Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer diferentes tipos de actividades para a alfabetización científico ambiental e a súa integración nas estratexias de ensino.
Analizar e valorar proxectos de innovación, e deseñar propostas específicas para o ensino de temas científicos de relevancia ambiental concretos.
Desenvolver investigacións e propostas innovadoras en Educación Ambiental e científica, e deseñar intervencións educativas para a sustentabilidade en Educación Infantil e Primaria.
Clases expositivas
Tema1.
A alfabetización ambiental.
Novas tendencias na Didáctica das Ciencias Experimentais para o deseño de recursos destinados á Educación Ambiental en Educación Infantil e Primaria.
Tema 2
Do desenvolvemento sustentable ao decrecemento.
Problemas ambientais.
Percepcións dos estudantes.
A Educación Ambiental e o Desenvolvemento Sustentable en Educación Infantil e Primaria desde a Didáctica das Ciencias Experimentais.
Tema 3
Propostas de intervención educativa en Educación Ambiental.
Tendencias actuais na innovación e investigación en Educación Ambiental e a Sustentabilidade desde a Didáctica das Ciencias Experimentais.
Clases interactivas
- Actividades experimentais/Xogos
- Prácticas de Campo
- Deseño de actividades de Ciencias para Educación Infantil.
Bibliografía básica
Freire, H. (2011). Educar en verde.: Ideas para acercar a niños y niñas a la naturaleza (Vol. 21). Grao.
Gutiérrez Bastida, J. M. (2013). De rerum natura. Hitos para otra historia de la educación ambiental. Bubok Publishing
Pujol, R., & Cano, L. (2007). Nuevas tendencias en investigaciones en Educación Ambiental. Madrid: Organismo Autónomo de Parques Naturales Ministerio de Medio Ambiente.
Bibliografía complementaria
Askasivar, I. (2006). La sostenibilidad. Un compromiso de la escuela. Barcelona: Graó.
Benayas, J., Gutiérrez, J., & Hernández, N. (2003). La investigación en educación ambiental en España. Ministerio de Medio Ambiente, Organismo Autónomo Parques Nacionales.
Bermejo, R., Arto, I., Hoyos, D., & Garmendia, E. (2010). Menos es más: del desarrollo sostenible al decrecimiento sostenible. Cuadernos de trabajo HEGOA, (52).
Calvo, S., y Corraliza, J. A. (1994).. Educación ambiental: conceptos y propuestas. Madrid, ES: Edit. CCS.
Espinet, B. (1999). Problemas ambientales (PA) y la educación ambiental: una reflexión. Enseñanza de las Ciencias de la Tierra, 7(1), 2-7.
García-Rodeja Gayoso, I., & Lima de Oliveira, G. (2012). Sobre el cambio climático y el cambio de los modelos de pensamiento de los alumnos sección investigación didáctica. Enseñanza de las Ciencias, 30(3), 0195-218.
García-Rodeja, I. (1999). El sistema Tierra y el efecto invernadero. Alambique: Didáctica de las ciencias experimentales, 6(20), 75-84
Kramer, F. (2002). Manual práctico de educación ambiental: técnicas de simulación, juegos y otros métodos educativos. Catarata. Madrid.
Kramer, F. (2003). Educación ambiental para el desarrollo sostenible. Los libros de la catarata. Madrid.
Lloyd, A., Gray, T., & Truong, S. (2018). Seeing What Children See: Enhancing Understanding of Outdoor Learning Experiences through Body-Worn Cameras. Journal of Outdoor Recreation, Education, and Leadership, 10(1), 52-66
López Rodríguez, R. (2003). Educación Ambiental y su Didáctica. Lugo:Servicio de Publicaciones de la Excma. Diputación Provincial de Lugo.
López Rodríguez, R.; García Gandoy, J.A. (2008). A Axenda 21 Escolar Galega (reedición revisada; dep. legal: C-299-2008 / ISBN: 978-84-453-4559-7); Ed. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, 211 páginas. Santiago de Compostela.
Peacock, A. (2006). Alfabetización ecológica en educación primaria (Vol. 44). Madrid:Morata.
Pujol, R., & Cano, L. (2007). Nuevas tendencias en investigaciones en Educación Ambiental. Madrid: Organismo Autónomo de Parques Naturales Ministerio de Medio Ambiente.
Riechmann, J. (2006). Biomímesis: ensayos sobre imitación de la naturaleza, ecosocialismo y autocontención. Catarata, D.L., Madrid.
Sampedro, Y., y García, J. (2009). Un viaje por la Educación Ambiental en la Escuela.ME
Velázquez de Castro, F. (1998). Temas de educación ambiental en las ciencias de la vida (Vol. 13). Narcea Ediciones
Revistas:
Alambique
AmbientalMente sustentable. Revista científica galego-lusófona de educación ambiental
Enseñanza de las Ciencias https://ensciencias.uab.es/
Environmental Education Research.
International Journal of Early Childhood Environmental Education..
International Journal of Science Education
Journal of Environmental Education
Research in Science Education https://www.springer.com/journal/11165
Revista electrónica de Enseñanza de las Ciencias
Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias
Competencias Básicas e Xerais
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
G1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
G3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
G4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
G6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
G7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
G8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias Transversais
T1 Capacidade de análise e síntese.
T2 Capacidade de adaptación a situacións novas.
T5 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
T6 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares
T7 Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.
T10 Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
T11 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
T12 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
Competencias Específicas
E7 Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
E10 Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E11 Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicalo correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación
E13 Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos
E15 Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
E18 Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
Metodoloxías docentes
O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica. No Campus Virtual estarán dispoñibles os materiais, tanto das sesións expositivas como interactivas, así como enlaces a recursos. Para o correcto funcionamento da materia é imprescindible consultar de forma habitual a información proporcionada no curso habilitado a tal efecto.
Metodoloxía utilizada nas clases expositivas: utilizarase a lección maxistral, na cal a explicación do docente convértese nun dos elementos que se integran no proceso de construción do coñecemento do alumno, adquirindo relevancia no traballo dos alumnos.
Metodoloxía utilizada nas clases interactivas: nas sesións interactivas realizaranse distintos tipos de actividades formativas fundamentalmente grupais que comprenden:
1) Actividades iniciais, actividades experimentais, xogos e prácticas de campo.
2) Análise de fontes documentais.
3) Traballos tutelados para promover a aprendizaxe autónoma.
4) Aprendizaxe colaborativa no que o alumnado traballe organizado en pequenos grupos para resolver determinadas tarefas asignadas polas docentes para optimizar a súa aprendizaxe e a do resto dos membros do grupo.
5) Saídas á contorna.
Empregarase o Campus Virtual como ferramenta de comunicación entre o alumnado e os docentes, así como para programar e realizar determinadas actividades.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO XERAL
Combinarase a avaliación continua (Parte 1) coa realización dunha proba final complementaria (parte 2).
Parte 1:
a. Asistencia, participación activa e colaborativa nas actividades que se organicen na aula.
b. Elaboración e presentación de traballos (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan reflexións sobre os contidos abordados nas sesións expositivas (pondo de manifesto o aprendido), incluíndo presentacións orais.
Parte 2:
c. Proba final (individual), de carácter presencial ou telemático, complementaria á avaliación continua, sobre os contidos correspondentes á programación das sesións expositivas e interactivas.
Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final:
Parte 1:
- Apartado a: 10%
-Apartado b: 40%
Parte 2:
- Apartado c: 50%
Para obter puntuación na Parte 1 será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases. A xustificación da falta terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, pero non proporcionará puntuación no apartado de asistencia.
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poida sumar a puntuación da Parte 1 (apartados a, e b). O alumnado que non teña puntuación na parte 1, será cualificado unicamente coa nota da parte 2 (apartado c), que ao representar este o 50% do total non será superior a 5.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA E/OU EXENCIÓN DE DOCENCIA
O alumnado con dispensa de asistencia e/ou exención de docencia será avaliado como se indica a continuación. En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a execución de asistencia a clase, este alumnado deberá acordar un plan de traballo e avaliación específico dentro das dúas primeiras semanas do curso e que incluirá:
-Parte 1: programa de actividades relacionadas coas sesións expositivas e interactivas con prazos de entrega determinados. Isto representará o 40% da puntuación final.
-Parte 2: realización dunha proba escrita na que amose a adquisición das competencias obxecto de avaliación na materia (60%).
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na parte 2 para que se lle poda sumar a puntuación da parte 1. O alumnado que non teña puntuación na parte 1, será cualificado unicamente coa nota da parte 2, que ao representar esta o 60% do total non será superior a 6. Este criterio aplicarase nas dúas oportunidades da primeira convocatoria.
O alumnado que non contacte cos docentes dentro das 2 primeiras semanas de curso será avaliado de igual forma que o de convocatoria ordinaria, agás que se trate dunha causa debidamente xustificada.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE 2ª CONVOCATORIA E POSTERIORES
O alumnado de segunda convocatoria e posteriores poderá acollerse a realizar unha proba final na que se demostre o grao de consecución das competencias asociadas a esta materia, sempre e cando teña aprobada a parte 1 da materia. Para tal fin deberá falar co docente en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre.
O alumnado que non contacte cos docentes dentro do prazo establecido será avaliado igual que o da 1ª convocatoria.
O alumnado que non teña aprobada a parte 1 en convocatorias anteriores deberá cursar a materia igual que o alumnado de 1ª convocatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
Esta é unha materia de 3 ECTS (75 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 9 horas expositivas, 12 horas interactivas de laboratorio e 3 horas de titorías.
Considérase que as 51 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado da seguinte maneira:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades na biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas.
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais.
- Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, orientación e seguimento de traballos prácticos.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, é necesario asistir a clase e participar activamente nas actividades propostas, ou o seguimento das indicacións correspondentes á docencia telemática e a implicación nas tarefas correspondentes.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
- O programa da materia desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, durante o segundo semestre.
- As titorías atenderanse no despacho do docente na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, ou ben telematicamente mediante a plataforma Microsoft Teams.
- Os correos electrónicos e as extensión telefónicas están consignados nos horarios do profesorado da materia que aparecen no sitio web correspondente da USC.
-Os contidos das sesións expositivas e interactivas da materia estarán dispoñibles na aula virtual.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
− Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
− Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
− Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
− Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
− Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
− Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
− Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Francisco Sóñora Luna
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- francisco.sonora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19:30-21:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
16.05.2025 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
01.07.2025 18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |