Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Enuméranse a continuación os obxectivos da materia, divididos en tres bloques temáticos:
I. Comprensión da loita pola igualdade de xénero como dinámica de fonda transformación cultural dende a Modernidade até a actualidade.
Ia. Coñecer os fitos fundamentais na historia da loita pola igualdade de xénero.
Ib. Reflexionar sobre as transformacións culturais e sociais derivadas da loita pola igualdade de xénero.
Ic. Comparar o mundo occidental e outras tradicións baixo a óptica da igualdade de xénero.
II. Coñecemento das políticas de xénero
IIa. Coñecer as principais institucións implicadas na loita pola igualdade de xénero no ámbito local, autonómico, estatal, europeo e mundial.
IIb. Coñecer as políticas desenvolvidas dende estas institucións a favor da igualdade de xénero (realizarase o estudo específico de diversos casos concretos).
IIc. Coñecemento de políticas de xénero no entorno próximo (universidade, municipio, escola, comunidade autónoma).
III. Capacitación para a xestión (e transformación) cultural
IIIa. Detectar actitudes contrarias á igualdade de xénero e deseñar ferramentas sociopsicopedagóxicas para modificar ditas actitudes.
IIIb. Interpretar os feitos culturais (literatura, filosofía, arte, música, etc.) dende un punto de vista de xénero.
IIIc. Deseñar programas culturais complementarios das políticas de xénero.
Tema 1. Historia da teoría feminista I: dende as orixes á primeira vaga. 1ª sesión.
Tema 2. Historia da teoría feminista II: a segunda e a terceira vagas. 2ª sesión
Tema 3. Xestión cultural e xénero. 3ª Sesión.
Tema 4. Análise de intervencións culturais con perspectiva de xénero. 4ª sesión.
Tema 5. Deseño e avaliación dunha intervención cultural concreta. 5ª, 6ª e 7ª sesións.
Tema 1. Historia da teoría feminista I: dende as orixes á primeira vaga.
Amorós, C. De Miguel, A. (2005): Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización. Tomo 1. De la Ilustración al segundo sexo. Madrid: Minerva Ediciones.
Tema 2. Historia da teoría feminista II: a segunda e a terceira vagas.
Amorós, C. De Miguel, A. (2005): Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización. Tomo 2. Del feminismo liberal a la posmodernidad. Madrid: Minerva Ediciones.
Tema 3. Xestión cultural e xénero.
Ministerio de Cultura (2011) Mujeres y cultura, políticas de igualdad. Gautier, A. (ed.).
Rodríguez, M. G. (2008) La gestión artístico-cultural y la mujer en España. Málaga: Servicio de publicaciones de la Univ. de Málaga.
Rodríguez, R. M. (2002) «¿Feminización de la cultura?» en Revista Debats 76,
Valencia, Institució Alfons el Magnànim.
http://articulotecafeminista.blogspot.com.es/2007/04/feminizacin-de-lac…
Tema 4. Análise de intervencións culturais con perspectiva de xénero.
Jiménez , M., J. Gallego, I. (eds.), (2003) Españolas del siglo XX promotoras de la cultura. Málaga: Servicio de Publicaciones, Centro de Ediciones de la Diputación de Málaga.
Llevadot, Laura (2022) Mi herida existía antes que yo. Barcelona, Tusquets Editores.
López, C. M., Fernández, A., Fernández, A. (eds.) (2012) El protagonismo de las mujeres en los museos. Madrid: Editorial Fundamentos.
Mayayo, P. (2003), Historia de mujeres, historias del arte. Madrid Cátedra.
Ministerio de Cultura (2011) Patrimonio en femenino. (Exposición virtual). Madrid.
Nochlin, L. (2007), “¿Por qué no han existido grandes artistas mujeres?”, en Karen Cordero, K. e Sáenz, I. (comp.), Crítica feminista en la teoría e historia del arte. México, UIA.
Pastor, P. (2012) El género en la gestión cultural en Aragón. Zaragoza: Observatorio de Cultura, Consejería de Cultura, Ayuntamiento de Zaragoza.
Pollock, G. (2006) Encounters in the visual feminist Museum. New York: Routledge.
Villa de la, R. (2011) La disputa sexual por las imágenes. Las mujeres en el sistema del arte en el Estado español. En Mujeres y cultura. Políticas de Igualdad, cit., pp. 33-40.
VV. AA. (1993-1998) Breve historia feminista de la literatura española (en lengua castellana). Barcelona: Anthropos.
VV. AA. (1990) La mujer en la pintura (s. XVIII-XX): Museo Provincial de Jaén 10 de enero-10 de marzo de 1991. Jaen: Consejería de Cultura y Medio Ambiente: Delegación Provincial.
Tema 5. Deseño e avaliación dunha intervención cultural concreta.
Ander-Egg, E. & Aguilar, M.J. (2012), Como elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales, Buenos Aires: Lumen, 2012.
Barona, F. (1999). Gestión cultural, una actitud de-vida: proyectos y gerencia. Cali (Colombia): Cámara de Comercio de Cali; Fundación ATMA.
Gonçalves, R.M (2015), “Dissertaçao de mestrado em gestâo artística e cultural. O desenho de projetos culturais place-specific”, em http://repositorio.ipvc.pt/bitstream/20.500.11960/1599/1/Rosa_Pereira.p…
Martinell, A. (2001), Diseño y elaboración de proyectos de cooperación cultural. Madrid: Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación la Ciencia y la Cultura, 2001 (www.oei.es).
Roselló, D. (2008), Gestión cultural: estudios de caso. Barcelona: Ariel, 2008.
Roselló, D. (2011), Diseño y evaluación de proyectos culturales. Barcelona: Ariel, 2011.
Outros materiais: Manual Atalaya. Apoyo a la gestión cultural http://atalayagestioncultural.es/bibliografia
Competencias:
Nesta materia deben desenvolverse as competencias xerais do título codificadas do xeito seguinte:
4.1. Básicas
CB3: Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vencelladas ao exercicio profesional e capacidade de revisión e reflexión crítica das dinámicas socioculturais existentes.
CB5: Adquisición das habelencias para fomentar e garantir o respecto aos Dereitos Humanos e a aos principios de accesibilidade universal, igualdade, non discriminación e aos valores democráticos e da cultura da paz.
CB8: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, incluía reflexións sobre as responsabilidades éticas e sociais vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
4.2. Transversais
CT3: Capacidade para coordinar actividades e traballar de xeito colaborativo con colegas, redes e equipos de investigación e no contexto dos servizos culturais. CT6: Habilidade para as relacións interpersonais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
CT12: Compromiso ético.
4.3. Específicas
CE28: Capacidade de situarse ante contextos culturais concretos e desempeñar as funcións dun xestor cultural.
CE29: Capacidade de observar os principais fenómenos que inciden na modernidade e analizalos dende a perspectiva dun xestor cultural.
CE30: Adquisición das ferramentas precisas para a difusión dos produtos culturais
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia
o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá
concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da
cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará
na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da
cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se
realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do
rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras de consulta, elaboración de resumos, traballos, etc
(1) Lectura semanal
(2) Preparación do traballo coas tutorias
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
(4) Completar as clases expositivas coa lectura da bibliografía recomendada
(5) Participar activamente nas sesións expositivas e interactivas
(6) Realización semanal das tarefas programadas
Delmiro Rocha Alvarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 982824735
- Correo electrónico
- delmiro.rocha [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
23.05.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 14 |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 14 |