Créditos ECTS Créditos ECTS: 18
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 306 Horas de Titorías: 18 Clase Expositiva: 54 Clase Interactiva: 72 Total: 450
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemáticas, Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Xeometría e Topoloxía, Análise Matemática
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Realización do Traballo Fin de Máster correspondente ao Máster en Matemáticas.
A xestión do Traballo Fin de Máster rexerase por la normativa xeral da universidade:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/normativa/xestionac…
Traballo Fin de Máster.
Procedemento para inicio da elaboración do TFM.
Modalidade 1
O estudante remitirá ao Coordinador do programa antes do 15 de outubro:
a) Nome, apelidos do estudante.
b) Nome, apelidos do titor.
c) Liña ou grupo de investigación, no seu caso, ao que se adscribe o TFM
d) Título provisional do traballo
Modalidade 2
O coordinador proporá a principio de curso unha relación de liñas e titores dispoñibles.
No prazo de un mes os estudantes que opten pola segunda modalidade remitirán ao coordinador unha lista ordenada de liñas e titores por orde de preferencia. No caso de que varias solicitudes concorran no mesmo traballo, terase en conta o expediente académico.
A Comisión Académica procederá ao nomeamento dos distintos titores e cotutores antes do final do mes de Outubro.
Non é posible especificar unha bibliografía xeral válida para todos os Traballos Fin de Máster que se van desenvolver.
A bibliografía específica de cada traballo estará especificada nas diferentes propostas de proxectos aprobadas pola Comisión de Académica do Máster.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS
XERAIS
• CG01 - Introducir na investigación aos e as estudantes, como parte integrante dunha formación profunda, preparándoos para a eventual realización posterior dunha tese de doutoramento.
• CG02 - Adquisición de ferramentas matemáticas de alto nivel para diversas aplicacións cubrindo as expectativas de graduados en matemáticas e outras ciencias básicas.
• CG03 - Coñecer o amplo panorama da matemática actual, tanto nas súas liñas de investigación, como en metodoloxías, recursos e problemas que aborda en diversos ámbitos.
• CG04 - Capacitar para a análise, formulación e resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos, dentro de contextos máis amplos.
• CG05 - Preparar para a toma de decisións a partir de consideracións abstractas, para organizar e planificar e para resolver cuestións complexas.
BÁSICAS
• CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
• CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
• CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
• CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
• CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
3.2 COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
• CT01 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos de Matemáticas, incluíndo o acceso por Internet.
• CT02 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
• CT03 - Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios.
3.3 COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
• CE01 - Capacitar para o estudo e a investigación en teorías matemáticas en desenvolvemento.
• CE02 - Aplicar as ferramentas da matemática en diversos campos da ciencia, a tecnoloxía e as ciencias sociais.
• CE03 - Desenvolver as habilidades necesarias para a transmisión da matemática, oral e escrita, tanto no que respecta á corrección formal, como en canto á eficacia comunicativa, salientando o uso das TIC apropiadas.
Non parece razoable establecer unha metodoloxía xeral válida para todos os Traballos Fin de Máster que se van desenvolver. A metodoloxía específica de cada Proxecto estará indicada nas diferentes propostas dos traballos aprobadas pola Comisión Académica do Máster.
A avaliación dos Traballos Fin de Máster realizarase mediante a defensa pública ante un tribunal proposto pola Comisión Académica da titulación.
A Comisión Académica do Máster indicará as condicións necesarias para poder realizar a presentación do Traballo Fin de Máster.
O tribunal ou tribunais dos TFM estará composto por tres profesores das áreas encargadas da docencia do Máster, excluídos os titores dos TFM presentados. A comisión será nomeada pola comisión académica o comezo do segundo cuadrimestre, unha vez determinada a lista de titores.
A materia ten 18 créditos. O número de sesións co titor necesarias dependerá do tipo de TFM. Un traballo constante e regular será necesario para completar un bo traballo.
Cada director/a de un traballo fará as recomendacións que considere oportunas ao seu estudante.
Para iniciar o Traballo de Fin de Máster será necesario superar todas as materias obrigatorias do primeiro cuadrimestre. Cada proposta de Traballo de Fin de Máster podería incluír indicacións sobre materias optativas relacionadas que sería aconsellable cursar por parte do alumno. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título. O Traballo de Fin de Máster poderá ser presentado en ambos os cuadrimestres. A Comisión Académica da titulación é a responsable de velar polo correcto desenvolvemento de todos os aspectos relacionados con esta materia.