Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 6 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Departamento externo vinculado ás titulacións, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Química Analítica, Área externa M.U en Investigación Química e Química Industrial, Toxicoloxía
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Adquirir unha visión global dun laboratorio de análises clínicos e toxicolóxicos.
- Coñecer as similitudes e diferencias entre os especímenes clínicos e toxicolóxicos.
- Coñecer os métodos máis importantes de análise e detección de compostos de interese clínico e toxicolóxico
- Ser capaz de avaliar criticamente as variacións analíticas de resultados de laboratorio.
- Ser capaz de interpretar os resultados de análises clínicos e toxicolóxicos.
-Aprender a xestionar casos clínicos dende unha perspectiva químico-analítica.
-Aprender a xestionar casos forenses dende unha perspectiva toxicolóxico-analítica.
Os contidos dividiranse en dous bloques:
Expositivas
Bloque 1: Análises Clínicos
- Mostras clínicas e características da Fase Preanalítica.
- Instrumentación e automatización no laboratorio clínico.
- Métodos de análise de compostos de interese clínico e de drogas terapéuticas
- Interpretación clínica básica de resultados analíticos.
Bloque 2: Análises Toxicolóxicos
- Concepto de toxicoloxía. Toxicidade. Ramas da toxicoloxía
- Mostras biolóxicas para toxicoloxía
- Investigación toxicolóxica: técnicas de screening e confirmación
- Métodos de extracción de tóxicos
- Interpretación de resultados toxicolóxicos
Seminarios:
- Casos clínicos: Analitos e Metabolismo
- Casos clínicos: Alteracións de órganos e sistemas
- Casos clínicos: Elementos de patoloxía molecular
- Toxicoloxía Analítica no Laboratorio
- Casos forenses
Principios de bioquímica clínica y patología molecular. Álvaro González Hernández. Elsevier España, 2010.
Técnicas y Métodos de Laboratorio Clínico. 3ª Edición. J.M. González de buitrago. Elsevier España, 2010.
Bioquímica Clínica. 7ª Edición. W.J. Marshall, S.K. Bangert & M. Lapsley. Elsevier, 2012.
Bioquímica Clínica. 5ª Edición. Allan Gaw y otros. Elsevier España, 2015.
Toxicología Fundamental. 4ª Edición. M. Repetto Jiménez y G. Repetto Kuhn. Díaz de Santos, 2009.
Complementaria.
Fundamentos de Toxicología C.D. Klaasen y J.B. Watkins III. McGraw-Hill Interamericana; Madrid, 2005
Competencias básicas e xerais.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinarios) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos baseados en información que, incompleta ou limitada, inclúe reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os últimos coñecementos e razóns que os apoien a audiencias especializadas e non especializadas dunha forma clara e inequívoca
CG3 - Valorar a responsabilidade na xestión de información e coñecemento no campo da Química Industrial e da Investigación Química
CG6 - Aplicar correctamente novas tecnoloxías de organización e recollida de información para resolver problemas na actividade profesional
CG8 - Valorar a dimensión humana, económica, xurídica e técnica na práctica profesional, así como o impacto da química no medio ambiente e no desenvolvemento sostible da sociedade
Competencias transversais.
CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes científicos e técnicos.
CT2 - Traballar en equipo e adáptase a equipos multidisciplinarios.
CT3 - Traballar de forma autónoma e eficiente na práctica diaria de investigación ou actividade profesional.
CT4 - Apreciar o valor da calidade e da mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
Competencias específicas.
CE2 - Propoñer alternativas para resolver problemas químicos complexos das distintas especialidades químicas
CE4 - Innovar nos métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da química
CE7 - Operar con instrumentación avanzada para análise química e determinación estrutural
CE8 - Analizar e utilizar datos obtidos de forma autónoma en experimentos de laboratorio complexos, relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas adecuadas e incluíndo o uso de fontes bibliográficas primarias.
Clases presenciais teóricas. Clases expositivas complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual.
Seminarios realizados con profesorado propio do máster ou con profesionais invitados da empresa, a administración ou outras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos alumnos. Ademais se realizará polo menos unha visita de campo a un laboratorio clínico ou toxicológico.
Exposición oral de traballos, informes, etc..incluíndo debates con profesores e alumnos.
Estudio persoal baseado nas diferentes fontes de información.
Realización das diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñecementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes.
A avaliación constará de dúas partes:
- Avaliación continua (30 %), que pode consistir en:
• Exercicios e casos clínicos entregados á profesora
• Realización e exposición en clase de traballos programados (individual ou en grupo)
• Traballo nas titorías
- Exame final (70 %): o exame final versará sobre aspectos teóricos e aplicados da materia.
O alumno deberá asistir polo menos ao 70% das clases presenciais: expositivas, seminarios e titorías. A avaliación continua non se pode realizar correctamente se o alumno non asiste á clase; idealmente, debería participar activamente no desenvolvemento de todas as actividades presenciais.
A cualificación do alumno será a obtida ponderándo a do examen final coa da avaliación continua; aínda que para ter opción á ponderación é necesario ter unha nota mínima de 4 sobre 10 puntos no exame final. A calificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderandoa coa evaluación continua.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases presenciais teóricas 17
Seminarios presenciais 6
Titorías programadas presenciais 1
Estudio autónomo individual do alumno 51
-É altamente recomendable asistir ás clases expositivas dende o primeiro día.
-É importante manter o estudo da materia “ao día”.
-Unha vez rematada a lectura dun tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as cuestións básicas que se deben lembrar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
-A discusión de casos clínicos é moi recomendable para o aprendizaxe desta materia.
Estará operativa unha aula virtual na plataforma Moodle (Campus Virtual da USC, https://cv.usc.es/ )a disposición do alumnado que servirá de repositorio do material necesario para o correcto desenvolvenmento da materia así como canle de comunicación cos alumnos. Adicionalmente, poderá estar operativo outro canle de comunicación directa a través da aplicación MS-Teams.
Inés Sánchez Sellero
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- ines.sanchez.sellero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Lores Aguin
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814386
- Correo electrónico
- marta.lores [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Maria Bermejo Barrera
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Teléfono
- 881812206
- Correo electrónico
- anamaria.bermejo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Remedios Guzmán Guillén
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Investigación Química e Química Industrial
- Correo electrónico
- rguzman1 [at] us.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.14 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |