Santiso, A Coruña) (Seminario complementado con outro análogo da materia Accións de Conservación en ENP) (2 h)
Práctica 1. Saída a un espazo protexido do Noroeste Ibérico para observación, caracterización e valoración da súa biodiversidade. (Actividade complementada con outra análoga da materia Accións de Conservación en ENP) (9 h).
Bibliografía básica:
Bartolomé C., Alvárez J., Vaquero J., Costa M., Casermeiro M.A., Giraldo J. & Zamora J., 2005. Los tipos de hábitat de interés comunitario de España. Ministerio de Medio Ambiente, 283 pp. Madrid
Capdevila, L. et al., 2006- Especies Exóticas Invasoras: Diagnóstico y bases para la prevención y el manejo. Ministerio Ministerio de Medio Ambiente, Organismo Autónomo Parques Nacionales
Delibes, M. 2005- La Naturaleza en peligro. Ed. Destino
European Commission Interpretation, 2013. Manual of European Union Habitats - EUR 28; European Commission. DG Environment. Nature ENV B.3: Brussels.
Loidi, J., 2017. The Vegetation of the Iberian Peninsula, vol 1. Springer. 676 pp. Cham, Switzerland
Miller G.T & Spoolman,SE., 2012. Living in the Environment, 17e. CENGAGE Learning Custom Publishing
Primack, R. B. & Ross, J., 2002. Introducción a la biología de la conservación. Ariel. Barcelona.
Tellería, J.L., 2012. Introducción a la conservación de las especies. Tundra ediciones, Valencia
UICN, 2012. Categorías y Criterios de la Lista Roja de la UICN: Versión 3.1. Segunda edición. Gland, Suiza y Cambridge, Reino Unido: UICN. vi + 34pp. Originalmente publicado como IUCN Red List Categories and Criteria: V 3.1. Second edition. (Gland, Switzerland and Cambridge, UK.
Vilà, M., Valladares, F., Traveset,A., Santamaría L. y Castro P. (coord.), 2008. Invasiones biológicas. CSIC
Bibliografía complementaria:
Bacchetta, G., A. Bueno Sánchez, G. Fenu, B. Jiménez-Alfaro, E. Mattana, B. Piotto & M. Virevaire (eds.), 2008. Conservación ex situ de plantas silvestres. Principado de Asturias/La Caixa.
Bañares, Á., Blanca, A., Güemes, J, Moreno, J.C. & Ortiz, S., 2004. Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España, 2ª ed. Dirección General para la Biodiversidad, Publicaciones del O.A.P.N., Madrid
Biodiversity Indicators Partnership, 2010. Biodiversity indicators and the 2010 Target: Experiences and lessons learnt from the 2010 Biodiversity Indicators Partnership; Secretariat of the Convention on Biological Diversity. Technical Series No. 53. Montréal, Canada.
Hawksworth, D.L., 1995. Biodiversity. Measurements and estimation. Edit. Chapman and Hall -The Royal Society. London
Hill, D, Fasham, M, Tucker, G., Shewry, M. & Shaw, P., 2007. Handbook of biodiversity methods: survey, evaluation and monitoring. Cambridge University Press, Cambridge.
Jiménez, I. & Delibes M. (eds.), 2005. Al borde de la extinción: una visión integral de la recuperación de fauna amenazada en España. EVREN. Valencia, España. 422 pp
Larsson, T.B., 2001. Biodiversity Evaluation Tools for European Forests. Ecological Bulletins, 50.; Wiley-Blackwell.
Primack RB., 2017. Essentials of Conservation Biology. 6th edición. Sinauer Associates
Peinado M., Monje L. & Martínez J.M., 2006. Manual de Geobotánica: El paisaje vegetal de Castilla-La Mancha. Junta de Castilla-La Mancha, Consejería de Medio Ambiente. Toledo.
Pineda, F.D, de Miguel, J.M., Casado, M.A. & Montalvo, J. (eds.), 2002. La diversidad biológica de España. Pearson Educación, S.A., Madrid.
Ramil-Rego, P.; et al., 2008. Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Gómez-Orellana, L & Ferreiro da Costa, J., 2012. Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: año 2012. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P., Vales, C. (Eds.), 2019. Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade.
Rivas-Martínez, 2007. Mapa de series, geoseries y geopermaseries de vegetación de España Itinera geobotanica 17: 5-435
Rivas-Martínez, S., 2011. Mapa de series, geoseries y geopermaseries de vegetación de España. Memoria del mapa de vegetación potencial de España. Parte II. Itinera Geobotanica 18(1): 5-800.
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB6: Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miudo nun contexto de investigación.
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9: Que los estudantes saiban comunicar as súas conclusións - e os coñecementos e razón últimas que as sustentan – a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades.
CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CX2 Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento y a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua extranxeira.
CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CE28 Coñecemento dos indicadores e elementos chave de biodiversidade.
CE29 Manexo dos instrumentos de avaliación de biodiversidade en espazos naturais protexidos
CE30 Capacidade de análise da biodiversidade (especies e hábitats) para a planificación e realización de accións de conservación en espazos naturais protexidos.
CE31 Elaboración e presentación de informes sobre biodiversidade en espazos naturais protexidos
Leccións maxistrais. Serán presenciais e participativas co apoio das ferramentas TICs. As clases teóricas consistirán na exposición dos conceptos principais e a aprendizaxe no uso dos recursos que permitan ao alumnado a adquisición das competencias.
Prácticas de laboratorio. Se abordará o recoñecemento e a caracterización dos principais atributos biolóxicos das especies invasoras con énfase na súa capacidade reprodutiva e colonizadora así como na súa afectación ao medio. No caso de imposibilidade material de levala a cabo, formularanse actividades alternativas.
Práctica de campo. Se realizará unha visita a un espazo natural. Da práctica o estudantado deberá entregar un informe no cal exporá de forma crítica e razoada os principais aspectos contemplados relacionados cos tópicos da materia.
Os seminarios estarán enfocados á realización dun traballo, no que se consultará e citarán artigos científicos de referencia publicados en inglés, e a coñecer dous proxectos de conservación da biodiversidade na contorna de Lugo (Veral e Santiso). En ambos casos se expoñerán e discutirán os aspectos particulares do desenrolo dos proxectos visitados así como dos temas específicos vinculados cos traballos seleccionados polos alumnos facendo especial fincapé na súa estrutura, enfoque, desenrolo, bibliografía etc.
En caso de imposibilidade material para realizar estas viaxes, se realizarán actividades interactivas alternativas cubrindo os aspectos formativos do seminario e da viaxe de práctica
Utilización da aula virtual. Na aula virtual se volcarán contidos de apoio (bibliografía, audiovisuais, artigos científicos, documentos técnicos, etc.) así como os respaldos das clases en formato pdf. Tamén se expoñerá o calendario de actividades e comunicaranse os resultados das avaliacións e as diversas incidencias que poidan xurdir.
Dado que as actividades teñen carácter presencial, realizarase un seguimento da asistencia e participación do alumnado nas diferentes actividades.
Para aprobar a materia é preciso superar a proba de teoría, asistir as prácticas, e entregar e defender os traballos e informes requiridos. Os sistemas de avaliación, o peso de cada parte na cualificación final e as competencias avaliadas se indican a continuación:
Clases expositivas e interactivas: a asistencia e obrigatoria. Participación e asistencia (5%).
Probas orais e/ou escritas presenciais vinculadas a cada bloque temático (zooloxía e botánica), e que serán realizadas seguindo o enfoque de avaliación continua (40%): competencias CB6, CB7, CB9, CT1, CT2, CT3, CT12, CE28, CE29, CE30.
Traballos entregados e/ou expostos de xeito presencial, e participación nos foros de discusión (35% traballo de seminario e 20% informe de prácticas): competencias CB7, CB10, CX2, CT1, CT5, CT6, CT10, CT11, CT12, CE29, CE30, CE31.
No caso de non superar algunha das actividades de avaliación ao longo do curso, o estudantado terá unha segunda oportunidade para calquera delas.
A asistencia as clases expositivas e interactivas é obrigatoria. A dispensa de asistencia, en casos xustificados, só se concederá para as actividades expositivas; neste caso a súa avaliación realizarase a partir do exame final cun porcentaxe de 45%. As actividades interactivas seguirán o mesmo proceso de avaliación que o levado polo resto do alumnado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das cualificacións.
A materia consta de 3 créditos ECTS (27 horas presenciais) cunha carga total de traballo autónomo do alumnado de 48 horas. A distribución de horas para cada actividade móstrase a continuación:
Clases expositivas: 9 h
Clases interactivas: 12 h distribuídas en 10 h de prácticas de campo e laboratorio y 2 h de seminario
Actividades de avaliación: 3 h
Outras actividades (Traballo en grupo...): 3 h
Total horas presenciais: 27 h
Traballo autónomo do alumnado:
Lectura e preparación de temas: 18 h
Preparación e elaboración de traballos e informes: 20 h
Preparación probas de avaliación: 10 h
Total horas traballo autónomo: 48 h
Total horas traballo alumnado: 75 h
Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas.
Utilizar os recursos informáticos propostos e consultar na biblioteca a bibliografía aportada.
Contingency plan
In accordance with the agreement of the USC Governing Committee of 30 April 2021, which regulates the bases for the development of teaching during the 2021-2022 academic year, and in order to minimize the impact of a possible resurgence of COVID-19, contingency plans are included that consider scenario 2 (distance) and scenario 3 (closure of the facilities).
In all cases involving attendance, the recommended hygienic and sanitary measures will be taken (hydrogel, obligatory use of masks and minimum safety distance between people).
All the prevention measures decreed by the USC for these two scenarios must be complied with, and class attendance will not be allowed if these rules are not followed.
The adaptations of the subject in case teaching cannot be carried out in Scenario 1 only affect the sections Teaching Methodology and Assessment, and consider Scenarios 2 (distancing) and 3 (closure of the facilities).
METHODOLOGY
Scenario 2:
The expository classes, the seminars and the tutorials will be taught telematically and preferably synchronously, through the ICT tools (virtual classroom, Teams, Skype, messaging, corporate email, etc.), and following the agenda.
The seminars, the contents and the design of the works that the students will do will also be organized using the ICT tools.
Laboratory practice and field practice remain the same as in scenario 1. In laboratory practice, the recommended distance between students will be maintained and work will be done individually. If the practices cannot be carried out, they will be replaced by applied cases documented via telematics (audiovisuals, documents, presentations, etc.) (see scenario 3).
Scenario 3:
In the expository classes, the seminars and tutorials will be taught telematically and preferably synchronously, through ICT tools (virtual classroom, Teams, Skype, messaging, corporate email, etc.), and following the agenda.
The practices will be replaced by applied cases documented via telematics (audiovisuals, documents, presentations, etc.).
They will be debated and discussed using the forum and other virtual classroom tools. To do this, the teachers will propose hypotheses and topics centered on conservation and biodiversity.
ASSESMENT
Scenario 2:
The telematics monitoring of the theoretical and seminar classes is compulsory (5%) and will be carried out through the ICT tools (Teams, Virtual Classroom, corporate mail, etc.).
As progress is made in the exposition of the theoretical contents, there will be continuous electronic assessment tests linked to each content block (40%)
The evaluation of the seminar activities (development, content and defense of the works electronically: 40%), and participation and delivery of practice report 15%.
Scenario 3:
The evaluation system for this scenario will be continuous and telematic; this time it includes the monitoring of the discussions related to the practical activities proposed in the virtual classroom.
The percentage weight of each part in the evaluation will be the same as in the other scenarios.
In the case of fraudulent tests or exercises, the present regulation at the USC for academic assessment and qualifications will be applied.
Joaquin Gimenez De Azcarate Cornide
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- joaquin.gimenezdeazcarate [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Paz Ondina Navarret
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- mapaz.ondina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |
20.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |