Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 10 Total: 22
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer os procesos de seguimento e control do proxecto. Técnicas para o seguimento do avance en custo e prazo: técnica do valor gañado (Earned Value Management). Curvas de avance e prognósticos para a finalización do proxecto.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Técnicas de valor gañado
Curvas de avance do proxecto
Reprogramaciones
Estes contidos desenvolveranse acorde ao seguinte temario:
I.- SESIÓNS EXPOSITIVAS. (9 h)
Tema 1.- Procesos da xestión de custos (1h)
Tema 2.- Estimación de custos das actividades (1h)
Tema 3.- Liñas basees do proxecto: cronograma e orzamento (1h)
Tema 4- Introdución ao seguimento do proxecto (1 h)
Tema 5.- Medición do avance do proxecto (1h)
Tema 6.- Técnica do valor gañado. Métricas (1h)
Tema 7.- Técnica do valor gañado. Índices (1h)
Tema 8.- Técnica do valor gañado. Estimacións (1h)
Tema 9.- Técnica da programación gañada (1h)
II.- SESIÓNS INTERACTIVAS (10 h)
Práctica 1.- Exercicios valor gañado I (2h)
Práctica 2.- Exercicios valor gañado II (2h)
Práctica 3.- Microsoft Proyect I (2h)
Práctica 4.- Microsoft Proyect II (2h)
Práctica 5.- Microsoft Proyect III (2h)
III.- TUTORIAS EN GRUPO Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas expostas polos alumnos sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e/o prácticas
Bibliografía básica
Amiama, C. (2016). Gestión de proyectos con Microsoft Office Project 2003. Unicopia
Amiama, C. (2012). Planificación, seguimiento y control de proyectos con Openproj. COIAGA.
Comisión Europea (2022). Metodología PM² de gestión de proyectos. Guía 3.0.1.
PMI (2021). Guía de los fundamentos para la dirección de proyectos y el Standart para la gestión de proyectos (guía del PMBOK®) -- Séptima edición. Project Management Institute, Pensilvania.
Smith, N.J. (1995). Project Cost Estimating. Thomas Telford Publications.
Taylor, J. (2007). Project scheduling and cost control. J. Ross Publishing, Boca Raton, FL, USA.
Varios. (1985). Construction cost control. American Society of Civil Engineers (ASCE, USA).
Vieito, J.P.; Barrasa, M. (2017). Valor ganado. Guía básica. COITAL.
Ward, S.A. (1991) Cost Engineering for Effective Project Control. Wiley.
Bibliografía complementaria
Goodpasture, J.C. (2003). Quantitative methods in project management. J. Ross Publishing, Boca Raton, FL, USA
Kerzner, H. (2017). Project management case studies, Wiley
Rodriguez, J.L. (2021). Gestionar los costes y compras de las obras. Independently published.
Coñecementos:
Con05. Monitorizar o avance do proxecto e xestionar as desviacións e o control de cambios.
Habilidades / Destrezas:
H/D05 - Resolver problemas de forma efectiva
H/D06. Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais
Competencias
Comp06. Avaliar o avance da liña basee e implementar solucións para corrixir desviacións en tempo e custo.
Materia a impartir no primeiro semestre, con 9 horas expositivas e 10 horas interactivas nas que se aplicarán metodoloxías e técnicas a casos concretos. Así mesmo, contémplanse 3 horas de titorías en grupos reducidos nas que os alumnos abordarán conxuntamente problemas do temática obxecto de estudo.
Lección maxistral participativas Con05; Comp06 Seminarios Con05; Comp06
Realización de presentacións mediante computador Con05; Comp06
Resolución de problemas H/D05; H/D06; Comp06
Resolución autónoma de problemas H/D05; H/D06; Comp06
Prácticas en aula de informática H/D05; H/D06; Comp06
Traballo tutelado H/D05; H/D06; Comp06
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
Mixta con traballo fío condutor, casos prácticos e exame escrito. A cualificación do alumno é unha media ponderada, ao 30% - 30% - 40% respectivamente. En todas elas, a cualificación mínima será de 5 puntos sobre 10, conservándose as cualificacións obtidas unicamente durante o curso académico. Para superar a materia esíxese unha asistencia mínima do 75%. O non cumprimento da asistencia conlevará que, para a superación da materia, o alumno teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor. Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade. Os alumnos repetidores rexeranse polos mesmos criterios, do mesmo xeito que os que gocen de dispensa, a excepción do mínimo de asistencia en caso de cumprilo.
Traballos entregados e/o expostos (60%). Con05; H/D05; H/D06; Comp06
Proba escrita (40%). Con05; H/D05; H/D06; Comp06
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O alumno recibirá 9 horas de sesións expositivas (SE) e participará en 10 horas de sesións interactivas (SE), das cales 4 horas son de seminario e 6 horas de aula informática, e noutras 2 horas será avaliado. Ademais, contemplaranse 3 horas presenciais de titorías en grupos reducidos (TGR). As titorías individuais (TI) realízanse a demanda por parte do estudante. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver un traballo non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos da materia, preparando as probas escritas obxecto de avaliación. A estas tarefas dedicaranse 51 horas de traballo persoal.
Asistencia a todas as actividades docentes.
Consulta da bibliografía recomendada.
Participación activa nas clases e uso das titorías
Martin Barrasa Rioja
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- martin.barrasa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Amiama Ares
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- carlos.amiama [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 (Aulario 4) |
21.11.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |