Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Adquirir competencias básicas en lingua portuguesa, atendendo especialmente á dimensión oral e, na escrita, ao reforzo das estruturas gramaticais básicas e á adquisición e fixación do vocabulario básico.
- Adquirir coñecementos sobre as variedades do portugués lusitano, do brasileiro e do(s) africano(s), en frecuente “diálogo” co galego, para evidenciar ao alumnado similitudes e diferenzas
- Adquirir coñecementos referentes a algunhas características e peculiaridades das culturas dos países lusófonos, tendo como foco as necesidades dos servizos culturais.
- Comprender e analisar as dinámicas culturais de/na Lusofonía e os factores que as condicionan.
BLOCO 1. Formas e recursos da comunicacióno oral e escrita en portugués.
BLOCO 2. Vertentes interna e externa da historia da lingua portuguesa
BLOCO 3. Língua e sociedade no ámbito lusófono.
BLOCO 4. Lusofonía: dinámicas, instituicións, repertorios e espazos estábeis de relación cultural.
Os asuntos apontados poden ser adaptados, de acordo coa formación das persoas inscritas na materia e os seus intereses profisionais, recorrendo a materiais de apoio e traballo específicos.
Bibliografia básica
- Dicionários
Dicionário Espanhol-Português. Porto: Porto Editora (Álvaro Iriarte Sanromán, coord.).
Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa. Rio de Janeiro: Objetiva.
FERREIRA, Aurélio Buarque de Hollanda. Novo dicionário da língua portuguesa. Rio de Janeiro: Nova Fronteira.
- Métodos de aprendizagem
KUZKA, Robert e PASCOAL, José. Passaporte para Português 1 e 2 (livros do aluno). Lisboa: Lidel, 2016.
RAMOS, Elisabete. Portugalizar. Vigo: Xerais, 2007.
- Recursos online
Dicionário Priberam https://dicionario.priberam.org/
Gramática básica para alunos que já falem e escrevam a nossa língua, https://www.linguateca.pt/Diana/download/portugisisk.html
- Outros
GAMA, Manuel e SOUSA, Helena (coord.) Redes de cooperação cultural transnacionais: um olhar sobre a realidade lusófona. Famalicão: Humus, 2017. Disponível em http://www.lasics.uminho.pt/ojs/index.php/cecs_ebooks/issue/view/220/sh…
LAPA, Manuel Rodrigues. Estudos galego-portugueses. Lisboa: Sá da Costa, 1979.
LEÃO, Tânia (org.) Em suspenso. Reflexões sobre o trabalho artístico, cultural e criativo na Era Covid-19 (Cadernos da Pandemia. Vol. 5). Porto: Universidade do Porto, 2020. Disponível em https://repositorio-aberto.up.pt/handle/10216/129671
MARTINS, Moisés de Lemos (coord.) A internacionalização das comunidades lusófonas e ibero-americanas de Ciências Sociais e Humanas. Famalicão: Humus, 2017. Disponível em http://www.lasics.uminho.pt/ojs/index.php/cecs_ebooks/issue/view/223/sh…
Bibliografia complementaria
CALABRE, Lia (org.) Políticas culturais: reflexões sobre gestão, processos participativos e desenvolvimento. São Paulo: Itaú Cultural, 2009.
CARNEIRO, Roberto et al. Indústria de Conteúdos Culturais em Portugal. Lisboa: Grupo Forum / Ministério da Economia, 2000.
COELHO NETO, José Teixeira. Dicionário crítico de política cultural: cultura e imaginário. São Paulo: FAPESP / Iluminuras, 1997.
COIMBRA, Isabel / COIMBRA, Olga Marta. Gramática activa 1. Lisboa: Lidel, 1998.
MONTEIRO, Deolinda / PESSOA, Beatriz. Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa: Lidel, 2011.
RODRIGUEZ, José Luís. "Reflexões sobre o ensino do português para galego-falantes". Actas do Congreso Internacional de Historia y Cultura en la Frontera. Cáceres: Universidad de Extremadura, Vol. II, 2000. pp. 1097-1116.
Competencias Básicas:
CB1: Capacidade para manexar eficientemente a información proveniente de distintas fontes para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura.
CB2: Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional.
CB3: Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao exercicio profesional e capacidade de reflexión e revisión crítica das dinámicas socio-culturais existentes.
CB4: Adquisición de habilidades e hábitos de traballo que posibiliten o auto-aprendizaxe e que fomenten a formación continua (educación ao longo de toda a vida “learning for life”, segundo as directrices da UNESCO).
CB5: Adquisición das habilidades para fomentar e garantir o respecto aos Dereitos Humanos e aos principios de accesibilidad universal, igualdade, non discriminación e aos valores democráticos e da cultura da paz.
CB6: Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
Competencias Transversais:
CT1: Aplicación do pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
CT2: Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa.
CT4: Transmisión da información e ideas en público de xeito claro e efectiva.
CT5: Habilidade na comunicación escrita e oral.
Competencias Específicas:
CE1: Coñecemento do funcionamento das novas formas de transmitir información, de acceder a ela e de apropiarse dela.
CE2: Capacitación para desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
CE3: Habilidade na xestión da comunicación cultural e a súa difusión por todos os cais de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual.
CE5: Capacidade para a elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación.
CE6: Comprensión razoada do interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferenzas culturais.
CE7: Capacidade para describir e analizar as características asociadas á xestión da competencia intercultural.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
Nesta modalidade semipresencial este proceso de titorización e de contacto entre o docente e o alumnado realizarase a través da aula virtual da materia e a través de MSTeams.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
A materia tem 3 ECTS, correspondendo un tempo de estudos e de traballo persoal de 75 horas a dedicar por cada estudante.
É altamente recomendábel manter contato constante co português (oral ou escrito), para o cal a rede / net ten múltiplos recursos, entre os que se suxeren os seguintes:
Rádio e Televisão de Portugal (RTP) https://www.rtp.pt/ (nomeadamente “RTP Ensina” https://ensina.rtp.pt/)
Rede Globo (Brasil) https://redeglobo.globo.com/
Rádio Televisão Cabo-verdiana (RTC) http://www.rtc.cv/index.php?
Televisão Pública de Angola (TPA) http://tpa.sapo.ao/
Televisão de Moçambique (TVM) https://www.tvm.co.mz/
Jornal Público (Portugal) https://www.publico.pt/
Folha de São Paulo (Brasil) https://www.folha.uol.com.br/
Brasil El País https://brasil.elpais.com/
Jornal de Angola https://jornaldeangola.ao/ao/
Rede Angola http://www.redeangola.info/cultura/
Jornal O País (Moçambique) https://www.opais.co.mz/
Jornal de Letras, Artes e Ideias (Portugal) https://visao.sapo.pt/jornaldeletras/
Rascunho. O jornal de literatura do Brasil https://rascunho.com.br/
África 21 Digital https://africa21digital.com/
Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP) https://www.cplp.org/ (com especial atenção à seção de “Língua, Cultura e Educação” https://www.cplp.org/Default.aspx?ID=2604 )
Camões - Instituto da Cooperação e da Língua (Portugal) https://www.instituto-camoes.pt/
Instituto Português de Oriente http://ipor.mo/clp/recursos-didaticos/no-ipor/
Observatório da Língua Portuguesa https://observalinguaportuguesa.org/
Observatório Itaú Cultural (Brasil) https://www.itaucultural.org.br/observatorio-itau-cultural
Lingua(s) utilizada(s): Galego/Portugués. Eventual e ocasionalmente, outros materiais e comunicacións poderán ser apresentados noutras linguas (español, francés, inglés, italiano, etc.), sempre que a docente o considerar oportuno.
Está prevista a transmisión por streaming das aulas presenciais.
Noemi Basanta Llanes
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- noemi.basanta.llanes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
24.01.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
14.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 13 |