Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1) Estruturar axeitadamente un texto académico ou un proxecto cultural e pronunciar un discurso propio
2) Coñecer os recursos que permiten obter un uso apropiado da norma da lingua empregada na redacción dos textos académicos e dos proxectos culturais
3) Manexar axeitadamente a bibliografía e referenciar as obras empregadas
4) Realizar intervencións en público convincentes e persuasivas
5) Utilizar axeitadamente recursos non verbais e producir materiais de apoio eficaces na presentación e defensa dos proxectos culturais.
1. Estudo e aplicación dos mecanismos lingüísticos e textuais propios da confección dos textos académicos e dos proxectos culturais.
2. Selección e organización dos contidos que deben figurar nun proxecto cultural: diagnose, obxectivos, xustificación, impacto do proxecto na poboación, establecemento dun cronograma de actividades ou tarefas, orzamento e funcións desempeñadas polas persoas implicadas no proxecto.
3. Selección e organización dos contidos que deben incluírse nun traballo académico: estado da cuestión, obxectivos, metodoloxía da investigación, presentación de datos e conclusións.
4. Retórica e Oratoria: os modelos clásicos
5. A voz e o corpo: o dominio vocal e escénico
6. Tipos de discursos no contexto da cultura (o discurso académico, a exposición de proxectos, o debate e a confrontación de ideas, etc.). Relacións entre o discurso oral e os medios audiovisuais.
-Brehler, Reiner, Prácticas de Oratoria Moderna. Mostrarse seguro, disertar convincentemente, Madrid, El Drac, 1997.
-Briz Gómez, Antonio (coord.), Saber hablar, Madrid, Aguilar, 2008.
-Castelló, Montserrat (coord.), Escribir y comunicarse en contextos científicos y académicos. Conocimientos y estrategias, Barcelona, Graó, 2007.
-Fast, Julius, El lenguaje del cuerpo, Barcelona, Kairós, 1971.
-Goffman, Erving, Façons de parler, París, Minuit, 1987.
- Gómez Torrego, Leonardo, Nuevo manual de español correcto,
Madrid, Arco Libros, 2002.
-Hernández Guerrero, José Antonio, y María del Carmen García Tejera, El arte de hablar. Manual de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna, Barcelona, Ariel, 2004.
-Higbee, Kenneth L., Su memoria. Cómo funciona y cómo mejorarla, Barcelona, Paidós, 1998.
-Lair, Sylvie, Saber dominar la memoria. Cómo potenciarla y desarrollarla, Barcelona, Octaedro, 1998.
-Lo Cascio, Vincenzo, Gramática de la argumentación, Madrid, Alianza, 1998.
-Merayo, Arturo, Curso práctico de técnicas de comunicación oral, Madrid, Tecnos, 2001, 2ª ed.
-Messenger, Joseph, Ces gestes qui vous trahissent, París, First, 2005.
- Montolio, E., dir., Manual de escritura académica y profesional, Barcelona, Ariel, 2014.
-Morales, Carlos Javier, Guía para hablar en público, Madrid, Alianza Editorial, 2001.
-Perelman, Chaïm, Tratado de la argumentación, Madrid, Gredos, 1989.
-Plantin, Christian, La argumentación, Barcelona, Ariel, 1998.
- Roselló, David, Diseño y evaluación de proyectos culturales, Barcelona, Ariel, 2011, 6.ª edición.
- Roselló, David y Colombo, Alba, Gestión cultural, estudios de caso, Barcelona, Ariel, 2008.
-Studer, Jürg, Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer, Madrid, El Drac, 1996.
Diccionarios
REAL ACADEMIA ESPAÑOLA (2014): Diccionario de la lengua española, Madrid, Espasa (23.ª edición).
REAL ACADEMIA ESPAÑOLA-ASOCIACIÓN DE ACADEMIAS DE LA LENGUA
ESPAÑOLA (2005): Diccionario panhispánico de dudas, Madrid, Santillana
Básicas:
CB1 - Capacidade de manexar eficientemente a información procedente de distintas canles para a produción de coñecementos
relacionados co ámbito da cultura
CB3- Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vencelladas ao exercicio profesional e capacidade de reflexión e revisión crítica das dinámicas socio-culturais existentes
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa su capacidade de resolución de problemas en entornos
novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudiantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Transversais:
CT1- Aplicación do pensamiento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación
CT2 - Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa
CT3 - Capacidade para coordinar actividades e traballar de forma colaborativa con colegas, redes y equipos de investigación no contexto dos servizos culturais
CT10 - Capacidade de adaptación a novas situacións (flexibilidade no uso e transferencia do coñecemento)
Específicas:
CE1 - Coñecemento do funcionamento das novas formas de transmitir información, de acceder a ela e de apropiarse dela
CE2 - Capacitación para desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade
CE4 - Adquisición da capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos
Dado que o título é semipresencial, a tipoloxía de actividades formativas é como segue:
Actividade presencial: exposición polas docentes dos contidos teóricos e metodolóxicos
Actividade presencial e a distancia: lecturas polo alumnado dos textos indicados polo profesor
Actividade presencial e a distancia: realización de exercicios e traballos
Actividade presencial: debate en grupos reducidos
Actividade presencial: exposición oral
Actividade a distancia: foros e debate online
Actividade a distancia: exposición online
Actividade a distancia: estudo dirixido de materiais diversos: videoconferencias, vídeos, PowerPoints, etc.
As aulas presenciais impartiranse fisicamente na Facultade de Humanidades e serán emitidas de maneira síncrona mediante Microsoft Teams.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
O sistema de avaliación da aprendizaxe baséase na metodoloxía da avaliación continua e réxese polo seguinte baremo:
1. Realización en prazo das actividades previstas na aula virtual da materia: tarefas, intervención en foros, gravación de vídeos, debates, etc.: 70% da cualificación final. As tarefas que se deberán entregar son seis en total, tres en cada parte da materia, e todas terán unha participación idéntica na porcentaxe de cualificación global.
Cada actividade terá a súa data de entrega sinalada e esta figurará na guía docente da materia; a non entrega en prazo poderá ser penalizada ben cunha redución da cualificación prevista para a actividade, ben coa súa non valoración (remítese á guía docente da materia para unha concreción maior desta indicación).
2. Exame final escrito presencial (correspondente á avaliación dos primeiros tres temas): 15% da cualificación final.
3. Proba final oral presencial (correspondente á avaliación dos temas 4, 5 e 6): 15% da cualificación final.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
O sistema de avaliación será o mesmo que na primeira oportunidade.
As actividades 2 e 3 realizaranse na data prevista pola Facultade para o exame final da materia, tanto en primeira como en segunda oportunidades.
-Actividade presencial que as profesoras deben atender e á que o alumnado ten dereito a asistir: 18 horas.
-Actividade a distancia (traballo do alumnado a través das aulas virtuais da plataforma): 120 horas.
-Titorías, presenciais ou por calquera medio virtual ou telefónico que as faga posible: 4 horas.
-Sesións de avaliación (oral e escrita): 8 horas.
Total, 150 horas de traballo.
Silvia Alonso Perez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- silvia.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
16.01.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 14 |
11.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 11 |