Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Por medio de metodoloxía avanzada capacitar ao alumnado para que saiba interpretar estudos publicados de relevancia para a investigación en Ciencias Visuais.
2. Que o alumnado saiba deseñar e analizar estudos poboacionais no campo das Ciencias Visuais.
3. Que o alumnado saiba realizar metaanálisis en todas as súas etapas no campo das Ciencias Visuais.
Contido teórico: Docencia virtual na que se porá a disposición do alumnado os contidos do programa teórico nunha contorna on-line que constarán de documentación escrita e presentacións audio e vídeo.
-Método científico. Tipos de hipóteses.
-Tipos de variables e escalas en investigación en Ciencias Visuais
- Cuestionarios e outros métodos de recollida de datos en Ciencias Visuais
- Nocións de epidemioloxía en Ciencias Visuais: medidas de frecuencia, medidas de efecto, deseños epidemiolóxicos, concepto de confusión e modificación de efecto, modelización.
- Procuras bibliográficas: nocións de estratexia de procura, procura libre, procura por palabras crave.
- Revisións sistemáticas en Ciencias Visuais
. Metaanálise en Ciencias Visuais: evolución, principios, ferramentas, noción de heteroxeneidade, sesgo de publicación.
Contido interactivo: Exercicios prácticos de procura bibliográfica, análise de datos, redacción de proxectos de investigación simulados. Realización dun metaanálise.
Tutorías: Tutorías personalizadas presenciais ou a distancia segundo a necesidade do alumnado, para solucionar problemas específicos.
- Piédrola Gil et al. Medicina Preventiva y Salud Publica. 12ª Edición. Barcelona: Masson, 2015.
- Ahlbom A et al. Fundamentos de epidemiología. Ed Siglo XXI. 2007.
- Johnson GJ et al. The epidemiology of eye diseases (3rd edition). London: Imperial College Press, 2012
- Manual de método epidemiológico del Instituto de Salud Carlos III: http://www.isciii.es/ISCIII/es/contenidos/fd-publicaciones-isciii/fd-do…
BÁSICAS E XENERAIS
CB6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
CG1 Coñecer, comprender e aplicar os principios, metodoloxías e novas tecnoloxías da optometría, así como a adquisición das destrezas e competencias descritas nos obxectivos xerais do título.
CG3 Adquirir coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado e á investigación no campo da Optometría.
TRANSVERSAIS
CT1Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
CT2 Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
CT3 Desenvolver capacidade crítica e autocrítica e de toma de decisións.
CT4.- Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)
CT5.- Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
ESPECÍFICAS
CE5 Coñecer, comprender e aplicar conceptos de cribaje na atención primaria visual e ocular.
CE6 Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en Ciencias da Visión
O ensino teórico e interactivo impartirase on-line. As tutorías poderán ser presenciais ou vía ferramentas telemáticas (videoconferencia) se ao alumnado élle difícil desprazarse. Utilizarase o Campus Virtual da USC como base para este ensino. O alumnado atopará a documentación, o material audiovisual e as tarefas na aula virtual. Calquera intercambio realizarase por medio da aula virtual. Non está previsto que se impartan clases presenciais.
Avaliación continua (30%). Valorarase o esforzo e progreso na aprendizaxe mediante preguntas de control (on-line) no ecuador da materia.
Exame final (70%) de tipo presencial que será de tipo test e suporá resolución de problemas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
- Clases teóricas (non presenciais): 12 horas.
- Preparación da actividade interactiva: 16 horas.
- Tutorías personalizadas: 4 horas
- Realización de exame: 1 hora presencial.
- Traballo autónomo: 42 horas
É fundamental que o alumnado estea ao día na preparación dos diferentes temas para o seguimento e superación da materia. O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesor (resolución de problemas, revisión bibliográfica e exercicios prácticos) para poder superar con éxito a materia.
A maior parte do material docente porase a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC. Pretendemos que esta plataforma sexa a principal canle de comunicación co alumnado.
El Bahi Takkouche Souilamas
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812268
- Correo electrónico
- bahi.takkouche [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |