Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 39 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 11 Clase Interactiva: 20 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprender os obxectivos e características dos diferentes tipos de documentos que a empresa emprega para suministrar información a terceiros. Asismesmo, preténdese a familiarización do estudantado coas técnicas de investigación e diagnóstico da situación económico-financeira da empresa, para comprender como a partir dos estados contables publicados, xunto con outras informacións, e co emprego de diferentes instrumentos, é posible poñer de manifesto datos de interese para a toma de decisións.
TEMA 1: A normativa contable
TEMA 2:O balance de situación
TEMA 3:A conta de perdas e ganancias
TEMA 4:O estado de cambios de patrimonio neto
TEMA 5:O estado de fluxos de efectivo
TEMA 6:A memoria
TEMA 7:Análise contable e relacións laborais
- ARCHEL, P.; LIZARRAGA, F.; SÁNCHEZ, S. (2010): Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Ed. Pirámide: Madrid.
- MUÑOZ MERCHANTE, A. (2009): Análisis de estados financieros. Ediciones académicas.
- PALOMARES, J e PESET, M.J.(2015): Estados financieros. Interpretación y análisis. Ed. Pirámide: Madrid.
- RIVERO TORRE, P. (2009): Análisis de Balances y Estados complementarios. Ed Pirámide: Madrid.
Capacidade para intepretar a información contida nos estados contables.
Capacidade para analizar a calidade da información contida nos estados financeiros.
Desenvolver destrazar na utilización de diferentes técnicas de análise co fin de extraer información que permita formarse un xuizo sobre a situación económico-financeira da empresa.
O ensino desta materia levarase a cabo dende dúas vertentes: teórica e práctica; ambas as dúas de modo coordenado e paralelo.
Na vertente teórica explicarase o contido do programa, como esquema conceptual da parte práctica. En cada tema do programa farase unha exposición dos conceptos sobre os que o alumno ha de ter coñecemento, podendo tomar as notas que considere necesarias para a aprendizaxe deste. A bibliografía específica da materia serviralle tamén de base para forxar eses saberes. Adicionalmente, se o profesor o considera conveniente, poñerá á súa disposición apuntamentos na aula virtual.
Na vertente práctica, para efectos explicatorios, realizaranse exercicios sobre cada cuestión teórica abordada. Estes exercicios poñeranse a disposición do alumno por medio da aula virtual. Algúns deles serán resoltos na clase e outros deberá solucionalos no seu tempo de estudo persoal.
Así mesmo, no horario de titorías, facilitaranse as explicacións teóricas e prácticas que sexan necesarias para a comprensión e adquisición das destrezas necesarias por parte do alumno, lle permitan que superar a materia e alcanzar os obxectivos desta.
A avaliación da materia lévase a cabo a través da evaluación continua e dunha proba teórico-práctica final.
A avalización continua terá un peso do 30% da cualificación final e consistirá na realización de actividades diversas na aula: entrega de exercicios, búsqueda e análise de información... A asistencia a clase non será valorada por si mesma.
A proba teórico-práctica final terá un peso de 7 puntos na nota final. O estudantado deberá acadar un mínimo de 2,8 puntos nesta proba.
A calificación final se determina mediante a adicción da nota correspondente ao exame final a nota obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia a suma deberá ser superior de 5 ou superior.
Aconséllase ao alumno que empregue, polo menos, o mesmo número de horas de clase ao estudo individualizado da materia impartida en cada clase.
Recoméndase ao alumno a asistencia a clase, a atención á materia analizada nela, e a comprensión e estudo desta ao mesmo ritmo que esta vaise desenvolvendo. Así mesmo, no tempo de estudo individualizado, o alumno deberá reforzar os seus coñecementos coa consulta ao manual ou manuais que elixa e realizar aqueles exercicios que se lle facilitasen para a súa resolución e entrega posterior ao profesor.
Ante calquera dúbida sobre calquera cuestión (teórica ou práctica), o alumno debe acudir ao profesor no horario de titorías.
Sugey De Jesus Lopez Perez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- sugeydejesus.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Joaquín Vidal |
20.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
26.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |