Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Área externa M.U en Acuicultura (3ª ed), Xenética
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as enfermidades xenéticas máis comúns que teñan importancia en especies con interese na acuicultura.
Coñecer os mecanismos de determinación sexual en especies con interese para a acuicultura.
Ter uns coñecementos básicos de xenómica e proteómica e a súa aplicación á mellora dos procesos produtivos en acuicultura.
Comprensión dos efectos xenéticos dos catro factores evolutivos: mutación, migración, deriva xenética e selección natural.
Análise do efecto dos carácteres cuantitativos na mellora das especies de acuicultura.
Adquirir uns coñecementos básicos para a análise da variabilidade xenética e o seu emprego na xestión e conservación de recursos acuícolas.
Tema 1: A herdanza dos caracteres mendelianos e a determinación do sexo
Cromosomas, loci e alelos. Patróns de herdanza de caracteres cualitativos. Herdanza da cor en peixes. Cariotipos en organismos acuáticos. Herdanza mitocondrial en especies de interés na acuicultura. Determinación xenética do sexo en organismos acuáticos (2h).
Tema 2: Xenómica e manipulación cromosómica e xénica
Xinoxénesis e androxénesis. Inducción de poliploidías en organismos acuáticos. Introdución á xenómica e proteómica. Técnicas de transferencia nuclear (3h).
Tema 3: Estudo de enfermidades xenéticas
Enfermidades e anomalías xenéticas en organismos acuáticos. Cancro e apoptose en especies de interese en acuicultura. Aplicacións da transferencia de xenes na obtención de organismos resistentes a enfermidades (1h).
Tema 4: A herdanza dos caracteres cuantitativos
A natureza da variación continua. Modelo xenético para os caracteres cuantitativos: os estudos de Johannsen e de East. Partición da varianza fenotípica: compoñentes xenético e ambiental. Concepto de heredabilidade e métodos de estimación (3h).
Tema 5: Xenética de poboacións
Concepto de poboación. Estimadores de diversidade xenética poboacional. Equilibrio Hardy-Weinberg. Axentes evolutivos. Tipos de emparellamento. Consanguinidade e parentesco. Poboacións pequenas. Xenética da conservación (3h).
Prácticas de encerado: resolución de cuestións e problemas (2h).
Prácticas de laboratorio: extracción de ADN, electroforese, dixestión enzimática e PCR (7h).
Bibliografía básica
* Beaumont, AR & Hoare, K. 2003. Biotechnology and genetics in fisheries and aquaculture. Blackwell Pub. Oxford, USA
* Falconer, D.S. & MacKay 1996. Introduction to Quantitative Genetics, Ed 4. Longmans Green, Harlow).
* Frankham, R; Ballou, JD and Briscoe, DA. 2003. A primer of Conservation Genetics. Cambridge University Press.
* Shimizu, N. et al. 2002. Aquatic genomics. Springer-Verlang Tokyo.
Bibliografía complementaria
• Allendorf, FW; Luikart, G. 2008. “Conservation and the Genetics of Populations”. Blackwell Publishing
• Conner, JK; Hartl, DL. 2004. “A Primer of Ecological Genetics”. Sinauer Associates
• Falconer, D.S. 1996. “Introduction to Quantitative Genetics”. Longmans Green, Harlow
• Frankham, DS; Ballou, JD; Briscoe, DA. 2003. “A Primer on Conservation Genetics”. CambridgeUniversity Press
• Greg Lutz 2001. “Practical Genetics for aquaculture”. Blackwell Publisihing.
• Rex A. Durham 2004. “ Aquaculture and fisheries biotechnology: Genetic approaches.CABI publishing.
http://www.perendale.com/products_documents/Aquaculture%20and%20Fisheri…
• Zhanjing (John) Liu 2007. “Aquaculture genome technologies”.Blackwell Publising
Competencias xeráis:
• CG04- Utilizar las terminologías científicas adecuadas.
• CG08- Potenciar el manejo de idiomas extranjeros.
• CG09- Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
Competencias específicas:
• CE11- Adquirir conocimientos básicos y aplicados de genética, genómica y proteómica aplicada a la acuicultura.
Competencias básicas:
• CB03- que los estudiantes sean capaces de integrar conocimientos y enfrentarse a la complejidad de la formulación de interpretaciones y juicios a partir de una información a menudo incompleta, incluyendo reflexiones sobre las responsabilidades sociales y éticas vinculadas a la resolución de problemas específicos;
• CB05- que los estudiantes posean las habilidades de aprendizaje que les permitan continuar estudiando de un modo que habrá de ser en gran medida autodirigido o autónomo.
Competencias transversais
• CT4 - Habilidad en la búsqueda, análisis e interpretación de fuentes de información variadas y en distintos idiomas (fundamentalmente inglés).
• Clases maxistrais e prácticas de lousa
Van ser a base fundamental da metodoloxía docente, nelas trataranse os contidos específicos e resolveranse problemas tipo. O desenvolvemento dos contidos efectúase coa axuda dunha presentación PowerPoint xunto con transparencias, vídeos, animacións, lousa e calquera outro material que axude e facilite a comprensión dos conceptos que se aborden.
• Boletíns de problemas
Os estudantes resolverán boletíns de problemas de complexidade crecente relacionados cos conceptos de Xenética Mendeliana, Cuantitativa e de Poboacións.
• Prácticas
Impartiranse na UDC (1 día)
Para a avaliación do estudante consideraranse distintos aspectos:
- Coñecemento dos contidos da materia: Valorarase o dominio dos conceptos chave a través dunha proba escrita (exame). Este aspecto supoñerá o 50% da avaliación total.
- Resolución de problemas e cuestiones: Valorarase a aplicación dos conceptos chave a través da resolución de dous boletíns de problemas. Este aspecto supoñerá o 20% da avaliación total.
- Prácticas de laboratorio: O profesor valorará a asistencia e realización. Este aspecto supoñerá o 15% da avaliación total.
- Asistencia e participación na aula: Valoraranse ambos aspectos, ademais inclúense diferentes cuestionarios que los estudantes enviarán ao profesor para a súa avaliación. Este aspecto supoñerá o 15% da avaliación total.
Para que o estudante poida sumar a puntuación de todos os aspectos avaliables (cada un deles ponderado polo seu peso específico), é preciso:
- Que la nota da proba escrita alcance un valor igual ou superior a 4 (o seu valor máximo é 10).
- os boletíns resoltos antes da convocatoria oficial do exame que corresponde ao primeiro semestre.
De tódolos aspectos avaliables, o exame final é a única modalidade que se pode repetir en cada convocatoria.
É importante ter en consideración que “Xenética aplicada á acuicultura” é unha materia dun perfil xeneralista e cunha profunda base crítica, por tanto, coa avaliación non se pretende determinar a capacidade memorística do alumnado, senón a súa preparación para resolver os problemas xenéticos que supón o manexo das especies.
A materia Xenética Aplicada á Acuicultura está programada considerando un total de 75 horas de traballo do estudante (3 créditos ECTS) repartidas en:
- Clases expositivas:
7h. presenciais / 14h. non presenciais
- Clases interactivas:
- Prácticas de laboratorio: 7h. presenciais / 3,5h. non presenciais
- Clases de encerado: 5h. presenciais / 10h. non presenciais
- Titorías: 3h.
Considérase que o alumno/a debe dedicar para o estudo e preparación do exame arredor de 23,5 horas de traballo individual. Por último, engádense 2h. presenciais para a realización do exame.
Para conseguir un mellor aproveitamento da materia precísanse coñecementos básicos de Bioloxía referidos a moléculas (polímeros, ligazóns químicas…), células (procariota, eucariota, orgánulos celulares, gametos, ciclo celular, división celular, diferenciación tisular…) e organismos (ciclo biolóxico, reprodución, diversidade biolóxica…). É preciso tamén un manexo razoable de conceptos de probabilidade e estatística (distribución, media, varianza, asociación entre variables e significación estatística).
Como en moitas outras materias é moi recomendable ter coñecementos básicos de informática, tanto no que se refire ao manexo dos programas habituais para elaboración e presentación de traballos (Word, PowerPoint…) como para a procura de material bibliográfico a través de Internet.
Para ter o menor número de dificultades coa materia recoméndase ao estudante:
- Preguntar todas as dúbidas que poidan xurdir durante o desenvolvemento das clases maxistrais.
- Facer os boletíns unha vez terminada a teoría de cada tema.
- Utilizar as titorías para resolver dúbidas ou cuestións relacionadas coa materia.
- Ler e consultar fontes de información científica (bases de datos, libros, revistas, páxinas web,…) que enriquecerán a perspectiva e casuística tratada durante o desenvolvemento das clases.
As prácticas de laboratorio son un bo momento para refrescar ideas ou conceptos, así como para expor dúbidas que aínda puidesen quedar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Rafaela Maria Amaro Gonzalez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- rafaela.amaro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jaime Castro Alberto
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- jaime.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor