Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Como o seu nome indica, Linguas para Comunicación: inglés, se deseñou para facilitarlle ao alumnado a posibilidade de practicar e de mellorar a súa competencia comunicativa na lingua inglesa. O alumnado que participe activamente nesta materia obrigatoria de tres créditos ECTS debe observar certo progreso no seu coñecemento e uso da lingua inglesa, en textos escritos, e máis especificamente, na súa produción oral. Esta materia forma parte do programa de Máster en Servizos Culturais que ten como finalidade, a nivel xeral, formar e preparar ao alumnado para o ámbito laboral profesional e asegurar a súa capacidade para servir de ligazón cultural nas diferentes actividades que require a xestión e promoción de servizos relacionados coa cultura e o patrimonio cultural, e, a nivel máis específico, mellorar a súa capacidade para realizar esta actividade con éxito no idioma inglés.
Por tanto, o obxectivo central desta materia é que os estudantes practiquen o uso da lingua inglesa para así mellorar o seu coñecemento, comprensión e uso do idioma inglés relacionado co campo da cultura é do patrimonio cultural. O traballo realizado nesta materia iniciarase no nivel B.2.1, ou nivel intermedio superior, segundo establece o Marco Común Europeo de Referencia (2001). De acordo coas indicacións do mesmo, neste curso o alumno será responsable de:
--aumentar o seu vocabulario,
--recoñecer e utilizar máis estruturas parecidas ás dun falante nativo de inglés
-- mellorar o seu coñecemento de como falar en público
--mellorar o seu nivel de inglés falado
--planificar un evento cultural
Esta materia tamén funciona como unha materia AICLE, ou de aprendizaxe integrada de contidos e linguas, na que o alumnado utilizará o idioma inglés como unha ferramenta para traballar contidos específicos do campo dos servizos e industrias culturais. Realizaranse determinadas tarefas para a práctica do inglés como: presentacións orais e a planificación dun evento cultural en inglés.
CONTIDO
Recoñecer e aplicar determinadas bases teóricas do campo da Retórica na preparación e realización de presentacións orais, utilizando estratexias que axuden a levar a cabo presentacións orais informativas e persuasivas, e a planificación e a actuación dunha presentación oral.
Recoñecer e aplicar vocabulario e estratexias pragmáticas (é dicir, estratexias de apertura e peche, de estruturar e conectar información, e a narración entre outras), empregadas durante presentacións orais para que sexan máis eficientes ao hora de falar en público.
Recoñecer e aplicar vocabulario e estratexias de ordenamento e coherencia na redacción formal (é dicir, obxectivos, cartas e documentos formais entre outros), necesarios para planificar e levar a cabo eventos culturais.
Bibliografía básica e complementaria
Libro de texto para esta materia:
Powell, Mark. 2011. Dynamic Presentations. Cambridge: Cambridge University Press.
Manuais de guía:
En inglés:
---- Bradbury, Andrew. 2006. Successful presentation skills. London: Kogan Page.
---- Collins, Phillip. 2012. The art of speeches and presentation: the secrets of making people remember what you say. Chichester: Wiley.
---- Ellis, Mark, Nina O’Driscol e Adrian Pilbeam. 1985. Professional English: Communication skills for professionals working in business, industry and international organisation. Essex: London.
---- Locher, Miriam. 2004. Power and politeness in action: disagreements in oral communication. New York: M. de Gruyter.
---- Kushner, Malcolm. 2007. Public speaking & presentations for dummies. Chichester: John Wiley & Sons, cop.
En castelán:
---- Briz Gómez, Antonio. 1998. El español coloquial en la conversación. Esbozo de pragmagramática. Barcelona: Editorial Ariel, S. A.
---- Catta, René-Salvator. 1972. Cómo hablar en público. Bilbao: Mensajero, D.L.
---- Couto Rodríguez, Manuel. 2002. Cómo hablar bien en público: comunicar, persuadir y convencer con palabras. Barcelona: Gestión 2000, D.L.
---- Estulin, Daniel. 2000. Cómo realizar con éxito presentaciones en público. Madrid: Instituto Superior de Técnicas y Prácticas Bancarias, D.L.
----- Fernando de Manuel Dasí, Rafael Martínez-Vilanova Martínez. 2007. Habilidades de comunicación para directivos. Edición 3ª ed. rev. y act. Pozuelo de Alarcón (Madrid): Esic.
---- Guix, Xavier. 2005. Mientras me miran: hable en público sin perder la calma. Barcelona: Granica.
---- Janner, Greville. Cómo hablar en público: (incluye un compendio de modelos de discursos y de anécdotas para contar) Bilbao: Ediciones Deusto, D.L. 1993
---- Jensen, Sonja. 2008. Cómo presentar para convencer: guía para cautivar e inspirar al público. Barcelona Bresca Profit.
---- Lucas, Adolfo. 2008. El poder de la palabra: técnicas para hablar en público. Barcelona: Ariel.
---- Palomares, José María. 2000. Hablar en público en una semana. Barcelona: Gestión.
---- Pike, Robert W. 2007. Presentaciones eficaces: [conozca los trucos y secretos para hacer de sus presentaciones armas de éxito en su trabajo]. 2ª Edición. Madrid: Fundación Confemetal.
---- Puchol, Luis. 2005. Hablar en público: nuevas técnicas y recursos para influir a una audiencia en cualquier circunstancia. Madrid: Díaz de Santos.
Ademais dos obxectivos previstos anteriormente sobre a práctica da lingua inglesa e o progreso persoal do alumnado no seu propio uso do idioma inglés, o programa de estudos oficial do Máster en Servizos Culturais enumera as habilidades básicas, transversais e específicas que ao alumnado debe adquirir da seguinte maneira.
Competencias do plan de estudios a adquirir:
Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido ou autónomo.
Transversais:
CT4 - Transmisión da información e ideas en público de maneira clara e efectiva.
CT11 - Capacidade crítica e autocrítica (ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo).
Específicas:
CE2 - Capacitación para desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
CE6 - Comprensión razoada do interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferenzas culturais.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final escrito mais na presentación oral final do evento cultural, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final escrito mais na presentación oral final do evento cultural, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia de tres créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 75 horas á súa preparación.
O alumnado debe ter un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B2.1 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas para acceder a esta materia. Ao longo do cuadrimestre o alumnado realizará o seu traballo no nivel B2.2 do MARCO.
A titulación de Máster percíbese como un paso máis para completar cara ao futuro profesional. Por iso, aplicarase a ética laboral a todo o traballo realizado nesta materia; de alí, as tarefas asignadas deben entregarse en prazo para recibir una cualificación. Todo el traballo escrito para esta materia se terá que entregar pasado a maquina a dobre espazo e debe citar as fontes de acordo cos estándares académicos para a cita bibliográfica e dixital.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación”.
Jodee Anderson Mcguire
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
24.01.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 13 |
14.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 14 |