Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Familiarización da/o estudante coas técnicas avanzadas da Estatística e a súa aplicación no campo da Optometría.
- Manexar un paquete estatístico que permita a análise de datos obtidos en investigacións do campo da Optometría.
Tema 1. Revisión dos conceptos básicos de estatística descritiva, probabilidade e inferencia estatística.
Tema 2. Análise da varianza cun ou varios factores.
Tema 3. Modelos de regresión simple e múltiple. Correlación. Análise da covarianza.
Tema 4. Contrastes non paramétricos para unha, dúas e máis mostras.
Tema 5. Táboas de continxencia e medidas de asociación.
Bibliografía básica:
Agresti, A. (2012). Categorical data analysis. 3ª edición. Wiley.
Cao, R. e outros (2001). Introducción a la estadística y sus aplicaciones. Madrid: Pirámide.
Peña, D. (2002). Regresión y diseño de experimentos. Alianza Editorial.
Bibliografía complementaria:
Crujeiras, R.M. e Faraldo, P. (2010). Manual de estadística básica para ciencias de la salud. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Departamento de Estatística e Investigación Operativa.
Milton, J.S. (2007). Estadística para biología y ciencias de la salud. 3ª ed. ampliada. Madrid: Mc Graw-Hill Interamericana.
Nesta materia a/o estudante practicará unha serie de competencias básicas, xerais e transversais, propias do Máster en Optometría, e unhas competencias específicas desta materia en particular. De forma concreta, nesta materia trabállanse as seguintes competencias:
Competencias básicas e xerais
CG2 - Demostrar capacidade para traballar en colaboración con outros profesionais como membro dun equipo multidisciplinar cun alto grado de eficacia.
CG3 - Adquirir coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado e á investigación no campo da Optometría.
CG5 - Transmitir os resultados da investigación a públicos especializados, académicos e xeneralistas.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en veciñanzas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudiantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias transversais
CT1 - Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
CT2 - Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneles, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
CT3 - Desenvolver capacidade crítica, autocrítica e de toma de decisións.
CT4 - Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)
CT5 - Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
Competencias específicas
CE6 - Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en Ciencias da Visión.
CE7 - Adquirir coñecementos e habilidades desde distintas perspectivas do coñecemento en Ciencias da Visión.
A ensinanza consta de:
- Docencia dos contidos teóricos (9 horas non presenciais asíncronas). É de carácter non presencial, polo que se facilitarán materiais co desenvolvemento de cada un dos temas, xunto con algúns exercicios resoltos e outros propostos para que o estudante verifique os seus progresos.
- Prácticas en ordenador (12 horas presenciais programadas en 6 sesións de dúas horas), onde se resolven casos prácticos mediante software estatístico.
- Titorías (3 horas presenciais, telemáticas ou por correo electrónico), nas que se leva a cabo un seguimento da aprendizaxe e se resolven dúbidas. A programación dunha posible sesión de titoría presencial farase de acordo co grupo de estudantes, mentres que as titorías individuais atenderán ás demandas puntuais de cada estudante.
- Examen escrito (3 horas presenciais).
Avaluación continua (50%): a avaliación continua levarase a cabo ao longo do semestre. Constará dos seguintes elementos:
- Resolución de exercicios propostos a través da plataforma virtual, que serán entregados xunto co necesario informe explicativo. Mediante esta actividade avalíanse as competencias: CG2, CG3, CG5, CB6, CB7, CB9, CB10, CT2, CE6, CE7,
- Formularios de avaliación das clases prácticas de ordenador, que se realizarán nas propias horas de docencia práctica. Mediante esta actividade avalíanse as competencias: CG3, CB6, CT1, CT3, CT4, CE6, CE7.
A cualificación obtida por avaliación continua será conservada unicamente para a proba de recuperación do mesmo curso.
Examen final (50%): o exame final constará de varias cuestións teórico-prácticas sobre os contidos da materia, dentro das que se poderá incluír a interpretación de resultados obtidos co software estatístico utilizado na docencia práctica de ordenador. Mediante esta actividade avalíanse as competencias: CG3, CB6, CB8, CB9, CT5, CE6, CE7.
Considérase que un estudante se presentou a unha convocatoria cando participou en algunha actividade de avaliación, ben por avaliación continua ou por exame.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA
Prácticas de ordenador (12 horas)
Titorías (3 horas)
Realización do exame (3 horas)
TRABALLO TOTAL EN AULA (18 horas)
TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO (57 horas)
-Asistencia ás actividades presenciais e seguimento das tarefas propostas para o contido teórico.
-Facer uso das titorías para consultar calquera dúbida que poida xurdir.
Os materiais da materia serán facilitados a través do Campus Virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Cesar Andres Sanchez Sellero
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813208
- Correo electrónico
- cesar.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática |
17.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
12.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |