Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
a) Analizar propostas de política cultural de iniciativa pública e privada, valorando o alcance e finalidade do seu contido en termos de desenvolvemento persoal, grupal e comunitario dos territorios/institucións en que se enmarcan.
b) Aproximarse ao marco conceptual de análise das administracións locais e as súas políticas educativas e culturais.
c) Afondar no estudo das posibilidades legais, políticas e profesionais que as administracións locais presentan para a acción educativa e cultural, incidindo no seu potencial como ámbito de investigación.
d) Xerar espírito de investigación e capacidade crítica arredor destas temáticas.
1. As políticas culturais como expresión de conceptos, significados e accións no desenvolvemento da comunidade.
2. A Animación Sociocultural, estratexia e soporte da autonomía e desenvolvemento endóxeno.
3. A participación social como condición e finalidade da Animación Sociocultural e o Desenvolvemento Comunitario.
4. A administración local como escenario de acción para políticas educativas e culturais coa cidadanía. Aproximación ao seu marco conceptual, legal, profesional e de investigación.
5. O movemento de Cidades Educadoras: orixe, supostos, limitacións e potencialidades. Unha aproximación desde a análise de experiencias e investigacións.
Bibliografía básica e complementaria
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Barba, M., Morán, M.C., Cruz, L. (2017) Animación sociocultural en prisión. Experiencia en el Centro Penitenciario de Monterroso. Editorial Popular.
Barbieri, N. e Salazar, Y. (2019). L'equitat en les polítiques culturals. Estudi de casos amb metodologia de recerca participativa. Barcelona. https://ddd.uab.cat/pub/estudis/2019/220410/equitat.pdf
Carta de ciudades educadoras. http://www.bcn.cat/edcities/aice/adjunts/Carta%20Ciudades%20Educadoras%…
Cultura 21: Acciones Compromisos sobre el papel de la cultura en las ciudades sostenibles (2015) http://www.agenda21culture.net/index.php/es/nueva-a21c/nueva-a21c
Díez, E.J e Rodríguez, J.R. (2018). La “polis” secuestrada. Propuestas para una ciudad educadora. Trea.
Gillet, J.C. (2006). La animación en la comunidad. Un modelo de animación socioeducativa. Graó.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aramendi, P.M., Rekalde_Rodríguez, I. E Cruz, E. (2022). Las ciudades educadoras ante la segregación escolar: caminando hacia el desarollo sostenible. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 34 (2), 1-27.
Blanco, I., Gomá, R. e Subirats,J. (2018). El nuevo municipalismo. derecho a la ciudad y comunes urbanos. Gestión y análisis de políticas públicas, 20, 14-28.
Caballo, M.B. (coord.) (2009). O Eixo Atlántico: un territorio educador, unha comunidade educativa. Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
Caballo, B. e García, I. (2019). Papel e protagonismo educativo das administracións locais. Revista Galega de Educación, 75, 62-64.
Caballo, M.B., Costa, A. e García, I. (2024). Administración local e desenvolvemento sociocomunitario. Os territorios como desexables ecosistemas educativos. En A. Sotelino (coord.). A educación en Galicia en perspectiva (281-297). Universidade de Santiago de Compostela
Ciudades y Gobiernos Locales Unidos - CGLU (2012). Río+20 y cultura. Abogando por la cultura como pilar de la sostenibilidad. Accesible en http://www.agenda21culture.net/sites/default/files/files/documents/es/r…
Innerarity, D. (2020). Una teoría de la democracia compleja: gobernar en el siglo XXI. Galaxia Gutenberg.
Latorre Madueño, G. e Mérida Serrano, R. (2019). La ciudad como contexto educativo: Desarrollo de la competencia cívica en las aulas infantiles y en el alumnado con necesidades de apoyo educativo. Foro de Educación, 17(27), 203-227.
Muñoz Moreno, J.L. e Gairín Sallán, J. (2016). Desarrollo educativo en las ciudades españolas: el protagonismo de los ayuntamientos. Revista Electrónica de Investigación Educativa, 18 (3), 81-98.
Novella, A e Alcántara, (Coords.) (2022). Voces con esencia. Para una Animación Sociocultural posicionada. Octaedro
Padula, J.E. (2015). Aproximaciones a la gestión cultural. Gijón: Ediciones Trea.
Pallarés, M., Ahedo, J. e Planella, J. (2017). Ciudad educadora, desde la relación: educación, integración, ciudad y comunicación.
Kult-ur, 8, 327-354.
Pose, H. E Caride, J.A. (2019). A educación, compromiso e responsabilidade dos concellos democráticos en Galicia (1978-2018). Sarmiento, 23, 161-182.
Quiroga, F. (Coord.) (2022) Informe cultura e sustentabilidade. A cultura, cuarto piar da sustentabilidade. Consello da Cultura Galega file:///C:/Users/Usuario/Downloads/CCG_2021_Cultura-e-sustentabiliade.pdf
Soler, P. (2012). La animación sociocultural. Una estrategia para el desarrollo y el empoderamiento de comunidades. UOC.
Teixeira Coelho, T. (2009). Diccionario crítico de política cultural. Gedisa
Tonucci, F. (2014). A cidade dos nenos: un novo xeito de pensar a cidade. Kalandraka.
Xunta de Galicia(s.d.) Estratexia da Cultura Galega 2021. Accesible en https://www.cultura.gal/es/estrategia-cultura-gallega-2021
REVISTAS DIXITAIS E PÁXINAS WEB DE INTERESE
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria https://www.pedagogiasocialrevista.es/
Res. Revista de Educación Social http://www.eduso.net
Asociación Internacional de Cidades Educadoras http://www.edcities.org
Consello da Cultura Galega http://consellodacultura.org/
Cultura 21. Agenda 21 de la Cultura http://www.agenda21culture.net/es
Federación española de municipios y provincias http://www.femp.es
Federación galega de municipios e provincias http://www.fegamp.org
Observatorio da Cultura Galega http://observatorio.consellodacultura.org/
Red Iberoamericana de Animación Sociocultural http://rianimacion.blogspot.com/#
Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social http://sips-es.blogspot.com
COMPETENCIAS
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG2 - Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos, dentro e fóra da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade.
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sustentable da USC.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa.
CE2 - Vincular o coñecemento científico, a investigación educativa e as súas acheguas metodolóxicas aos procesos cambio socioeducativo.
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas.
Capacidade de análise e valoración de diversos modelos de política cultural e educativa desenvolvidos no marco da administración local e da iniciativa privada.
Capacidade para planificar, favorecer e acompañar estruturas e procesos participativos de acción e animación sociocultural congruentes coa perspectiva do desenvolvemento integral das persoas e comunidades en que se insiren.
Capacidade de deseñar proxectos de investigación centrados no estudo da Educación Social e as Políticas Culturais e Educativas.
Capacidade de procura e selección documental en diversos soportes en relación ao tema obxecto de estudo.
Nas indicacións metodolóxicas xerais do master contémplanse clases orientadas á exposición de contidos e á resolución de problemas, e sublíñase a necesidade de procurar unha implicación activa do alumno. Asemade, sinálase que todas as tarefas dos estudantes serán orientadas polo profesorado nas sesións de titoría de grupo reducido.
Na materia Educación social e políticas culturais, en coherencia con estas indicacións e cos obxectivos descritos, promoverase un proceso metodolóxico que teña en conta principios como os de contextualización, flexibilidade, análise-reflexión crítica e participación.
Concretarase na exposición teórica e a explicación por parte das profesoras dos contidos referidos no programa do seminario, así como a análise dos distintos documentos que conforman a selección documental indicada polas profesoras. Como recurso metodolóxico básico, tamén se activarán diferentes dinámicas que posibiliten a participación e o diálogo dos e das estudantes sobre a temática abordada, así como incentivar a busca de información, a análise e a avaliación de diferentes traballos de investigación realizados arredor da mesma, procurando en todo momento axustar os contidos do seminario aos intereses investigadores do alumnado.
Na materia pódese facer, se é factible, unha práctica de campo (visita-estudo) que se poida compartir con outras materias do Máster ou Graos na perspectiva dun traballo interdisciplinario; neste caso abordarase e avaliarase en cada materia.
A aprendizaxe terá lugar a través de tres vías fundamentais:
- A implicación dos alumnos e alumnas nas sesións de aula, construíndo o coñecemento en base ao debate argumentado que se desenvolverá nas sesións de clase.
- As lecturas –individuais e colectivas– que o alumnado realice dos documentos de referencia, así como dalgunhas outras recomendadas no transcurso da materia.
- A elaboración dun traballo individual que se pode centrar na liña temática do seminario que máis se axuste aos intereses do alumnado.
Aula virtual. A materia dispón dunha aula na plataforma virtual da USC onde poderán consultarse todos os materiais, prácticas e informacións relativas ao seu desenvolvemento. É interesante a entrada semanal á mesma para un correcto seguimento da materia.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
a) Asistencia e implicación nas sesións de clase e de titoría
b) Lectura do dossier documental da materia, así como doutras referencias bibliográficas que se podan encomendar no desenvolvemento da mesma.
c) Realización de actividades de aula e dun ensaio individual no que se deberán identificar contidos e reflexións de todos os descritores básicos da materia (administración local, políticas culturais, animación sociocultural, axenda 21 da cultura, cidade educadora), argumentando as súas principais características e relacións, así como a contribución aos procesos de desenvolvemento.
d) Recensión de dúas/tres referencias bibliográficas/documentos segundo o esquema e características proporcionadas polas profesoras.
CRITERIOS
ALUMNADO ACOLLIDO Á AVALIACIÓN POR MÓDULOS
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por Módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse. Neste caso as actividades e criterios de avaliación da materia son os seguintes:
Actividades a)-b) requisito para proceder á avaliación
Actividade c) 30% cualificación
Avaliación do Módulo II 70% cualificación
A tarefa de Avaliación do Módulo II consiste nun traballo individual de definición de 10 conceptos clave relacionados coas materias cursadas no módulo e o deseño dun mapa conceptual que os artelle. Desde a coordinación do Módulo II explicarase oportuna e detalladamente as condicións para a súa elaboración.
ALUMNADO EXCEPCIONALMENTE DISPENSADO DE ASISTENCIA
O alumnado dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da USC
(http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/In…) atenderá ás seguintes actividades e criterios de avaliación:
. Actividade c) Realización individual do ensaio 60% cualificación
• Actividade d) Recensión das referencias indicadas 40% cualificación
Para proceder ao cómputo da cualificación final é preciso obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 en ambas actividades
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Seguindo as indicacións recollidas na memoria do Máster, estímase que por cada crédito cursado nesta materia serán precisas dez horas de estudo e traballo persoal por parte do estudante. Das quince horas restantes, dez serán de docencia presencial e cinco de titorías grupais e/ou individuais.
Recomendacións para o estudo da materia
Aconséllase un traballo continuado na materia, recomendándose prioritariamente:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia nos seus diversos apartados.
- Manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensinanza e aprendizaxe promovidos nos seminarios da materia, e nas diferentes modalidades de sesións de traballo.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais do Master.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións, xa sexan recomendadas polo profesorado de cada Seminario, ou persoalmente seleccionadas a través de buscas documentais en diversos formatos, arredor do tema obxecto de estudo.
- Facer uso das titorías como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe e da personalización do proceso educativo atendendo a diferenzas de intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental.
Se a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://pro-assets-usc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Belen Caballo Villar
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813746
- Correo electrónico
- belen.caballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gabriela Dolores Miguez Salina
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- gabriela.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |