Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
-Coñecemento do funcionamento do sistema editorial galego nun sentido moi amplo e desde unha perspectiva histórica, a partir dos anos 80 do século XX e ata a actualidade.
-Determinación dos axentes implicados no funcionamento do sistema editorial, así como das características concretas da súa actuación.
-Detección dos principais desafíos de futuro aos que se enfronta o sistema nos próximos anos.
1. A configuración global do sistema editorial galego
-O sistema editorial galego, de onte a hoxe: caracterización e tipoloxía das empresas editoriais galegas.
-Fórmulas xurídicas na industria editorial galega: fundación, empresa integrada nun gran grupo editorial, cooperativas (economía social) e outras.
-Estratexias de configuración de catálogos e ritmos de publicación na industria editorial galega.
-Canón escolar e dereitos de autor: obras libres de regalías.
2. Agrupacións e subgrupos de editoriais
-Editores Xerais (Galaxia, Xerais) vs. editoriais con perfís específicos (tradución, temática, xénero -poesía, banda deseñada-, etc.).
-A Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) como fenómeno: editoriais específicos, estratexias de elaboración de catálogos, establecemento de pontes coa docencia, dinámicas de achegamento e dependencia de estratexias de dinamización lingüística e eventos culturais doutra índole.
-Publicación institucional: axentes, criterios, dinámicas.
3. Aspectos económicos do sector editorial
-Intervención institucional no sector do libro: compra institucional, axudas á tradución e escritura, premios literarios, etc.
-Estratexias de venda e difusión no sector editorial: feiras do libro galego e estranxeiro, perfís nas redes, crítica literaria en diversos medios, presentacións de novidades, etc.
-Fórmulas complementarias das editoriais tradicionais: autoedición e edición baixo demanda.
-Libro dixital e formatos en liña no sector editorial galego.
Alvarellos Casas, H. (ed.) (2007): Alvarellos: 30 anos de edición en Galicia. Santiago de Compostela: Alvarellos.
Bragado Rodríguez, M. (2007): “A nosa edición contemporánea ou a emerxencia dunha industria cultural”, en H. Alvarellos Casas (coord.), Alvarellos: 30 anos de edición en Galicia. Santiago de Compostela: Alvarellos, pp. 43-53.
Bragado Rodríguez, M. (2020): “Edición educativa e normalización”, Revista Galega de Educación, 78, pp. 36-38.
Casas Vales, A. (2001): “Público e empresas editoras na poesía galega entre a fundación das Irmandades da Fala e a Guerra Civil”, en A. Abuín González, J. Casas Rigall e J. M. González Herrán (eds.), Homenaje a Benito Varela Jácome. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago, pp. 107-120.
Escrigas, G., e M. Bragado (1997): 200 anos do libro escolar en Galicia: Complexo Cerámicas do Castro Sada, 4 ó 8 de novembro. Exposición preparada por Guillermo Escrigas, Manuel Bragado. O Castro, Sada: Grupo Sargadelos e Edicións Xerais de Galicia.
Freixanes, Víctor F. (2010): “A industria editorial”, en V.F.Freixanes e A. Meixide (eds.), O capital da cultura: unha achega ás industrias culturais de Galicia. A Coruña: Centro de Investigación Económica e Financeira, pp.79-185.
Mejuto, E. (2013): “OQO editora : un camiño de ida e volta”, en X. M. Mosquera Carregal (ed.), Lingua e tradución/IX Xornadas sobre lingua e usos. A Coruña: Universidade, Servizo de Normalización Lingüística, pp. 227-231.
Monteagudo, H. (2021): O idioma galego baixo o franquismo. Vigo: Galaxia.
Montero Küpper, S. (2012): “Contextualización histórico-cultural y apuntes sobre el sector editorial gallego”, en A. Fernández Rodríguez, I. Galanes Santos, A. Luna Alonso e S. Montero Küpper (eds.), Traducción de una cultura emergente: la literatura gallega. Bern [etec.] : Peter Lang, pp. 61-86.
Regueira, M. (2020): Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario de posguerra (1936-1966). Vigo: Xerais.
Vieites García, M. (2001): “Editorial Galaxia: cincuenta años de labor cultural”, ADE: teatro, 85, p. 11.
CB1. Capacidade para xestionar eficientemente a información procedente de diferentes canles para a produción de coñecemento relacionado co ámbito da cultura;
CB2. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional;
CB3. Coñecemento das responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao exercicio profesional e capacidade de reflexión e revisión crítica das dinámicas socioculturais existentes;
CB4. Adquisición de habilidades e hábitos de traballo que posibiliten a autoaprendizaxe e que favorezan a formación continua (aprendizaxe para a vida, segundo as directrices da UNESCO);
CB6. Posesión e comprensión de coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación;
CB7. Aplicación dos coñecementos adquiridos e das habilidades de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
CB8. Capacidade para integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
CB9. Capacidade para comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades;
CB10. Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
CT1. Aplicación do pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando habilidades de innovación.
CT2. Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa.
CT3. Capacidade para coordinar actividades e traballar en colaboración con compañeiros, redes e equipos de investigación no contexto dos servizos culturais.
CT4. Transmisión de la información e ideas en público de manera clara y efectiva.
CT5. Habilidad en la comunicación escrita y oral.
CT6. Habilidad para las relaciones interpersonales, respetando las normas básicas de convivencia, los derechos fundamentales y los valores democráticos.
CT8. Capacidad de análisis y síntesis (saber analizar, sintetizar y resumir la información recibida).
CT9. Capacidad de resolución de problemas y toma de decisiones.
CT10. Capacidad de adaptación a nuevas situaciones (flexibilidad en el uso y transferencia del conocimiento).
CT11. Capacidad crítica y autocrítica (tener capacidad para valorar y discutir el propio trabajo).
CT12. Compromiso ético.
CT13. Capacidad para el uso de las tecnologías de la comunicación y la información.
CE19. Adquisición de habilidades e estratexias de composición da fala, así como das ferramentas lingüísticas e pragmáticas necesarias para levar a cabo con éxito os trámites administrativos e as campañas de difusión propias dos servizos culturais.
CE20. Capacidade para elaborar comentarios razoados e críticos sobre obras e textos relacionados con calquera ámbito do ámbito humanístico.
Metodoloxía
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta da titulación. Por este motivo, só poderán matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixera en cursos anteriores, tendo dereito á titoría e á avaliación pero non á docencia.
A metodoloxía docente terá, polo tanto, carácter titorial. Ao longo do curso, o alumnado matriculado pode e debe concertar titorías co profesor para aclarar calquera aspecto da materia e a súa avaliación.
Nesta modalidade mixta, este proceso de titoría e contacto entre o profesor e o alumnado realizarase a través da aula virtual da materia e a través de MSTeams.
A materia está estruturada en varios núcleos temáticos, cada un dos cales leva unha actividade asociada. As actividades relacionadas con cada un dos núcleos temáticos detallaranse na guía docente da materia, mais son do tipo das seguintes: realización de breves resumos, intervención nos foros de cada tema, produción de textos para determinado ámbito da cultura, etc. Ademais, haberá un exame final na data oficial sinalada pola Facultade de Humanidades, tanto en primeira como en segunda convocatoria. A valoración cuantitativa de cada un destes tipos de actividades é a seguinte:
1. Actividade de avaliación continua, realizada a través da aula virtual da materia: 90% da cualificación.
2. Exame final da materia, realizado presencialmente na data oficial sinalada pola Facultade de Humanidades: 10% da cualificación.
-Actividade presencial que o profesorado debe atender e á que o alumnado ten dereito a asistir: 18 horas.
-Actividade a distancia (traballo do alumnado a través das aulas virtuais): 120 horas.
-Titorías, presenciais ou por calquera medio virtual ou telefónico que as faga posible: 4 horas.
-Sesións de avaliación (oral e escrita): 8 horas.
Total, 150 horas de traballo.
M Carme Silva Dominguez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- mdocarme.silva [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
02.06.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 11 |