Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.7 Horas de Titorías: 1 Clase Interactiva: 0.3 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Filoloxía Galega, Historia da Arte, Xeografía, Ciencias da Comunicación, Filoloxía Inglesa e Alemá, Ciencia Política e Socioloxía, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Historia, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados, Filoloxías Galega e Portuguesa, Historia da Arte, Xeografía Humana, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Filoloxía Inglesa, Socioloxía, Filoloxía Francesa, Lingua Española, Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Antiga, Historia Contemporánea, Historia Medieval, Historia Moderna, Antropoloxía Social, Filosofía, Filosofía Moral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Logo de cursaren esta materia, os alumnos teñen que ser capaces de:
1. Comprender e tratar as múltiples manifestacións socioculturais do mundo actual.
2. Desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
3. Comprender a complexidade do fenómeno intercultural e as diferentes aproximacións á multiculturalidade.
4. Coñecer os diferentes ámbitos profesionais e de investigación vinculados aos servizos culturais, tomando en consideración a especificidade das entidades públicas, semipúblicas e privadas.
5. Traballar no ámbito da cultura con grupos humanos con necesidades específicas e/ou risco de exclusión.
6. Aplicar as aptitudes e destrezas precisas para organizar equipos humanos e formar parte deles.
7. Aplicar as destrezas necesarias para deseñar estratexias de intervención e actuación para cada un dos ámbitos e institucións culturais.
8. Estimular a creatividade para dar respostas axeitadas aos problemas suscitados e fomentar o gusto pola innovación a partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.
9. Respectar a diversidade étnica, lingüística e cultural e valorar a necesidade de conservar a devandita diversidade.
10. Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar e promocionar os dereitos humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con capacidade, así como os valores propios dunha cultura de paz.
Os alumnos que sigan a Modalidade A, profesionalizante, deberán empregar 6 créditos ECTS no desenvolvemento de prácticas en institucións públicas, semipúblicas ou privadas (concellos, fundacións, empresas culturais, etc.) coas que a Facultade de Humanidades teña establecido o pertinente convenio de colaboración. Ao finalizar esta etapa o alumno/a deberá presentar unha breve memoria á súa titora/titor.
A posible bibliografía da materia será a ofrecida a cada alumno/a en o seu espazo de prácticas.
Nesta materia débense desenvolver as competencias xerais do título que se codificaron mediante:
CB2 Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional.
CB3 Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao exercicio profesional e capacidade de reflexión e revisión crítica das dinámicas socioculturais existentes.
CB5 Adquisición das habilidades para fomentar e garantir o respecto aos dereitos humanos e aos principios de accesibilidade universal, igualdade, non discriminación e aos valores democráticos e da cultura da paz.
CB7 Aplicación dos coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 Capacidade de comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CT2 Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa.
CT3 Capacidade para coordinar actividades e traballar de forma colaborativa con colegas, redes e equipos de investigación no contexto dos servizos culturais.
CT4 Transmisión da información e ideas en público de maneira clara e efectiva.
CT5 Habilidade na comunicación escrita e oral.
CT6 Habilidade para as relacións interpersoais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
CT9 Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
CT10 Capacidade de adaptación a novas situacións (flexibilidade no uso e transferencia do coñecemento).
CT12. Compromiso ético.
CT13. Capacidade para o uso das tecnoloxías da comunicación e a información.
CE 31 Adquisición das ferramentas necesarias para valorar os procesos que efectivamente se levan a cabo en distintos ámbitos da xestión cultural.
CE32. Capacidade para establecer unha valoración crítica das diversas actividades que se levan a cabo en contornos reais de xestión cultural.
CE33. Adquisición da capacidade de planificación necesaria para o deseño de proxectos de xestión cultural.
Actividade presencial: exposición do funcionamento xeral da entidade de prácticas e das actividades que cómpre realizar.
Actividade presencial: desenvolvemento das actividades prácticas encomendadas.
Actividade presencial e a distancia: orientación e supervisión das actividades prácticas.
Actividade a distancia: elaboración da memoria de prácticas.
Informe sobre o cumprimento das obrigas realizado polo titor/a profesional:
Ponderación mínima 0%
Ponderación máxima 60%
Memoria de actividades presentada polo alumnado:
Ponderación mínima 0%
Ponderación máxima 40%
Actividade presencial (deseño do programa de prácticas): 2 horas
Actividade presencial (realización das tarefas prácticas encomendadas): 130 horas
Actividade presencial e a distancia (orientación en relacións coas tarefas prácticas): 8 horas
Actividade a distancia (elaboración da memoria de prácticas): 10 horas