Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A presenza da materia de ‘Xénero e Educación Social’ no Máster de Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario, comporta un desafío para os distintos profesionais da Educación que se orienten cara ó deseño de actuacións socioeducativas desde unha perspectiva de xénero. Neste sentido, abordar a diferenciación social do xénero feminino e do masculino como problemática emerxente implica un compromiso no desenvolvemento de traballos de investigación capaces de ofrecer –ou de analizar en profundidade– alternativas educativas que transformen á sociedade.
Os obxectivos da materia responden á necesaria aproximación conceptual e metodolóxica para o fomento de investigacións sobre xénero e Educación Social.
Así, podemos destacar os seguintes:
XERAIS
- Coñecer e reflexionar sobre a construción social das identidades de xénero.
- Coñecer e analizar os diferentes contextos de acción educativo-social que promoven a igualdade de oportunidades entre o xénero feminino e o masculino.
- Analizar, desde unha perspectiva crítica e reflexiva, o enfoque educativo das políticas de igualdades entre mulleres e homes.
- Dotar de elementos conceptuais, metodolóxicos e instrumentais para investigar desde unha perspectiva de equidade de xénero.
ESPECÍFICOS
Busca de información e documentación:
- Sobre a desigualdade de xénero como problema social.
- Sobre políticas de igualdade de oportunidades.
- Sobre a profesionalización dos Axentes de Igualdade de Oportunidades.
Coñecemento do procedemento metodolóxico:
- Definición de problemas de investigación relacionados coa diferenciación de xénero.
- Elaboración de instrumentos de observación e entrevista para investigar sobre xénero e educación social.
- Análise de propostas educativas en procesos de desenvolvemento comunitario para a igualdade de oportunidades".
- Busca de iniciativas locais en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes".
- Manexo de datos e construción de indicadores de desigualdade de xénero.
Práctica da comunicación social e científica:
- Contraste de opinións, relatos e reflexións persoais sobre a construcción social das identidades de xénero e a tarefa profesional en Ciencias da Educación orientada a implementar políticas de igualdade.
- Participación activa en redes sociais e profesionais relacionadas coa temática do xénero e a educación social.
- Redacción dun informe breve con fundamentos teóricos, empíricos e analíticos sobre unha realidade educativo-social relacionada coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
1.Construción social das identidades de xénero.
Identidade de xénero como construcción social a través de axencias educativas. Movementos sociais contemporáneos e vangarda do xénero feminino. Desenvolvemento de programas educativos para promover a igualdade de xéneros.
2.Desigualdade de xénero en función de diferentes indicadores:
A educación: expectativas de rendemento, fracaso e abandono escolar. O emprego e o mercado laboral. A Conciliación da Vida Persoal, Familiar e Laboral. O ocio feminino. Os Procesos de Empoderamento: Poder, toma de decisións, política e participación social. A Violencia de Xénero e a múltiple discriminación: discapacidade, idade, inmigración, etnia, ruralidade, monoparentalidade e fogares unipersoais, persoas sen fogar, poboación reclusa-delincuente, drogodependencia, orientación sexual-identidade sexual, relixión. Outras desigualdades: linguaxe sexista, saúde, deporte, publicidade, brecha dixital, acoso sexual, infanticidio femenino.
3. Investigar con perspectiva de xénero.
Estatísticas sobre mulleres. Introdución da variable sexo e fontes de nesgo na produción de datos. Feminismos e investigacións feministas.
BÁSICA
- Bourdieu, Pierre (2000). La dominación masculina. Anagrama.
- Gradaílle, Rita; Marí, Rosa e Caballo, M. Belén (2015). La igualdad de género y el empoderamiento de las mujeres: desafío del milenio en clave educativa y social. Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa, 61, 41-57.
- Gradaílle, Rita e Varela, Laura (2018). Recursos comunitarios y medidas de conciliación de las familias del alumnado de Educación Primaria en Galicia. Obets. Revista de Ciencias Sociales, 13(1), 69-92.
- Jato Seijas, Elisa e Iglesias da Cunha, Lucía (Coords.) (2003). Xénero e Educación Social. Laiovento.
COMPLEMENTARIA
- Acker, Sandra (1995). Género y educación. Reflexiones sociológicas sobre mujeres, enseñanza y feminismo. Narcea.
- Amorós, Celia (1998). 10 palabras claves sobre mujer. Verbo Divino.
- Blanco, Nieves (Coord.) (2001). Educar en Femenino y en Masculino. Akal.
- Buviníc, Myra et al. (Eds.), Equality for Women. Where Do We Stand on Millennium Development Goal 3. The World Bank.
- Cobo, Rosa (Ed.) (2008). Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas. Los Libros de la Catarata.
- García de León, Mª Antonia (2011). Cabeza moderna, corazón patriarcal (un diagnóstico social de género). Siglo XXI.
- Gradaílle Pernas, Rita (2005). Educación e socialización da muller na Galicia rural. Edicións do Castro.
- Hooks, bell (2017). El feminismo es para todo el mundo. Traficantes de sueños.
- Hooks, bell (2023). A vontade de cambiar: homes, masculinidade e amor. Laiovento.
- Iglesias da Cunha, Lucía e Jato Seijas, Elisa (2007). La profesión de Agente de Igualdad de Oportunidades en los diferentes contextos de la Educación Social. Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa, 35, 99-112.
- Instituto de la Mujer (2017). Mujeres y hombres en España. Instituto de la Mujer. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.
- Marañón, Iria (2017). Educar en el feminismo. Plataforma editorial.
- PNUD (2010). Informe Regional sobre Desarrollo Humano para América Latina y el Caribe 2010. Actuar sobre el futuro: romper la transmisión intergeneracional de la desigualdad. hdr.undp.org/sites/default/files/rhdr-2010-rblac.pdf
- Puleo, Alicia (2019). Claves ecofeministas. Plaza y Valdés.
- Schüssler, Renate (2007). Género y educación. Cuaderno temático. PROEDUCA-GTZ. https://www.oei.es/historico/genero/documentos/egenero.pdf
- Subirats, Marina e Brullet, Cristina (1988). Rosa y Azul. La transmisión de los géneros en la escuela mixta. Instituto de la mujer.
- Varela, Nuria (2005). Feminismo para principiantes. Ediciones B.
Recursos electrónicos
EDUSO. Portal de la Educación Social. http://www.eduso.net/
GÉNEROS. Multidisciplinary Journal of Gender Studies: http://hipatiapress.com/hpjournals/index.php/generos
INSTITUTO DE LA MUJER Y PARA LA IGUALDAD DE OPORTUNIDADES: http://www.inmujer.gob.es/home.htm
REVISTA PEDAGOGÍA SOCIAL. http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria/
REVISTA RES. Nº 21. Educación social y género. http://www.eduso.net/res/21/articulo/redaccion
XUNTA DE GALICIA. Igualdade: http://igualdade.xunta.es/
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
CB6 - Posuir e comprender coñecementos que aporten una base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a míudo nun contexto de investigación.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuícios a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuícios.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
ESPECÍFICAS
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa.
CE2 - Vencellar o coñecemento científico, a investigación educativa e os seus aportes metodolóxicos aos procesos de cambio socioeducativo.
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas.
CE4 - Adquirir un dominio básico dos fundamentos epistemolóxicos, teóricos e metodolóxicos da investigación cualitativa no coñecemento e a transformación das realidades sociais.
CE5 - Coñecer os principais enfoques e estratexias da avaliación de programas na intervención socio-comunitaria.
TRANSVERSAIS
CT01 - Coñecer e respetar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflictos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fóra da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidade no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos del Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa busca da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como trazo de identidade.
CT04 - Xerar unha actitude para a sostenibilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer».
Esta materia comprenderá tódolos ámbitos de práctica docente-discente: lectura e análise de textos, elaboración de contidos, exposición de temas polas profesoras e/ou alumnos/as, redacción de traballos, participación en debates a modo de seminarios, foros, etc. Neste sentido, desenvolveranse múltiples iniciativas e procesos metodolóxico-didácticos que dean conta dos contidos referidos no programa, así como a análise de distintos documentos que conforman a bibliografía básica e complementaria.
Impulsaranse diferentes dinámicas –tanto individuais como grupais– que posibiliten a participación e incentiven o diálogo das persoas matriculadas neste curso. Aboradrase, a través de distintas estratexias metodolóxicas, a temática da materia. Entre outras, podemos destacar o estudo de casos, a observación e a entrevista, procurando en todo momento axustar os contidos do seminario aos intereses investigadores do alumnado. A aprendizaxe será acompañada polo uso activo do Campus Virtual, mediante a súa utilización como espazo de aprendizaxe; onde, ademáis de dispor de material específico de lectura, canalizarase a entrega de tareas.
A avaliación desta materia contempla a valoración de dúas aportacións:
A. AVALIACIÓN POR MÓDULO
TRABALLO DE AULA 30%
- Asistencia e participación activa nas sesións de aula. Lectura dos documentos indicados como básicos, así como dalgunhas referencias recomendadas en función do interese de cada estudante. Realización das tarefas e entrega na aula ou no Campus Virtual.
- Alanlizar un informe de investigación educativa -no campo da discriminación de xénero- para informar sobre a metodoloxía empregada, as conclusións principais e facer unha proposta de continuidade en posteriores investigacións sobre a temática escollida.
TRABALLO DE MÓDULO V 70%
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a "avaliación por módulos" para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse. En sesión de coordinación, o 26 de xullo de 2018 decídese suprimir a "avaliación por móudlos" quedando esta opción habilitada para o alumnado de cursos anteriores que manifeste o seu interese en seguir adscrito a esta modalidade de avaliación. No curso 2019-2020 reanúdase a opción de avaliación por módulo.
O traballo de Avaliacón por Módulos deberá seguir indicacións específicas dadas desde a coordinación do módulo V. Tarefa:
- Traballo individual de elaboración dunha comunicación (4000-5000 palabras) para un dos encontros científicos da área de Teoría e Historia da Educación (Teoría da Educación, Historia da Educación, Pedagoxía Social), seguindo os requirimentos do evento.
B. EN CASO DE NON ACOLLERSE Á AVALIACIÓN DE MÓDULO. TRABALLO ESCRITO 70%
- Traballo de aula como o indicado no apartado anterior (30%).
- Realización individual dun traballo escrito (2000-4000 palabras) que analice a situación de desigualdade/discriminación das mulleres nun determinado campo, como por exemplo en educación, emprego, saúde, lecer, deporte ou publicidade, e as implicacións para futuras investigacións en ciencias da educación.
Para a valoración do traballo escrito teranse en conta os seguintes criterios:
- Cumprimento dos aspectos formais (2 puntos): Identificación do traballo, extensión, citación de fontes consultadas, introdución, numeración de apartados, bibliografía, anexos.
- Claridade na redacción (1 punto); capacidade analítica e crítica (2 puntos); calidade nas fontes documentais (1 punto); orixinalidade (1 punto).
C. ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
O alumnado que acredite dispensa á hora de asistir a clase, deberá realizar o Traballo escrito (70%) -coas indicacions do Módulo V en caso de acollerse a esta opción-, as tarefas que se encomenden entregar no campus virutal e unha reflexión complementaria sobre algún dos textos recomendados na materia (30%).
------
Os traballos individuais ou grupais do alumnado deberán ser orixinais, e indicar as fontes documentais utilizadas para a súa elaboración. Calquera traballo no que se detecte que foi copiado suporá o suspenso na materia e, de ser o caso, a supresión do dereito a unha segunda oportunidade. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Lecturas e realización de traballos individuaiss e en grupo (45% do tempo).
- Sesións de clase maxistral (20% do tempo).
- Debates en pequeno e gran grupo (15% do tempo)
- Videoforums (10% do tempo).
- Titorías personalizadas (10% do tempo).
De cara a un maior aproveitamento da materia, fanse as seguintes recomendacións para o estudo:
- Asistir con regularidade ás sesións de clase e participar activamente no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Tomar anotacións nas sesións de exposición teórica de contidos.
- Realizar lecturas críticas, analíticas e reflexivas dos diferentes documentos recomendados na materia, así como de libros e/ou publicacións complementarias.
- Realizar os traballos –individuais e grupais– que se encarguen oportunamente nas diferentes sesións de clase.
COMUNICACIÓN ELECTRÓNICA COAS PROFESORAS E CUESTIÓNS RELACIONADAS CO USO DAS TIC
O alumnado deberá empregar o correo electrónico da USC (@rai.usc.es)
Asemade, debe empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
O ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a/o docente e o estudantado matriculado na materia.
É de obrigado cumprimento a normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
ASISTENCIA A CLASES
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa".
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
En atención á instrución reitoral 1/2007 sobre a Dispensa de Asistencia a Clase (http://hdl.handle.net/10347/15644), o alumnado que concurra nestas circunstancias terá que facer os traballos de aula no tempo e forma que se especifiquen no Campus virtual. Ademais, naqueles casos que se indiquen como traballos grupais, o alumnado con dispensa poderá realizalos de modo individual.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
Por sentido de coidado e de responsabilidade co ámbito natural e humano, nesta materia esíxese a presentación de traballos a través do campus virutal. No caso excepcional de que se solicitase a entrega en papel seguiranse as seguintes recomendacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir polas dúas caras do folio en calidade "aforro de tinta".
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
MODELO DE CITACIÓN
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA) 7ª ed. APA, 2020-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org. Unha guía resumida en galego pódese atopar na seguinte dirección: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/ffp/descar…
OBSERVACIÓNS COMPLEMENTARIAS
- Existe a obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
- Hai que ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos. Ver: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Rita Gradaille Pernas
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813817
- Correo electrónico
- rita.gradaille [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Patricia Alonso Ruido
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- patricia.alonso.ruido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |