Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Procesos de Formación

Modalidade
Híbrida
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias de la educación.
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813717 (Conserxaría)
881813879 (Decanato)
educacion.decanato@usc.gal
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812016
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Bibiana Regueiro Fernandez
Contacto
bibiana.regueiro@usc.es

Máster mixto de investigación e profesionalizante cun contido que promove, por un lado, a formación en competencias vinculadas á investigación e, por outro lado, forma especialistas no deseño, implementación e avaliación da Formación, tanto en contextos escolares como laborais e profesionais.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4311781
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA DEL MAR LORENZO MOLEDO

    Coordinador-a do título:
    Bibiana Regueiro Fernandez
    bibiana.regueiro@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)

    Data de publicación no BOE:
    24/08/2010 (mod 17/01/2022)

    Data da última acreditación:
    15/10/2019

    O máster ten un carácter mixto: investigador e profesionalizante. En primeiro lugar, promove a formación en competencias vinculadas á investigación para continuar coa realización dun doutoramento nas diversas liñas de investigación abertas nos departamentos de Didáctica e Organización Escolar e Métodos de Investigación e diagnóstico en educación.

    En segundo lugar, o máster está orientado a formar especialistas en Formación tanto en contextos escolares como en todos os contextos laborais e profesionais nos que actualmente os profesionais da educación desempeñan as súas funcións (empresas, concellos, consultoras, administracións públicas, centros de investigación, centros tecnolóxicos, sindicatos, organizacións e asociacións civís, etc.). A estrutura curricular establece 2 semestres e adopta un programa modular coa idea de ofrecer unha formación o máis integrada posible e unha visión interdisciplinar do mundo da formación (necesidades, estratexias, recursos, modelos...).

  • Créditos que ten que realizar un estudante para obter o título de máster:

    Materias obrigatorias: 24 ECTS
    Materias optativas: 18 ECTS
    Prácticas Obrigatorias: 6 ECTS
    Traballo fin de Máster: 12 ECTS
    Créditos totais: 60 ECTS

    O título contempla dous itinerarios diferentes:

    1. Innovación e Calidade
    2. Orientación e Asesoramento

    O alumnado pode elixir entre cursar un itinerario, superando as materias optativas do módulo correspondente, ou escoller libremente as materias optativas da titulación.

  • Máster mixto de investigación e profesionalizante cun contido que promove, por un lado, a formación en competencias vinculadas á investigación e, por outro lado, forma especialistas no deseño, implementación e avaliación da Formación, tanto en contextos escolares como laborais e profesionais.

  • 1. Coñecer en profundidade os diversos ámbitos de proxección da Investigación pedagóxica e de inserción laboral dos posgraduados en Educación.
    2. Coñecer as diversas actividades profesionais especializadas (postos e funcións) que desempeñan os postgraduados en Educación.
    3. Desenvolver competencias especializadas para o traballo ante nichos atractivos de intervención profesional en ámbitos que requiren unha especialización (a calidade, o e-learning, o deseño de contidos didácticos dixitais, o asesoramento individual ou institucional, a validación de competencias, a formación continua, a investigación e innovación educativa etc.)
    4. Deseñar propostas formativas que atendan a contextos de diversidade e teñan en conta a igualdade de xénero, á equidad e ao respecto aos dereitos humanos.
    5. Mellorar/completar as competencias transversais dos profesionais da educación para a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I D I) como bases fundamentais da mellora profesional e da calidade das funcións e servizos prestados polos especialistas da educación nos seus contextos laborais.
    6. Analizar as achegas da investigación pedagóxica e os procesos de xeración de coñecemento científico en diversos campos especializados.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    Redactarase un plan de prácticas, no que se establecerán os procedementos: asignación de prazas e titores, preparación, desenvolvemento e avaliación.
    O proceso de xestión das prácticas externas que ten por obxecto establecer como organizar e xestionar as prácticas dos estudantes en empresas e institucións de forma que se garanta a calidade, o recoñecemento académico e o aproveitamento máis adecuado das mesmas por parte dos/as estudantes da USC. Estas prácticas están orientadas a completar a formación dos alumnos e titulados universitarios así como facilitar o seu acceso ao mundo profesional.
    Co obxectivo de comprobar o correcto desenvolvemento das prácticas por parte das entidades colaboradoras e do propio alumnado así como para detectar situacións irregulares e carencias do proceso, decidiuse implantar os seguintes mecanismos de control, sen prexuízo doutros que puidesen engadirse:
    - Orientación ao estudante a través do coordinador de prácticas.
    - Medición da satisfacción dos estudantes e empresas a través de enquisas.
    - Xestión de queixas e reclamacións a través do Centro e da Oficina de Análise das Reclamacións.
    - Memoria do proceso e Plan de mellora anual.
    A metodoloxía de ensino incluirá:
    - Explicacións ao alumnado por parte do coordinador/a e dos/as supervisores/as sobre o proceso, desenvolvemento e institucións nas que se vai a realizar a experiencia profesional que supón o Practicum e presentación das actividades a realizar.
    - Contacto e coordinación entre o supervisor/a e o titor/a en a institución.
    - Estancia dos/as alumnos/as nas institucións.
    - Seguimento e titoría do alumnado nas institucións.
    - Titoría e seguimento para a elaboración do Proxecto do Practicum.
    - Avaliación do Practicum.
    As tarefas a realizar no proceso de estancia en distintas institucións, centros, empresas,administracións, etc serán.:
    - Observación e análise das realidades sociais e institucionais que configuran a especialización profesional.
    - Organizacións e relacións laborais da súa familia profesional.
    - Deseño, desenvolvemento e avaliación de programas ou proxectos de formación.
    - Análise dos Procesos de Formación en marcha.

  • O proxecto final do Máster: é o traballo final e poderá enfocarse desde diversas orientacións:
    - Como elaboración persoal dos contidos traballados ao longo do curso.
    - Como profundización titorizada nalgún dos ámbitos/problemáticas da profesión que máis interesen ao estudante (análise conceptual en profundidade).
    - Como inicio-continuación nos procesos de investigación a través dun traballo de investigación, o que implicaría a incorporación dos estudantes aos grupos de investigación existentes nos departamentos.
    Para iniciar o Traballo de Fin de Master será necesario superar todas as materias do primeiro cuadrimestre. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título. O Traballo de Fin de Máster poderá ser presentado en ambos cuadrimestres.

  • O profesorado está composto por profesores doutores que pertencen a departamentos Didáctica e Organización Escolar e Métodos de Investigación e diagnóstico en educación da USC, con experiencia acreditada. O 75% do profesorado ten máis de 20 anos de docencia e con perfís especializados nas materias do título.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2025.