Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer e comprender a lóxica e o procedemento da investigación en educación.
- Coñecer os diferentes enfoques metodolóxicos en investigación educativa.
- Coñecer as principais características dos deseños na investigación educativa e os seus tipos.
- Deseñar investigacións educativas atendendo a súa finalidade e ao contexto no que se levarán a cabo.
- Coñecer as técnicas e instrumentos de recollida de información no campo educativo.
- Coñecer e dominar as ferramentas básicas implicadas no proceso de análise de datos na investigación educativa.
- Elaborar e interpretar informes de investigación educativa.
- Desenvolver actitudes favorables cara á investigación e a necesidade de formación e actualización no desempeño profesional.
A materia estrutúrase en torno a cinco bloques temáticos:
Bloque I. As fases na investigación educativa.
Bloque II. Deseños de investigación cuantitativa e cualitativa.
Bloque III. Técnicas de recollida de información cuantitativa e cualitativa.
Bloque IV. Análise cuantitativa e cualitativa de datos.
Bloque. V. Informes de investigación educativa.
Bibliografía Básica:
Baelo, M., & Haz, F. (2019). Metodología de Investigación en Ciencias Sociales y Jurídicas. Tirant lo Blanch.
López-Roldán, P., & Fachelli, S. (2015). Metodología de la Investigación Social Cuantitativa. Universitat Autònoma de Barcelona. Dipòsit Digital de Documents. https://ddd.uab.cat/record/129382
Flick, U. (2015). El diseño de investigación cualitativa. Morata.
Tourón, J. (Ed.), Lizasoain, L., López, E., & Navarro-Asencio, E. (2023). Análisis de Datos y Medida en Educación. Unir Editorial
Bibliografía Complementaria:
Ander-Egg, E. (2001). Métodos y técnicas de investigación social. Lumen.
Ballester Brage, L. (2001). Bases metodológicas de la investigación educativa. Universitat de les Illes Balears.
Ballesteros Velázquez, B. (Coord.). (2014). Taller de investigación cualitativa. UNED.
Creswell, J.W., & Poth, Ch.N. (2017). Qualitative Inquiry and Research Design. Choosing Among Five Approaches (4ª ed.) Sage.
Elliot, J. (1990). La investigación-acción en educación. Morata.
Fernández Sola, C., Granero Molina, J., & Hernández Padilla, J.M. (eds). (2019). Comprender para cuidar. Avances en la investigación cualitativa en Ciencias de la salud. Edual.
García Pérez, A. (2014). La interpretación de los datos: una introducción a la estadística aplicada. UNED
Festinger, L. & Katz, D. (2004). Los métodos de investigación en las ciencias sociales. Paidós.
Flick, V. (2014). El diseño de la investigación cualitativa. Morata.
Gil Flores, J. (1994). Análisis de datos cualitativos. Aplicaciones a la investigación educativa. PPU.
Guasch, O. (1997). Observación participante. Centro de Investigaciones Sociológicas.
León, O., & Montero, I. (1997). Diseño de investigaciones. Introducción a la lógica de la investigación en Psicología y Educación. McGraw-Hill.
Martinez, F. (2002). El Cuestionario: Un Instrumento para la Investigación de las Ciencias Sociales. Laertes.
Morales, P., Urosa, B., & Blanco, A. (2003). Construcción de escalas de actitudes tipo Likert. Una guía práctica. La Muralla.
Plano, V.L., Creswell, J.W., O’Neil, D., & Shope, R. J. (2008). Mixing Quantitativa and Qualitative Approaches. En S. N. Hesse-Biber & P. Leavy (Eds.), Handbook of emergent methods (pp.363-387). Guilford Press.
Rodríguez Sabiote, C., Lorenzo Quiles, O., & Herrera Torres, L. (2005). Teoría y práctica del análisis de datos cualitativos. Proceso general y criterios de calidad. Revista Internacional de Ciencias Sociales y Humanidades, 15 (2), 133-154.
Ruiz-Maya Pérez, L. (2000). Métodos estadísticos de investigación en las ciencias sociales: técnicas no paramétricas. AC.
Steinar, K. (2011). Las entrevistas en investigación cualitativa. Morata.
Tashakkori, A., & Teddlie, Ch. (Eds.). (2003). Handbook mixed methods in social and behavioral research. Sage
Tejedor, F.J., & Etxeberria, J. (2006). Análisis inferencial de datos en educación. La Muralla.
Revistas
Revista de Investigación Educativa: http://revistas.um.es/rie/
Revista Electrónica de Investigación y Evaluación Educativa: https://revistaseug.ugr.es/index.php/RELIEVE/index
Journal of New Approaches in Educational Research: https://naerjournal.ua.es/
Qualitative Research in Education: https://hipatiapress.com/hpjournals/index.php/qre
Páxinas web
Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagógica (AIDIPE): https:// https://aidipe.org/index.php
European Educational Research Association (EERA): http://www.eera-ecer.de/
Titorial Estilo APA 7ª Edición: http:// https://apastyle.apa.org/
Competencias Básicas e Xerais:
CB6-Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8-Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9-Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
CG1-Coñecer e utilizar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a formación.
CG2-Expor e resolver problemas extraídos da práctica, chegando a usar esquemas de resolución non coñecidos (ser creativo).
CG6-Asumir un compromiso ético e metodolóxico na práctica científica e profesional.
CG7-Ter iniciativa na intervención en contextos complexos e resolver situacións educativas que afecta a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
CG11-Actuar con rigor, obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos atendendo aos valores democráticos.
Competencias Específicas:
CE1- Desenvolver unha actitude positiva, crítica e plural da investigación como ferramenta de comprensión e mellora da realidade educativa.
CE2- Tomar conciencia do valor social do coñecemento científico.
CE5- Desenvolver unha actitude positiva cara a incorporación das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional.
CE7- Participar de forma colaborativa no desenvolvemento do coñecemento científico, empregando unha linguaxe formal científica e promovendo a transferencia dos achádegos da investigación educativa á práctica profesional.
Resultados da aprendizaxe:
1. Deseñar e desenvolver investigacións en diferentes contextos e desde distintos enfoques metodolóxicos.
2. Deseñar instrumentos de medición e técnicas de obtención de información.
3. Coñecer as principais técnicas de análise da información en investigación.
4. Saber valorar críticamente a calidade das publicacións derivadas de investigación.
5. Presentar e comunicar –de forma oral e escrita- os resultados dunha investigación.
6. Empregar software de análise de datos cuantitativos (SPSS) e cualitativos (Atlas.ti).
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe oriéntase a desenvolver no estudantado un conxunto de competencias útiles para o deseño e o desenvolvemento dunha investigación no ámbito educativo e dotalo de autonomía para levala a cabo e para a auto aprendizaxe. Combinarase a presentación dos principais contidos polo profesorado co traballo individual e en grupo do estudantado. Realizaranse actividades de búsqueda, lectura e síntesis de información, debates e análise crítica de investigacións, análise de instrumentos de recollida de datos e exercicios prácticos de análise de datos. Ademais, o alumnado deberá elaborar un traballo final. Para o desenvolvemento da materia farase uso do campus virtual da USC onde o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria.
O 40% da materia realizarase de maneira non presencial, a través do campus virtual da USC, e se é o caso, da plataforma Teams, no que se empregarán os recursos que ofrece a plataforma Moodle para o deseño de actividades. Máis concretamente, levaranse a cabo actividades de participación en grupo a través de foros onde se analicen temas de interese e actividades específicas para cada tema que complementen os contidos impartidos nas sesións expositivas on line.
A avaliación será continua e atenderá aos seguintes compoñentes:
a) A asistencia. Para poder ser avaliado o estudante debe asistir ao menos ó 80 % da actividade presencial.
b) A realización das actividades prácticas individuais previstas suporá o 50% da cualificación: participación nun foro de debate (0,5 puntos); análise de datos e de informes de investigación [análise de investigacións (1,5 puntos) e elaboración dun informe de análise de datos (1,5 puntos) ] e deseño dun instrumento (1,5 puntos).
c) A elaboración dun traballo final individual ou grupal (máximo dúas persoas) da materia suporá o 50% restante da cualificación. Este consistirá no deseño dunha investigación educativa seguindo as pautas que se concretarán no inicio da materia.
A cualificación final da materia será o resultado de sumar as cualificacions obtidas en todas as actividades de avaliación. Será preciso ter unha puntuación mínima de 2 puntos nas actividades prácticas e de 2 puntos no traballo final para poder ter en conta os distintos compoñentes da avaliación.
Na segunda oportunidade, o alumnado será avaliado tendo en conta ás cualificacións obtidas nas actividades prácticas e o traballo na primeira oportunidade: se as actividades prácticas acadaron a puntuación mínima e o traballo obtivo unha puntuación menor de 2 puntos (ou non se entregou) deberá entregarse de novo o traballo, valorando a pertinencia de facelo grupalmente. Se o traballo obtivo a cualificación mínima e as actividades prácticas unha puntuación menor de 2 puntos entón o/a estudante deberá repetir todas ou algunhas das actividades prácticas, en cada caso se indicará con antelación cales debe repetir. Se o traballo non obtivo a cualificación mínima e as prácticas tampouco terá que repetir ambos atendendo ao indicado.
O alumnado procedente de estudos de doutoramento que curse a materia como “complementos de formación” seguirá a mesma metodoloxía de traballo e será avaliado cos memos criterios que o resto de alumnado. O alumnado repetidor seguirá a mesma metodoloxía de traballo e será avaliado cos mesmos criterios que o alumnado de avaliación ordinaria.
O alumnado que teña concedida dispensa de asistencia a clase deberá comunicar ao profesorado a situación de dispensa nos 10 días seguintes á concesión e será convocado a unha titoría para planificar o desenvolvemento e seguimiento da materia e o sistema de avaliación nos 10 días seguintes. Para este alumnado o seguimento da materia levarase a cabo a través do campus virtual e de titorías individuais programadas e a avaliación atenderá aos seguintes criterios:
a)A realización das actividades prácticas individuais previstas suporá o 50% da cualificación: participación nun foro de debate (0,5 puntos); análise de datos e de informes de investigación [análise de investigacións (1,5 puntos) e elaboración dun informe de análise de datos (1,5 puntos)] e deseño dun instrumento (1,5 puntos). Se o/a estudante non pode participar no foro, deberá presentar por escrito unha reflexión individual sobre o tema proposto que terá o mesmo valor (0,5). Poderá facerse algunha adaptación do resto das actividades pero mantendo a súa tipoloxía e valor.
b)A elaboración dun traballo final individual da materia suporá o 50% restante da cualificación. Este consistirá no deseño dunha investigación educativa seguindo as pautas que se concretarán nas titorías programadas.
Na segunda oportunidade, o alumnado será avaliado tendo en conta ás cualificacións obtidas nas actividades prácticas e o traballo na primeira oportunidade: se as actividades prácticas acadaron a puntuación mínima e o traballo obtivo unha puntuación menor de 2 puntos (ou non se entregou) deberá entregarse de novo o traballo. Se o traballo obtivo a cualificación mínima e as actividades prácticas unha puntuación menor de 2 puntos entón o/a estudante deberá repetir todas ou algunhas das actividades prácticas, en cada caso se indicará con antelación cales debe repetir. Se o traballo non obtivo a cualificación mínima e as prácticas tampouco terá que repetir ambos atendendo ao indicado.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividades presenciais
- Sesións expositivas: exposición de contidos: 12 h.
- Sesións interactivas: análise e elaboración de informes de investigación, análise de instrumentos de recollida de datos, análise
de datos cuantitativos e cualitativos: 16 h.
- Titorias individuais e grupais: 8 h.
Actividades en liña
- Sesións expositivas: foro de debate: 6 h.
- Sesións interactivas: deseño de instrumentos, avaliación/autoavaliación: 8 h.
Traballo persoal do estudantado
- Estudo. Lectura: 10 h.
- Búsqueda, selección e análise de información; Deseño informe/proxecto de investigación/Recollida e preparación de datos: 42 h.
- Preparación previa. Elaboración informe/proxecto de investigación: 30 h.
- Revisión de documentos e búsqueda bibliográfica: 5 h.
- Estudo. Revisión de instrumentos. Reflexión e análise: 13 h.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
- Realización e participación activa nas actividades prácticas.
- Traballo do alumnado dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
-Asistencia a Clase
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. O alumnado con dispensa de asistencia a clase (Instrución núm.1/2007, da Secretaria Xeral da USC) deberá poñerse en contacto co profesorado para concretar o sistema de titorizacion e avaliación.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual. No caso de que se solicite a entrega dalgún traballo en papel deberán cumprirse os seguintes requisitos de Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesions.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Esther Martinez Piñeiro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813751
- Correo electrónico
- esther.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Josefa Mosteiro Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813842
- Correo electrónico
- pepa.mosteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
08.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |