Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias de la educación.
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813717 (Conserxaría)
881813879 (Decanato)
educacion.decanato@usc.gal
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812016
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
María Del Carmen Gutierrez Moar
Contacto
mdelcarmen.gutierrez@usc.es

O máster facilita unha formación de carácter especializado e multidisciplinar nas Ciencias da Educación, poñendo énfase na diversidade cultural e nos procesos de desenvolvemento en clave educativa. Promove, tamén, a iniciación do alumnado en tarefas investigadoras.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4311773
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 29

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA DEL MAR LORENZO MOLEDO

    Coordinador-a do título:
    María Del Carmen Gutierrez Moar
    mdelcarmen.gutierrez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)

    Data de publicación no BOE:
    24/08/2010

    Data da última acreditación:
    30/04/2015

    O máster oriéntase cara á adquisión dunha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar nas Ciencias da Educación, poñendo énfase na diversidade cultural e nos procesos de desenvolvemento en clave educativa.

    Ao mesmo tempo promove a iniciación do alumnado en tarefas investigadoras, aplicables en contornas profesionais de carácter socioeducativa e posibilita o acceso ao Programa de Doutoramento en Educación.

  • Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:

    Obrigatorios 24;
    Optativos 21;
    Traballo Fin de Máster 15;
    Total 60.

    Non se contemplan

  • O máster facilita unha formación de carácter especializado e multidisciplinar nas Ciencias da Educación, poñendo énfase na diversidade cultural e nos procesos de desenvolvemento en clave educativa. Promove, tamén, a iniciación do alumnado en tarefas investigadoras.

  • 1º Facilitar unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, nas Ciencias da Educación, poñendo énfase na diversidade cultural e nos procesos de desenvolvemento en clave educativa.
    2º Promover a iniciación do alumnado en tarefas investigadoras, posibilitando, no caso de cumprir os requisitos, o acceso ao Programa de Doutoramento en Educación, que culmina coa realización e defensa dunha tese doutoral.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    Non se contemplan

  • Os contidos do traballo fin de máster vincularanse ás temáticas das liñas de investigación desenvolvidas por cada un dos grupos que participan no máster.

  • Está composto por profesorado que pertencen á propia Universidade, e que forma parte de tres grupos de investigación cunha longa traxectoria (Grupo SEPA-interea; Grupo ESCULCA; Grupo Terceira Xeración) e un de máis recente creación (Grupo Edunartex), así como por colaboradores alleos á USC que desempeñan a súa actividade en universidades españolas, portuguesas e brasileiras. Tamén forma parte da equipa de apoio outro persoal que desenvolve as súas funcións profesionais en diferentes ámbitos educativos (regulados e non regulados).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.