Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Na Memoria verificada da titulación establécense como resultados da aprendizaxe vinculados a esta materia a formación sobre as diferentes alternativas de aproveitamento dos recursos dentro dos Espazos Naturais Protexidos (ENP), facendo especial mención nas opcións respectuosas co medio e que se achegan máis ao concepto de xestión sostible, así como naquelas outras que non son compatibles cos criterios de conservación.
De maneira máis concisa, os principais obxectivos que se pretenden acadar coa impartición desta materia son:
- Coñecer as características dos sistemas tradicionais de aproveitamento dos recursos nos Espazos Naturais Protexidos.
- Coñecer as limitación dos usos e aproveitamentos dos recursos naturais nas diferentes figuras legais de protección de Espazos Naturais.
- Coñecer diferentes alternativas e estratexias de potenciación do aproveitamento sostible dos recursos en Espazos Naturais Protexidos.
Ao longo do desenvolvemento das actividades académicas vinculadas con esta materia, desenvolveranse os seguintes contidos (indícase para cada un deles o número de horas de docencia presencial estimada):
- Sistemas tradicionais de aproveitamento dos recursos nos Espazos Naturais Protexidos (3 h).
- Sistemas de produción compatibles coa conservación nos Espazos Naturais Protexidos: sistemas silvopastorais; aproveitamentos madeireiros, recursos forestais non madeireiros, recursos vexetais de valor cultural e etnográfico; recursos agrícolas, recursos cinexéticos, piscícolas e marisqueiros (3 h).
- Limitacións produtivas e de aproveitamento en relación coa conservación. Aproveitamentos non compatibles coa conservación en Espazos Naturais Protexidos (3 h).
- Estratexias de potenciación dos usos e aproveitamentos compatibles coa conservación (3 h).
Estes contidos desenvolveránse a traveso do seguinte Programa da Materia:
Programa teórico
Tema 1. A sostibilidade produtiva e conservación. Limitacións legais ao aproveitamento dos recursos nos ENP.
Tema 2. Os sistemas tradicionais de aproveitamento dos recursos e a biodiversidade. Efectos dos sistemas produtivos sobre os ecosistemas. Os hábitats seminaturais.
Tema 3. Principais sistemas tradicionais de aproveitamento dos recursos no NW ibérico: descrición e estado actual.
Tema 4. Sistemas produtivos e aproveitamentos dos recursos compatibles coa conservación (I): sistemas silvopastorais, aproveitamentos forestais madeireiros, aproveitamentos forestais non madeireiros.
Tema 5. Sistemas produtivos e aproveitamentos dos recursos compatibles coa conservación (II): Recursos agrícolas, recursos cinexéticos, piscícolas e marisqueiros. Recursos vexetais de valor cultural e etnográfico.
Tema 6. Sistemas produtivos e aproveitamentos dos recursos compatibles coa conservación (III): Recursos enerxéticos, hídricos e do subsolo.
Tema 7. Estratexias de potenciación dos usos e aproveitamentos compatibles coa conservación. agricultura ecolóxica, selos de calidade, denominacións xeográficas protexidas, certificación forestal, redes de establecementos de hostalería cualificados, planos de excelencia turística, etc.
Programa práctico
Dentro do horario dedicado a clases interactivas realizarase unha viaxe de prácticas para coñecer as limitacións legais ao aproveitamento dos recursos existentes dentro dun ENP, a problemática socio-económica que isto xera e as iniciativas desenvolvidas para a potenciación de usos e aproveitamentos compatibles co mantemento dos seus valores naturais. Esta actividade realizarase de maneira conxunta coa materia “P4171203 Criterios de deseño de espazos naturais protexidos”. Os estudantes deberán de entregar dentro do prazo que se estipule un informe sobre os principais aspectos tratados durante a realización desta actividade.
Bibliografía básica
- Acceso a los recursos genéticos y participación justa y equitativa en los beneficios que se deriven de su utilización Decisión X/1 adoptada por la Conferencia de las Partes en el Convenio Sobre la Diversidad Biológica en su décima reunión (COP10), Nagoya, Japón, 18–29 octubre 2010. (Descarga: https://www.cbd.int/doc/decisions/cop-10/cop-10-dec-01-es.pdf).
- Aplicación del Convenio y el Plan Estratégico. Decisión X/5 adoptada por la Conferencia de las Partes en el Convenio Sobre la Diversidad Biológica en su décima reunión (COP10), Nagoya, Japón, 18–29 octubre 2010. (Descarga: https://www.cbd.int/doc/decisions/cop-10/cop-10-dec-05-es.pdf).
- Convenio sobre la Diversidad Biológica (1992): Organización de las Naciones Unidas. Texto en Castellano (Descarga: https://treaties.un.org/doc/Publication/UNTS/Volume%201760/v1760.pdf).
- Plan Estratégico para la Diversidad Biológica 2011-2020 y las Metas de Aichi para la Diversidad Biológica Decisión X/2 adoptada por la Conferencia de las Partes en el Convenio Sobre la Diversidad Biológica en su décima reunión (COP10), Nagoya, Japón, 18–29 octubre 2010. (Descarga: https://www.cbd.int/doc/decisions/cop-10/cop-10-dec-02-es.pdf).
- Dans del Valle, F. & Molina Martínez, B. (Coords.)(2005): O monte galego segundo criterios de xestión sostible: 255-278. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia-Asociación Forestal de Galicia
- Ferreiro da Costa, J., Ramil-Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., López Castro, H., Oreiro Rey, C., Gómez-Orellana, L. & Fernández Bouzas, J.A. 2022. Galician Atlantic Islands National Park: Challenges for the Conservation and Management of a Maritime-Terrestrial Protected Area. In: M. N. Suratman (Edr.): Protected Area Management: 23 pp. London. UK. DOI: 10.5772/intechopen.101844.
- MAGRAMA (2000): Plan Estratégico Español para la Conservación y el Uso Racional de los Humedales, en el marco de los ecosistemas acuáticos de que dependen.
- Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino (2011): Real Decreto 1274/2011, de 16 de septiembre, por el que se aprueba el Plan estratégico del patrimonio natural y de la biodiversidad 2011-2017, en aplicación de la Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad.
- Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino (2012): Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. BOE núm. 299, de 14 de diciembre de 2007. Texto Consolidado. Última modificación: 20 de diciembre de 2012.
- Ministerio para la Transición Ecológica (2018): Códigos electrónicos. Código de Parques Nacionales. Edición actualizada a 1 de octubre de 2018. Organismo Autónomo Parques Nacionales. Descarga: https://www.boe.es/legislacion/codigos/.
- Xunta de Galicia. 2014. Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. DOG 62, 31/03/2014. (Descarga: www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20140331/AnuncioCA02-270314-0001_gl.p…).
- Xunta de Galicia. 2019. Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. DOG Núm. 149 de Mércores, 7 de agosto de 2019. Consellería da Presidencia.
Bibliografía complementaria
- Junta de Andalucía (2011): Estrategia Andaluza de Gestión Integrada de la Biodiversidad. Consejería de Medio Ambiente.
- Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Hinojo Sánchez, B.A., Rodríguez González, P.M., Ferreiro da Costa, J., Rubinos Román, M., Gómez-Orellana, L., de Nóvoa Fernández, B., Díaz Varela, R.A., Martínez Sánchez, S. & Cillero Castro, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. 189 pp. Accesible en: http://www.ibader.org/archivos/docs/Monografias_Ibader2.pdf
- Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Ferreiro da Costa, J., Rubinos Román, M., Gómez-Orellana, L., de Nóvoa Fernández, B., Hinojo Sánchez, B.A., Martínez Sánchez, S., Cillero Castro, C., Díaz Varela, R.A., Rodríguez González, P.M. & Muñoz Sobrino, C. (2008): Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Fichas descritivas. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. 627 pp. Accesible en: http://www.ibader.org/archivos/docs/Monografias_Ibader3.pdf
- Romero Franco, R. & Rodríguez Guitián, M.A. (2007): Plantas medicinales y aromáticas. Aprovechamiento en la Cordillera Cantábrica. En: Uso sostenible y conservación en la Cordillera Cantábrica ¿es posible un acuerdo?: 117-123. Serie Cantábrica. Volumen 1. Plataforma para la defensa de la Cordillera Cantábrica. Oviedo.
- Romero Franco, R. & Rodríguez Guitián, M.A. (2011): 17. Aproveitamentos tradicionais. En: A. Rodríguez Guitián & A. Rigueiro Rodríguez (Coords.): Os faiais de Galicia: ecoloxía e valor ambiental: 429-447.
Bibliografía complementaria en lingua inglesa
- Cartagena Protocol on Biosafety to the Convention on Biological Diversity. Montreal, 29 January 2000. Multilateral, authentic texts: Arabic, Chinese, English, French, Russian and Spanish. Registered 11/09/2003. United Nations - Treaty Series (2005). Vol. 2226. (Accesible en: https://treaties.un.org/doc/Publication/UNTS/Volume%202226/v2226.pdf).
- Jones, E.T., McLain, R.J. & Weigand, J. (2002): Nontimber Forest Products in the United States. University Press of Kansas.
- Merino, A., Real, C. & Rodríguez-Guitián, M.A. (2008): Nutrient status of managed and natural forest fragments of Fagus sylvatica in southern Europe. Forest Ecology and Management 255: 3.691-3.699.
- McCool, S. & Lime, D. 2001. Tourism carrying capacity: tempting fantasy or useful reality? Journal of Sustainable Tourism 9(5):372-388.
- Piñeiro-Chousa J, López-Cabarcos MÁ, Romero-Castro N, Vázquez-Rodríguez, P. 2021. Sustainable tourism entrepreneurship in protected areas. A real options assessment of alternative management options. Entrepreneurship and Regional Development 33(3-4):249-272.
Nesta materia o alumno adquirirá ou poñerá en práctica unha serie de competencias básicas, inherentes a calquera titulación universitaria, e específicas vinculadas aos obxectivos propios da materia. Dentro do cadro de competencias que incorpora a ficha correspondente a esta materia dentro da memoria verificada da titulación, inclúense as seguintes competencias:
Competencias básicas e xerais
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais i éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser, en gran medida, autodirixido ou autónomo.
CG2 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
Competencias transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en linguas estranxeiras.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas
CE3 - Capacidade para a planificación e ordenación territorial
CE6 - Comprensión da función dos actores nos procesos e evaliación da coherencia dos procesos seguidos na toma de decisións
CE8 - Comprensión dos valores ambientais e funcións ecolóxicas desempeñadas polas áreas protexidas e as paisaxes culturais
CE10 - Comprensión das relacións entre a sociedade humana e o sistema ecolóxico no uso dos recursos naturais
CE11 - Comprensión das técnicas de análise territorial e das capacidades das ferramentas xeomáticas
CE23 - Formación sobre as diferentes alternativas de aproveitamento dos recursos dentro dos Espacios Naturais Protexidos, facendo especial énfase nas opcións respetuosas co medio e que se achegan máis ao concepto de xestión sostible, así como naquelas outras que non son compatibles cos criterios de conservación.
CE51 - Coñecemento sobre limitacións legais de usos e aproveitamentos derivadas de normativa ambiental e de instrumentos de planificación dentro de Espazos Naturais Protexidos.
CE52 - Capacidade para valorar os efectos negativos de determinadas formas de aproveitamento dos recursos sobre os elementos de interese para a conservación en Espazos Naturais Protexidos.
CE53 - Capacidade para propoñer medidas correctoras que minimicen ou eliminen os efectos negativos de determinados usos e actividades sobre elementos chave para a conservación en Espazos Naturais Protexidos.
A metodoloxía de ensinanza susténtase en clases teóricas (maxistrais), clases interactivas (viaxe de prácticas) e a valoración do esforzo individual relacionado coa confección dun traballo obrigatorio. A totalidade das actividades docentes desenvolvidas dentro desta materia considéranse de carácter presencial.
As clases teóricas presentan unha síntese actualizada do conxunto de coñecementos dispoñibles sobre as limitacións de usos e aproveitamentos que establece o corpus legal vixente na UE, o Estado Español e a Comunidade Autónoma de Galicia, así como as estratexias e liñas de actuación preferente en materia de compatibilización do uso dos recursos naturais e a conservación da biodiversidade. A traveso da Plataforma do Campus Virtual da USC se proporcionará aos estudantes documentación relativa ao desenvolvemento dos contidos impartidos nas clases teóricas que poderá ser utilizada na proposta de exercicios ou estudos de caso. Estas actividades académicas están relacionadas coa avaliación das competencias CB7, CB8, CT1, CT2, CT4 e CT7.
A parte dedicada a prácticas desenvolverase mediante unha viaxe de prácticas orientada a coñecer as limitacións existentes dentro dun ENP con relación ao aproveitamento dos seus recursos naturais así como as iniciativas desenvolvidas para a potenciación daqueles usos compatibles co mantemento dos seus valores naturais. Esta actividade académica está relacionada coa avaliación das competencias CG2, CT1, CE23, CE51, CE52 e CE53.
As partes teóricas e prácticas complementaranse coa elaboración dun traballo individual que consistirá na detección de problemas de conservación dentro dun ENP en relación cos usos e aproveitamentos non acordes co seu estatus legal e a proposta de alternativas destinadas a eliminar/minimizar os efectos negativos causados por ditos usos sobre os recursos naturais. Ao inicio do curso proporcionaráselles aos estudantes un guión de elaboración e maquetado do traballo ao que poderán acceder desde a Plataforma do Campus Virtual da USC. Esta actividade académica está relacionada coa avaliación das competencias CB6, CB8, CB9, CB10, CT1, CG2, CT9, CT10, CT11, CT12, CE23, CE51, CE52 e CE53.
A avaliación será continua e escalar. Os criterios de avaliación terán en conta a asistencia (pasarase diariamente á sinatura un listado dos estudantes matriculados) e participación nas clases teóricas e prácticas, a cualificación obtida nos exercicios realizados sobre os contidos da materia e a viaxe de prácticas e a redacción e exposición do traballo obrigatorio, dentro do cal deberán de incluírse, obrigatoriamente, referencias bibliográficas en lingua inglesa. A aportación de cada un dos sistemas de avaliación citados á cualificación final da materia seguirá o seguinte reparto:
Sistema de avaliación Competencias avaliadas Ponderación mínima (%) Ponderación máxima (%)
Participación nas actividades da aula CB7, CB8, CT1, CT2, CT4, CT7 0.0 5.0
Realización de exercicios e informe sobre a viaxe de prácticas CB7, CB8, CT1, CT3, CT4 CT5, CT6, CT8 0.0 10.0
Aproveitamento das prácticas CG2, CT1, CE23 0.0 15.0
Entrega e exposición do traballo da materia CB6, CB8, CB9, CB10, CT1, CG2, CT9, CT10, CT11, CT12, CE23, CE52, CE52, CE53 50.0 70.0
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas ao aire libre que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente. Ademais, os estudantes deberán de presentarse nas datas establecidas oficialmente de primeira e segunda oportunidade para realizar unha proba escrita sobre os contidos da materia ou presentar o traballo obrigatorio da materia.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, e en particular para os de realización fraudulenta de exercicios ou probas, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Establécese a seguinte asignación de horas de traballo persoal que cada estudante debe levar adiante para superar a materia:
Traballo persoal do estudante Horas
Lectura e preparación de temas 12
Realización de exercicios e informes 8
Elaboración de traballos de curso (individual) 28
TOTAL 48
Recomendase asistir con regularidade ás actividades académicas programadas para esta materia; do mesmo xeito, recoméndase que, unha vez se inicie o período lectivo establecido para o desenvolvemento da materia, os estudantes realicen o antes posible a escolla da área na que teñen previsto realizar o traballo.
Recoméndase aos estudantes o acceso e utilización da información relacionada cos contidos desta materia que se atopa aloxada na páxina web institucional do IBADER (ibader.gal). Do mesmo xeito, os estudantes deberán consultar regularmente o espazo correspondente a esta materia que se atopa aloxado na Plataforma Virtual da USC, ao fin de consultar os materias e recursos docentes e complementarios que se irán aloxando periodicamente neste medio.
Calquera dúbida poderá ser resolta de xeito presencial dentro do horario oficial de titorías do profesor encargado da docencia desta materia ou mediante consulta enviada ao correo electrónico: manuelantonio.rodriguez [at] usc.es (manuelantonio[dot]rodriguez[at]usc[dot]es). Tamén se contempla, se existen causas xustificadas, a realización de titorías virtuais mediante o software Teams ou similar.
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
25.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |