Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Dotar ao alumno das ferramentas da planificación e programación sanitarias.
- Fomentar no alumnado a capacidade de análise
- Capacitar para a toma de decisións
- Fomentar o traballo en grupo
Docencia expositiva (9 horas):
1. Planificación, programación e avaliación de servizos sanitarios.
2. Ferramentas da planificación e programación sanitarias.
3. Métodos de priorización.
4. Formulación de obxectivos.
5. Avaliación de intervencións.
Docencia interactiva (12 horas):
Exercicios prácticos de planificación
Titorías (3 horas)
- Pineault R, Daveluy C. La planificación sanitaria. Conceptos, métodos, estrategias, 2ª ed. Barcelona: Masson, 1989.
- Sierra Lopez A. et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (12ª ed). Barcelona: Elsevier 2015.
Competencias da titulación as que contribúe a materia:
o Coñecer o funcionamento da Administración sanitaria.
o Deseñar e analizar estudios epidemiolóxicos
Competencias específicas da materia:
o Coñecer as ferramentas de planificación e programación sanitarias
o Coñecer os métodos máis comúns para a determinación de prioridades.
o Adquirir habilidades nos métodos de elaboración de programas
o Ser capaz de aplicar a metodoloxía epidemiolóxica a avaliación de intervencións
O módulo comezará cunha clase inicial presencial que terá lugar na data prevista no calendario académico. Para impartir a materia, unha vez mantida a reunión inicial, utilizaranse distintas técnicas de ensino a distancia mediante as ferrementas proporcionadas pola plataforma Moodle (lección, foros de discusión, tarefas, etc.). Farase especial uso daquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo. A materia impartirase de modo asíncrono ainda que poderánse facer sesións presencias para aclarar dudas se o profesor/a o considera oportuno.
As titorías poderán ser presenciais e por correo electrónico.
O sistema de avaliación conxugará os distintos métodos de avaliación continuada que permite a ensinanza virtual. O seguimento das tarefas, a participación no foro, no glosario, nas leccións, será monitorizado para valorar a adquisición de competencias por parte do alumnado e servirá para acadar a cualificación final.
O alumnado dedicará un mínimo de 51 horas ao estudo dos temas presentados no módulo e á realización de tarefas e traballos tanto individuais como grupais.
A preparación da materia non presenta dificultades especiais.
A participación nas tarefas de carácter colaborativo será especialmente tida en conta polo que o alumnado deberá facer o esforzo por estar presente dende o primeiro momento nos foros e demais espazos de traballo en grupo. A avaliación da súa presenza nas tarefas, farase atendendo tanto a aspectos cuantitativos (número de intervencións) como cualitativos (calidade das aportacións ao traballo do grupo).
Maria Leonor Varela Lema
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- leonor.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU