Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 100 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 38 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A.- RELACIÓNS LABORAIS:
O apartado de xestión laboral dentro deste módulo ten como finalidade que o alumno poida ampliar os coñecementos de tipo operativo e práctico necesarios para o exercicio profesional nos distintos ámbitos, ben sexa como complemento á formación teórica recibida no seu día, ben como aplicación dos coñecementos adquiridos na práctica. Para tal efecto estudarase unha visión global do contrato laboral, as distintas modalidades de contratación, o seu contido, así como a dinámica e vicisitudes do contrato, dende o seu nacemento ata a súa extinción, e as consecuencias e efectos derivados de mesma. Abundarase en elementos, modalidades, particularidades, e problemática do contrato que se consideren mais relevantes, ben pola súa transcendencia social, ben pola litigiosidad que produzan. Hai que advertir que a lista dos temas a tratar queda aberta por se procedese analizar outros puntos distintos, debido ás modificacións que poidan producirse ou da actualidade que algún dos temas poida adquirir nun determinado momento.
B.-SEGURIDAD SOCIAL:
Ao igual que no anterior apartado da disciplina, trataremos de aplicar á práctica os coñecementos teóricos que se posúan na materia. Poñeremos a disposición dos alumnos os métodos necesarios para lograr os coñecementos esixibles no exercicio profesional, abundando no estudo dos réximes de Seguridade Social, os mecanismos, modos e medios para o seu financiamento, a acción protectora e o estudo e aplicación de toda a armazón de dereitos e obrigas en materia de Seguridade Social.
Realización de supostos, casos prácticos, busca, análise, aplicación e interpretación de doutrina e Xurisprudencia sobre as seguintes materias:
A. -RELACIÓNS LABORAIS:
1. Contrato de Traballo: Concepto e partes.
2. Modalidades do contrato de traballo: Contrato por tempo indefinido. Contratación temporal.
3. Contido do contrato de traballo: Prestacións do traballador. Prestación salarial. Sistemas de protección salarial. Prelación de créditos. Inembargabilidade do salario. Recarga por amora. Fondo de Garantía Salarial. Situacións de acoso laboral. (Mobbing)
4. Modificacións do contrato de traballo: Tramitación. Mobilidade xeográfica. Mobilidade funcional. Modificación substancial das condicións de traballo. Procesos xudiciais especiais.
5. Suspensión do contrato de traballo: Causas e efectos xurídicos.
6. Extinción do contrato: Despedimento disciplinario. Boletín de despedimento. Prazo de caducidade. Proceso especial de despedimento. Cualificación do despedimento. Despedimento singular por causas obxectivas. Impugnación. Despedimento colectivo: Expediente de regulación de emprego. Outras causas de extinción. Extinción por incumprimento do empresario. Xubilación e incapacidade do empresario.
7. Empresas de traballo temporal.
8. Actas da Inspección de Traballo: Impugnación. Presunción de certeza.
B.-SEGURIDADE SOCIAL:
1. Sistema de Seguridade Social: Réxime Xeral. Réximes Especiais. Sistemas Especiais.
2. Xestión da Seguridade Social.
3. Actos de encadramento e permanencia no Sistema. Inscrición da empresa. Afiliación, altas e baixas de traballadores. O Convenio Especial coa Seguridade Social.
4. Cotización: Suxeitos obrigados e suxeitos responsables da cotización. Bases e tipos de cotización. Bonificacións e reducións da cota. Recadación.
5. Incapacidade Temporal: Requisitos. Prestacións.
6. Nacemento e coidado de menores. Risco durante o embarazo. Risco durante a lactación natural: Requisitos. Prestacións.
7. Incapacidade Permanente. Nivel contributivo: Graos. Requisitos. Prestacións. Recarga nas prestacións. Normativas Comunitaria: Totalización de períodos de seguro. Cálculos. Exportación de prestacións.
8. Xubilación. Nivel Contributivo: Requisitos. Prestacións. Normativa Comunitaria. Totalización de períodos de seguro. Exportación de prestacións. Cálculos.
9. Prestacións de Morte e Supervivencia: Normativa Comunitaria.
10. Desemprego: Nivel contributivo e nivel asistencial. Persoas protexidas. Prestacións. Normativa Comunitaria. Exportación de prestacións. Pagamento único.
11. Prestacións por fillo a cargo.
12. Prestacións non contributivas.
-“Casos Prácticos de Derecho del Trabajo y de Seguridad Social”, A. V. Sempere Navarro y José Luján Alcaraz. Última Edición. DM PPU
-“Casos Prácticos sobre el Contrato de Trabajo”, Miguel A. Ferrer López. Deusto, última edición.
-“Casos prácticos y materiales de Derecho del Trabajo y Seguridad Social”, Antonio Martín Valverde y Otros, Ed. Técnos, Última edición.
-“Casos y materiales de Derecho del Trabajo”, Mª Emilia Casas Baamonde, Antonio Baylos Grau y Ricardo Escudero Rodríguez. Ed. Tirant lo blanch, última edición.
- "Casos prácticos y materiales de Derecho de Trabajo y Seguridad Social", Antonio Martín Valverde y otros. Editorial Tecnos.
- "Casos prácticos de Seguridad Social", Miguel A. Ferrer López. Ed. Deusto.
- "NORMAS LABORALES Y DE SEGURIDAD SOCIAL", de la editorial Netbiblo
- "Práctica de Derecho Laboral" Lourdes Mella Méndez. Delta Publicaciones.
- "Conciliación de la Vida Laboral y Familiar y Crisis Económica" Lourdes Mella Méndez. Delta Publicaciones.
Os estudantes disporán, no Campus Virtual, do CÓDIGO LABORAL E DA SEGURIDADE SOCIAL, editado pola Axencia Estatal do BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO, gratuíto, de libre difusión e totalmente actualizado, en formato electrónico (PDF e ePUB).
Dominar as materias Dereito do Traballo. Coñecer as diferentes modalidades contractuais, os distintos tipos de despedimento e extinción do contrato de traballo. Suspensións, modificacións e outras vicisitudes do contrato de traballo.
Coñecer os distintos réximes da Seguridade Social e aplicar o encadramento axeitado dos traballadores en cada suposto.
Elaboración de nóminas e documentos de cotización para as distintas situacións e supostos.
Coñecer as condicións para acceder a cada unha das prestacións.
Coñecer a forma de cálculo de cada un deles.
Coñecer os criterios xurisprudenciais básicos sobre todo en materia de prestacións e aplicalos.
Coñecer a normativa comunitaria en materia de Seguridade Social e aplicala, sobre todo en materia de condicións para o dereito a prestacións e cálculo destas.
Manexar Xurisprudencia e obter unha linguaxe xurídica fluída.
Basearase na realización de exercicios e supostos prácticos. Procederase á busca e análise da doutrina e da Xurisprudencia aplicable aos supostos que se formulen e á análise das sentenzas.
Formularanse as posibles interrelacións entre as distintas situacións en que un traballador poida encontrarse, e mesmo na relación con outras disciplinas.
Formularanse e resolverán en clase distintos supostos de cotización. Expoñeranse supostos relativos a cada unha das prestacións, comentando todas as posibles solucións e a xurisprudencia aplicable a cada caso. Teremos en conta en todo momento a normativa comunitaria, formulando supostos nos que resulta de aplicación. Examinaranse as posibles resolucións administrativas que puidesen ditarse e as posibles impugnacións en vía administrativa e en vía xudicial.
Formularanse as posibles interrelacións entre as distintas prestacións de Seguridade Social e as distintas situacións en que un traballador pode encontrarse e mesmo na relación con outras disciplinas.
Insistirase na adquisición e utilización dunha linguaxe técnico-xurídico correcta e fluída.
¡
O sistema de avaliación compoñerase da cualificación obtida no exame final, coa que se alcanzará ata un máximo do 70 por cento da nota final. O alumnado deberá aprobalo para poder engadir a puntuación obtida nas clases interactivas durante as que se levará a cabo a avaliación continua, que supoñerá un 30% da cualificación final.
Realizarase un único exame final, na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade e publicada no taboleiro de anuncios e na páxina web, que será escrito.
O exame será escrito, podendo conter soamente preguntas de tipo test, de desenvolver, ou una combinación de ambalasdúas, (terá carácter teórico-práctico).
A superación do devandito exame final é complementaria á avaliación continua.
Durante as clases interactivas levarase a cabo a avaliación continua do alumnado. Para ese efecto, non se valorará a simple asistencia, senón a súa participación e a calidade dos traballos solicitados polo profesorado que aquel presente.
Se o alumno realizou algunha actividade académica obxecto de avaliación conforme ao establecido nesta guía docente e non se presentou ao exame, obterá a cualificación de "suspenso".
Réxime para o alumnado con exención de docencia:
O alumnado ao que se lle concedese a dispensa de asistencia segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado co exame final que supón o 100% da nota.
O estudo, nalgúns temas, é aconsellable realizalo en grupos, tanto para a súa preparación coma para a súa exposición. É aconsellable, así mesmo, ter coñecemento previo da teoría, antes de cada clase, co fin de aplicala axeitadamente aos supostos prácticos.
Estímase que deberá investirse no estudo desta materia un tempo equivalente a setenta horas.
É fundamental repasar as materias teóricas. Débese actualizar esta comprobando as posibles modificacións lexislativas e os novos criterios xurisprudenciais. Ao tratarse de supostos prácticos valorarase a asistencia a clase.
É moi importante esforzarse na utilización da linguaxe técnico-xurídico axeitada.
Alicia Villalba Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814614
- Correo electrónico
- alicia.villalba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Barbara Torres Garcia
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Correo electrónico
- barbara.torres.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Joaquín Vidal |
28.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
24.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |