Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Afondar na análise metodolóxica da adquisición de segundas linguas.
- Explorar e poñer en valor a importancia da lingua e da literatura estranxeiras na interculturalidade.
1. Concepto de lingua estranxeira e de competencia en LE no mundo actual.
2. Significado social e educativo das linguas estranxeiras: perspectiva histórica e situación actual.
3. As linguas estranxeiras e as súas literaturas como materias curriculares: perspectiva histórica e situación actual.
4. Teorías lingüísticas e literarias: utilidades e achegas á aprendizaxe das linguas e da literaturas estranxeiras.
5. Valores interculturais no ensino das linguas e literaturas estranxeiras.
Bibliografía básica:
- FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, R. (2008): El uso de la literatura en la enseñanza del inglés como lengua extranjera. Badajoz: Abecedario.
-NUÑEZ, P. y RIENDA, J. (2014) Aproximación didáctica a la lengua y la literatura. Madrid: Síntesis.
-VÁZQUEZ CALVO, Boris (2011) Del enfoque comunicativo y la integración de la literatura en la enseñanza-aprendizaje de lenguas extranjeras. GRINVerlag.
Bibliografía complementaria:
- ABRIL VILLALBA, M. (2004). Enseñar lengua y literatura. Comprensión y producción de textos. Archidona: Ediciones Aljibe.
- ALBERT, M-C; SOUCHON, M. (2000). Les textes littéraires en classe de langue. Paris: Hachette.
- ÁLVAREZ ANGULO, T. (2005). Didáctica del texto en la formación del profesorado. Madrid: Síntesis.
- BOMBINI, G. (2006). Reinventar la enseñanza de la lengua y la literatura. Buenos Aires: Libros Del Zorzal.
- BYRAM, M. (2001). Perspectivas interculturales en el aprendizaje de idiomas. Enfoque a través del teatro y la etnografía. Cambridge: Cambridge
University Press.
-CONSELLO DE EUROPA (2001). Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. (2005). Santiago de Compostela
(2005): Xunta de Galicia e Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades. Recuperado en:
http://www.cirp.es/pub/docs/ava/MarcoEuropeoComun.pdf
-ESPAGNE, M. et alii (2008): Interculturas/Transliteraturas. Madrid: Arco Libros.
-RUIZ ROMAN, C. (2003). Educación intercultural: Una visión crítica de la cultura. Barcelona: Octaedro.
-TRUJILLO SÁEZ, F. (2005). ‘En torno a la interculturalidad: reflexiones sobre cultura y comunicación para la didáctica de la lengua.’ Porta Linguarum, 4.
https://fernandotrujillo.es/wp-content/uploads/2010/05/reflexion_interc…
-TRUJILLO SÁEZ, F. (2002). ‘Objetivos en la enseñanza de lenguas extranjeras: De la competencia lingüística a la competencia intercultural’, en F.
Herrera Clavero, F. Mateos Claros, S. Ramírez Fernández, M. I. Ramírez Salguero y J. M. Roa Venegas (coords.). Inmigración, interculturalidad y
convivencia. Ceuta: Instituto de Estudios Ceutíes, 407-418. Disponible en http://www.ugr.es/~ftsaez/research.htm
Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:
COMPETENCIAS XERAIS:
CG1 - Coñecer os contidos curriculares da materia no Ensino Secundario.
CG4 - Buscar, obter, procesar, comunicar información, transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino-aprendizaxe.
CG17 - Desenvolver hábitos de aprender a aprender.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CEE1 - Coñecer o valor formativo e cultural das linguas estranxeiras.
CEE2 - Coñecer os contidos que se cursan nesas materias.
CEE3 - Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes da materia.
CEE4 - Coñecer os contextos nos que se usan ou aplican os contidos curriculares da materia.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1 – Empregar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos.
CT2 – Xestionar de maneira axeitada o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles.
CT3 – Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinais.
1) CLASES PRESENCIAIS. As clases presenciais inclúen sesións expositivas e sesións interactivas. As sesións expositivas centraranse en introducir e
presentar o marco teórico, conceptual e metodolóxico. As sesións interactivas dedicaranse á realización de tarefas de análises e reflexións críticas e
constituirán un espazo importante para o debate e a posta en común.
2) TAREFAS PROGRAMADAS. A través do Campus Virtual da USC propoñeranse diferentes tarefas ao alumnado sobre os contidos tratados nas clases
presenciais.
3) PRESENTACIÓN ORAL. Todo o alumnado desta materia deberá presentar unha exposición oral na aula. Os temas decidiranse na aula.
A nota final da materia (primeira oportunidade da convocatoria) terá en conta a participación activa e informada nas sesións, así como a realización das lecturas indicadas e outras actividades propostas.
Asistencia e participación nas diferentes actividades propostas: 50% da nota
Entrega e defensa oral dun traballo que demostrará a adquisición das competencias xerais e específicas establecidas: 50% da nota.
Este mesmo sistema de avalación rexerá tamén na segunda oportunidade da convocatoria.
Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase poderán avaliarse de toda a materia na primeira oportunidade seguindo os seguintes criterios: 1) participación nas actividades acordadas co profesorado (50%); 2) entrega e defensa dun traballo que demostrará a adquisición das competencias xerais e específicas establecidas no modo e data acordada co profesorado (50%).
En caso de de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Clases expositivas: 9 hs.
Clases interactivas: 12 hs.
Titorías: 3 hs.
Traballo persoal do alumnado:
Asimilación dos contidos teóricos: 25 hs.
Busca de bibliografía e doutros materiais para a elaboración do traballo: 25 hs.
Elaboración de traballos: 25 hs.
1. Os/as estudantes deberán preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula.
2. Así mesmo, deberán comprobar de forma regular a aula virtual da materia e o seu correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de
información e para a comunicación de cambios de última hora.
3. Non se contestará ningún correo que proceda dunha conta non institucional. Os/as alumnos/as que desexen contactar coas profesoras deberán facelo
utilizando a súa conta de corro da USC e, preferiblemente, via o Campus Virtual.
4. O respecto ao medio ambiente é unha das principais preocupacións de hoxe en día. Desta forma, nós, como seres humanos, debemos mostrar
responsabilidade neste sentido co fin de reducir o noso impacto no medio ambiente e preservar os nosos recursos naturais.
5. Asumindo que a violencia de xénero é unha violación dos dereitos humanos, debemos loitar con forza para detela, entendendo que unha boa
educación sobre o tema a unha temperá idade debería ser fundamental para evitala.
6. Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Martin Fernandez Fernandez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- m.fernandez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Raquel Pereira Romasanta
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- raquel.romasanta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | SEMINARIO 4-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | SEMINARIO 4-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | SEMINARIO 4-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17.01.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
23.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |