Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer a orixe do principio de igualdade de trato.
- Coñecer as especialidades deste principio en materia social.
- Coñecer os tipos de discriminación. sexual
- Coñecer as discriminación expresa por acoso sexual, acoso no traballo e maternidade.
- Coñecer as normas internacionais, da unión Europea, nacionais e autonómicas en materia de non discriminación por razón de sexo.
- Coñecer as medidas de acción positiva.
- Coñecer as medidas sociais e de procedemento laboral no ordenamento xurídico español en materia de non discriminación por razón de sexo.
Son contidos básicos da materia:
- Fuentes da discriminación: internacionais, comunitarias e estatais
- Concepto e modalidades de discriminación
- Políticas estatais de igualdade. A conciliación da vida laboral e familiar
- Políticas autonómicas de igualdade: o fomento da contratación indefinida
- Outras medidas de igualdade na orde laboral
- Outras medidas de igualdade na orde social
- Outras medidas de igualdade no ámbito do procedemento laboral
A partir destes contidos básicos, o PROGRAMA desenvólvese nas seguintes leccións:
Lección 1ª. O principio de igualdade de trato por razón de xénero
I. Orixes e evolución histórica.- II. Igualdade formal e igualdade material.- III. Xénero, sexo, orientación sexual e identidade de xénero.- IV. Formulación teórica da discriminación e a desigualdade.- V. Dobre discriminación.- VI. Formulación teórica da acción positiva.
Lección 2ª. Fontes
I. Tratados internacionais.- II. Convenios e recomendacións da OIT.- III. Dereito Social da Unión Europea: Dereito orixinario e Dereito Derivado.- IV. Constitución española de 1978 e normas sociais estatais e autonómicas.- V. Convenios colectivos e pactos de funcionarios.
Lección 3ª. Concepto e modalidades de discriminación
I. Concepto legal de discriminación.- II. Modalidades de discriminación: Discriminación directa e discriminación indirecta.-III. Extensión do concepto legal de discriminación: Acoso sexual, acoso por razón de sexo, embarazo e maternidade.- IV. Ciber acoso e demais actos de ciber discriminación.- V. Acoso por orientación sexual e identidade de xénero.- VI. Violencia de xénero.- VII. Discriminación por asociación.- VIII. Tutela fronte á discriminación.
Lección 4ª. Medidas do Dereito individual do Traballo en materia de igualdade
I. Acceso ao emprego. II. Contratación: A composición equilibrada do persoal da empresa.- III. Formación e promoción profesional.- IV. Igualdade retributiva: o rexistro salarial.- V. Corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, familiar e laboral: 1) Adaptación do tempo de traballo; 2) Permisos e licenzas; 3) Redución de xornada; 4) Excedencia. VI. Avaliación de riscos e adaptación do posto de traballo.
Lección 5ª. Medidas de Dereito Sindical en materia de igualdade
I. O deber de negociar e o contido dos convenios colectivos en materia de igualdade.- II. Plans de igualdade: 1) Concepto; 2) Estrutura. O diagnóstico; 3) Lexitimación para negociar e procedemento negociador; 4) Ámbito de aplicación, duración e eficacia.- IV. Infraccións en materia de igualdade.- V. Protocolos fronte ao acoso laboral (acoso sexual, acoso por razón de sexo, acoso por orientación sexual e identidade de xénero, acoso psicolóxico e outras condutas análogas).
Lección 6ª. Medidas do Dereito da Seguridade Social en materia de igualdade
I. Prestación por nacemento e coidado de menor.- II. Subsidio non contributivo en caso de maternidade biolóxica.- III. Prestación de corresponsabilidade no coidado do lactante.- IV. Prestación de risco durante o embarazo.-V. Prestación de risco durante a lactación natural.- VI. Prestación por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.- VII. Prestacións familiares do nivel contributivo: 1) Prestación familiar na súa modalidade contributiva; 2) Beneficios por coidado de fillos ou menores; 3) Períodos de cotización asimilados por parto.- VIII. Prestacións familiares do nivel non contributivo: 1) Asignación por fillo ou por menor en acollemento familiar permanente ou en garda con fins de adopción; 2) Prestación económica por nacemento ou adopción de fillo en supostos de familias numerosas, mono parentais e de nais con discapacidade; 3) Prestación por parto ou adopción múltiples.
Lección 7ª. Medidas de protección integral contra a violencia de xénero no ámbito laboral
I. Concepto de vítima de violencia de xénero.- II. Acreditación da condición de vítima de violencia de xénero.- III. Medidas de protección integral no ámbito laboral: 1) Adaptación do tempo de traballo; 2) Traslado e excedencia; 3) Asistencias xustificadas ao traballo; 4) Extinción do contrato de traballo.- IV. Outras medidas de Dereito do Traballo e da Seguridade Social e do Dereito Procesual Laboral.
Lección 8ª. Medidas de Dereito do Traballo e da Seguridade Social das persoas con discapacidade en materia de igualdade
I. Axustes razoables: 1) Accesibilidade; 2) Cota de reserva.- II. Tipos de emprego.- III. Sistema especial de prestacións sociais e económicas para as persoas con discapacidade. 1) Subsidio de mobilidade e compensación por gastos de transporte; 2) Recuperación profesional; 3) Rehabilitación e habilitación profesionais. IV. Apoio á actividade profesional.
Lección 9ª. Medidas autonómicas en materia de igualdade
I. Fomento da contratación. II. Ordenación do tempo de traballo no sector público. III. Protección da familia.- IV. Principio de igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais.
Para o estudo da asignatura recomendase o manexo da “última edición” dalgún dos seguintes manuais:
- MARTÍN VALVERDE, A., RODRÍGUEZ-SAÑUDO GUTIÉRREZ, F. y GARCÍA MURCIA, J.: Derecho del Trabajo, 27ª edic., Tecnos (Madrid, 2018).
- VALDÉS DAL-RÉ, F.: Igualdad de género y relaciones laborales: entre la ley y la negociación colectiva, Editorial Reus, S.A. (Madrid, 2010).
A lexislación e xurisprudencia serán consultadas a través do portal da Unión Europea e de Curia (http://europa.eu/index_es.htm y http://curia.europa.eu/), así como do Boletín Oficial do Estado (www.boe.es), do Tribunal Supremo (www.poderjudicial.es) e do Tribunal Constitucional (www.tribunalconstitucional.es).
- Capacidade de comprensión, análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Capacidade de obtención e xestión da información
- Capacidade de resolución de problemas
- Capacidade de decisión
- Razoamento crítico
- Compromiso ético e deontolóxico
- Traballo en equipo
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
- Aprendizaxe autónoma
- Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
- Comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnico, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles
Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
Nas clases presenciais exporanse os principais problemas prácticos dos temas. Darase especial importancia ao manexo de xurisprudencia e textos legais. Uns e outros son apoios fundamentais para eses. Faranse preguntas aos alumnos sobre as cuestións abordadas. Así mesmo, poderán e incluso deben expoñer as dúbidas ou problemas atopados na preparación dos contidos da materia. A remisión á preparación dalgunhas leccións ou preguntas da lección a estes contidos irá acompañada pola dedicación dunha ou varias clases ao tratamento dos aspectos principais das leccións ou preguntas antes mencionadas e á resolución das dúbidas que os estudantes plantexen.
As intervencións do alumnado serán orais, excluíndo a mera lectura dun texto, tanto en papel coma en ordenador.
Os alumnos deberán facer os traballos que se les esixan, entre eles a realización dos cuestionarios de preguntas.
Exame escrito final. O exame cualificará sobre 10.
O exame final consistirá en responder a dúas preguntas de desenvolvemento que tratarán a necesidade de relacionar partes do temario de xeito coherente e racional.
O exame suporá o 70 por cento do valor da nota final, e 30 por cento restante corresponderá á nota obtida polo traballo realizado nas clases interactivas.
Para aprobar a materia será necesario ter acadado polo menos 5 no exame e 1,5 na avaliación continua derivada das clases interactivas.
Para os efectos da normativa da permanencia da USC, a nota do alumno como NON PRESENTADO só procederá se non realizou ningunha actividade académica de avaliación continua, non asistiu regularmente ás clases e non fixo o exame final.
Réxime de estudantes con exención da docencia, salvo para a asistencia as aulas e a realización de actividades presenciais, deberá completar todas as tarefas encomendadas a outros estudantes a través da aula virtual, podendo obter ata un 3 por elas, ademais de facer o exame correspondente, que se puntuará ata un 7.
Tendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 150 horas de traballo, repartidas como segue:
A) 50 horas de traballo en clase, distribuídas como se detalla:
- Clases expositivas: 20 horas.
- Clases interactivas: 24 horas.
- Titorías individualizadas: 2 horas
- Actividades de avaliación: 4 horas.
B) 100 horas de traballo persoal, estruturadas do seguinte modo:
- Estudo individual: 40 horas.
- Resolución de casos prácticos: 20 horas.
- Lecturas especializadas: 10 horas.
- Preparación de debates, preparación e escritura de traballos: 20 horas.
- Asistencia a seminarios e outras actividades encomendadas: 10 horas.
A inasistencia a clase e deixar para o final o estudo da materia limita extraordinariamente as posibilidades para superala.
Co fin de facilitar a resolución de dúbidas, as profesoras responsables da materia atenderán aos alumnos, ademais do horario de titorías "oficiais" (martes e xoves de 10.00 a 12.00 h), en calquera outro momento.
Maria Consuelo Ferreiro Regueiro
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814714
- Correo electrónico
- consuelo.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alicia Villalba Sanchez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814614
- Correo electrónico
- alicia.villalba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Joaquín Vidal |
Martes | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Joaquín Vidal |
22.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Joaquín Vidal |
10.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Joaquín Vidal |