Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os dous obxectivos fundamentais desta materia son:
1) Dar a coñecer a aplicación dos principios e fundamentos da ciencia económica ao sector sanitario, tanto dende o lado da oferta como do lado da demanda.
2) Proporcionar aos estudantes que a cursan unha serie de ferramentas coas que poidan analizar con rigor e comprensión o funcionamento e os fundamentos económicos do sistema sanitario, así como os efectos que as distintas políticas sanitarias que un regulador pode levar a cabo teñen sobre o devandito sistema.
1. Introdución á economía da saúde
- A importancia da sanidade e dos sistemas sanitarios
- Conceptos fundamentais
2. Análise microeconómica dos servizos sanitarios
- Produción de saúde
- A asistencia sanitaria e outros factores de produción de saúde
- Demanda e produción de saúde: algúns modelos teóricos
3. Os mercados sanitarios
- Mercados sanitarios non competitivos
- Información asimétrica, selección adversa e abuso moral
- Relación de axencia e demanda inducida pola oferta
- Incerteza e seguros de saúde
- Externalidades e bens públicos
- Intervención e regulación nos mercados sanitarios
- Criterios: eficacia, eficiencia e equidade
4. Avaliación económica de tecnoloxías e intervencións sanitarias
- Definicións
- Costes e resultados en saúde
- Tipos de análisis de avaliación económica en sanidade
5. Políticas de saúde e xestión sanitaria
- O sistema sanitario español
- O debate sanidade pública vs. sanidade privada
- Modelos de xestión nas organizacións sanitarias
6. A macroeconomía dos servizos sanitarios
Bibliografía básica:
• Antelo M. (2022), Notas de economía de la salud, Santiago de Compostela: mimeo.
• Antelo M., Fraga J.M., Reboredo, J.C. (eds.) (2010), Fundamentos de economía y gestión de la salud, Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
Bibliografía complementaria:
• Oliva M., González B., Trapero M., Hidalgo Á., Del Llano J.E. (2018), Economía de la Salud, Madrid: Pirámide.
• Oliva J, Brosa M, Espín J, Figueras M, Trapero M, Antoñanzas Villar F.J. (2015), Cuestiones controvertidas en evaluación económica (I): Perspectiva y costes de intervenciones sanitarias. Revista Española Salud Pública 89, 5-14.
• Phelps Ch.E. (2009), Health Economics, New York: Addison Wesley.
• Trapero-Bertrán M, Brosa M, Espín J, Oliva J, Key Value-Grupo II (2015), Cuestiones controvertidas en evaluación económica (II): Medidas de resultado en salud de las intervenciones sanitarias, Revista Española Salud Pública 89, 125-135.
• Zweifel P., Breyer F. (1997), Health Economics, Oxford: Oxford University Press.
• Coñecer os factores que afectan á toma de decisións óptimas por parte dos axentes económicos que interveñen no sistema sanitario, tanto os que actúan como demandantes dos servizos sanitarios como os que actúan como produtores e provedores dos devanditos servizos.
• Aplicar os principios económicos e de análise á identificación, previsión e resolución de problemas relacionados coa asignación eficiente dos recursos económicos na asistencia sanitaria.
• Analizar as vantaxes e limitacións do mecanismo de mercado na asignación de recursos no sistema sanitario.
• Coñecer os principios básicos da regulación sanitaria.
• Comprender a importancia do sector dende o punto de vista agregado.
O Máster en Saúde Pública da USC ten carácter de semipresencialidade e a materia de "Economía da saúde" forma parte do módulo opcional do mesmo.
A dinámica desta materia desenvolverase do seguinte xeito: unha sesión inaugural levada a cabo de xeito presencial e na que se presenta ao alumnado a guía específica da materia (notas de clase) xunto cos materiais básicos que cubren todo o contido do curso. Esta guía serve de apoio e orientación para o seguimento dos diversos temas dos que está composto o curso. A continuación, o resto das sesións son desenvolvidas polo alumnado cos materiais que se distribuíron na sesión de apertura e o profesor é o encargado de clarificar as dúbidas que poidan xurdir, respostando, a través do correo electrónico, da aula virtual da USC e/ou da plataforma Teams, a cada unha das consultas telemáticas pertinentes que os estudantes prantexen en cada momento.
Polo tanto, os alumnos terán desde a primeira sesión do curso a súa disposición os materiais didácticos que cobren os contidos da materia e que serán suficientemente detallados e comprensibles para que poidan ser maioritariamente empregados de xeito autónomo por cada alumno ou alumna. Así mesmo, os materiais do curso conterán referencias bibliográficas e pautas relacionadas co contido dos temas que servirán de apoio e orientación para o traballo individual ou en grupo.
A avaliación da materia consistirá na realización de dúas actividades ou tarefas en forma de dous ensaios sobre aspectos relevantes da economía da saúde (avaliación continua), así como un exame final escrito. A primeira tarefa proporase a finais de marzo e ou obxectivo que se persegue coa mesma é que o alumnado discuta e elabore un ensaio sobre algún tema central da economía da saúde (variables que poden explicar os niveis de saúde nos distintos países, importancia que a industria da sáude ten para as economías, comparación dos diversos sistemas nacionais de saúde, comportamento de demanda e oferta de asistencia sanitaria, etc.) e para a que poden aproveitar os materiais da primeira parte do curso.
A segunda tarefa proporase a finais de abril e será mais específica ao estar relacionada coa relevancia da información asimétrica no ámbito sanitario e a taxonomía de problemas que poden presentarse (toma de decisións en condicións de información asimétrica, metodoloxías para decidir proxectos e intervencións sanitarias, etc.).
Por último, o exame final escrito pretende probar o coñecemento de toda a materia que adquiriu o alumnado. Tanto os ensaios como o exame final están orientados a avaliar as habilidades que os estudantes deben adquirir co seguimento do curso.
Os alumnos realizarán as dúas tarefas de avaliación e o exame final a distancia e antes dun determinado prazo que se especificará en cada caso e no momento do envío. Unha vez que o alumnado remata cada unha das tarefas, terá que enviala electrónicamente ao profesor encargado da materia. A ferramenta que se empregará para iso será a aula virtual da USC ou ben o correo electrónico manel.antelo [at] usc.es (manel[dot]antelo[at]usc[dot]es)).
Tanto as tarefas como o exame final centraranse principalmente na avaliación dos coñecementos adquiridos. O traballo ao longo do curso (avaliación continua) estará orientado principalmente a avaliar a capacidade de aplicar coñecementos na elaboración de estudos que combinen análises teóricas e traballos empíricos, a capacidade de facer xuízos e propoñer solucións fundamentadas para problemas. , eficacia no traballo e capacidade expositiva por escrito. A avaliación continua terá en conta todas as actividades programadas. No proceso de avaliación, ademais do dominio da materia, consideraranse aspectos como a capacidade de análise e síntese, a claridade e capacidade expositiva e a participación e contribución ao bo desenvolvemento das actividades do curso. A avaliación continua terá un peso de polo menos un 40% na avaliación final.
O alumnado que se presente á convocatoria extraordinaria será avaliado do mesmo xeito que na convocatoria ordinaria.
O alumnado repetidor será avaliado do mesmo xeito que o non repetidor.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Os estudantes deben adicar o número de horas de traballo persoal necesario para cubrir satisfactoriamente o estudo autónomo dos contidos (individual ou en grupo), a análise de casos, a lectura doutras referencias que sexan necesarias e a realización proveitosa das probas de avaliación continua, así como da proba final.
Para o estudo proveitoso dos contidos da materia de Economñia da Saúde, recoméndase aos alumnos/as:
• esforzarse e adicarlle unha atención con una continuidade regular ao curso ao longo de todo o semestre,
• comprender os principios básicos que compoñen os contidos e non memorizalos simplemente,
• traballar con espírito analítico os contidos da materia que se ofrecen nos materiais básicos, así como os relacionados coas referencias bibliográficas recomendadas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Manel Antelo Suarez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811535
- Correo electrónico
- manel.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade